tag:blogger.com,1999:blog-13896553.post-16915919830405180562008-07-17T20:00:00.002+02:002008-07-17T20:19:10.897+02:002008-07-17T20:19:10.897+02:00CIBERACCIÓN: "O EUME MORRE"

Medio Ambiente vén de culpar (9 de xullo) ás obras da autovía Ferrol-Vilalba da acidez no Eume, causa da morte dos peixes. Días antes (1 de xullo) para a consellaría o responsábel era o encoro do Eume, que explota Endesa. E non esquecimos a rocambolesca explicación ofrecida pola consellaría de Manuel Vázquez (25 de xuño) culpando da catástrofe ás "características xeolóxicas da canle", isto é, ao propio Eume. Diante deste paripé, ADEGA trasladará á Fiscalía de M. A. o ocorrido no río, para investigar o proceder da administración e depurar as responsabilidades neste atentado ecolóxico.

Tí podes esixir á administración que tome medidas urxentes para recuperar o ecosistema do Eume e o Chamoselo e que namentras non se leven adiante medidas correctoras, se suspenda a pesca no Eume entre As Pontes e a desembocadura. Tamén, podes esixir da administración máis transparencia e rigor á hora de determinar a orixe da acidificación e a morte dos peixes, probabelmenmte debida á "limpeza" do encoro da Capela. Dende a web de www.vadeando.com podes facer chegar a túa protesta á Consellaría de Medio Ambiente.choiva ázedahttp://www.blogger.com/profile/12290255955134152410noreply@blogger.com