As novas do pais, da comarca e da nosa vila

Loading...

Barra de Vídeo

Loading...
Mostrar mensagens com a etiqueta cultura. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta cultura. Mostrar todas as mensagens

Sábado, Julho 12, 2008

dIRE sTRAITS


Os que queirades algo diferente fora do folk, tedes unha oportunidade de quedarvos en As Pontes, e desfrutar dun bo rato de lecer, con Dire Straits, non son eles, pero con toda a vontade de dar unhas notas de Mark Knopfler, e compañía, podedes vir o PUB PALIQUE e revivilos coa Brothers iN bAND

Sábado, Junho 28, 2008

Entrevista a Steve Wozniak, cofundador de Apple

O canle de Internet Mobuzz TV, aproveitou a presenza en España de Steve Wozniak, cofundador de Apple co máis popular Steve Jobs, para facerlle unha entrevista. Conta a lenda que Steve Wozniak empeñou a súa calculadora HP, para crear o primeiro Apple I, mentres que Jobs a súa furgoneta. Wozniak era a cabeza programadora mentres que Jobs a empresarial, Wozniak desvinculouse do mundo empresarial fai xa bastantes anos, adicandose a dar cursos, conferencias, etc. En concreto en Madrid estaba no Congreso Nacional de Internet na Aula, para aplicar a novas tecnoloxías no ensino. Vaia que todo un personaxe. Para saber máis.

video

Sexta-feira, Junho 20, 2008

A asociación cultural DZ presenta:


REGGAE NIGHTS vol. 2

MAJAHNI reggae band


+

Jr. PEPE

+

SOUND SYSTEM

Sábado 21 Xuño

23:30h 3€

no local da A.C DZ de San Sadurniño



E durante todo o verán.... OS MERCORES DZ!!!! todo-los mercores disfruta da millor música ao vivo no local da asociación

mercores 9 Xullo ESKAKEO + EKISDE

mercores 16 Xullo BLACK ROSE (versions de Thin Lizzy)

mercores 23 Xullo AL VILA

mercores 30 Xullo NEBOA + THE ARRADIOS

Quarta-feira, Junho 11, 2008

Próximos eventos na A.C.DZ.


Venres 21 de Xuño FESTA REGGAE con Majahni Reggae Band + Jr.Pepe + Sound Systeme


E durante todo o verán.... OS MÉRCORES NA DZ!!!! Todos os mercores de verán disfruta da millor música ao vivo no local da A.C. DZ (Black Rose, Eskakeo, The Arradios, Neboa e moitos mais...)

DE CÓMO AS CHOIVAS IMPIDEN A CONTINUACIÓN DOS TRABALLOS; A FÁBULA DA FORMIGA E OUTROS CONTOS

A ambigüidade do discurso
Restan xa poucas horas para que se cumpra a primeira efeméride da destrución do Círculo Lítico da Mourela e aínda nada sabemos deses informes que restaban importancia á conservación da necrópole e que falaban de cabanas medievais e outras lerias, deses mesmos informes que aconsellaban a destrución do círculo e que daban o visto bon á grave alteración dun conxunto funerario milenario. Onde están eses informes? Por que logo dun ano non foron feitos públicos?

Levamos doce meses asistindo aos avatares da mala planificación dunha obra pública que día a día está a pór en perigo a integridade do noso patrimonio cultural e imos xa fartos e cansos de que a administración ignore os nosos consellos, que con todo o cariño que lles gardamos como administrados que somos deles, non chegamos a comprender que é o que se pretende facer no lugar. Entristecerianos moito ver un túnel ocupando o furado da Mourela.

Hai que lembrar que no mes de xuño do pasado ano, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural levantaba a cautela sobre os restos da necrópole megalítica e establecía unha serie de áreas de exclusión de obra no perímetro das mámoas. Esta decisión política excluía a necesidade de garantir a máxima protección dos elementos que aínda quedaban, ignorando a proposta plantexada pola Plataforma e por ADEGA para a construción dun túnel baixo o xácigo, que nun principio fora apoiada por Patrimonio.

Desbotada esta alternativa por parte da Consellería de Política Territorial, alegando a inviabilidade técnica e económica do proxecto, iniciáronse as tarefas de desmonte para a construción dunha gabia. Gabia que ben podería figurar no récord Guiness cos seus sesenta metros de profundidade como a máis fonda do mundo, aínda que tamén podería ser proposta a récord da ineptitude na planificación dunha obra pública.

Parece que a decisión de trazar unha autovía por medio dun campo de mámoas impide que a gabia conte cun sistema de terrazas laterais que neutralicen os desprendementos de terreo, que regulen a escorrentía das augas e que deixe pasar a luz do sol. É por isto que a día de hoxe as obras seguen paradas.

Unha mámoa ao bordo da gabia
En contínuas comunicacións dirixidas ao Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias Vilas, informábaselle sobre o risco de afectación das áreas de exclusión de obra que a súa dirección establecera no mes de xuño de 2007 e solicitábaselle a paralización das obras que estaban a afectar á área de exclusión de obra da mámoa catalogada co código GA15070127.

A día de hoxe a mámoa atópase a uns tres metros do bordo do talud, lonxe dos 40 metros de distancia establecidos por Patrimonio. Ao noso entender a situación actual impide a súa documentación se temos en conta a perigosidade de acometer a escavación deste elemento, por mor dos desprendementos. Das comunicacións ao director xeral nada sabemos, ninguén se sentiu aludido ao parecer. Mágoa que as oracións e as plegarias nada serven contra a forza da gravidade.

Intoxicación informativa
Como guindiña para este pastel administrativo tivemos a sorte de coñecer a semana pasada na televisión local das Pontes, unhas declaracións da Consellería de Política Territorial nas que se nos “informaba” aos ponteses do retraso nas obras da autovía por mor das choivas. Nada se dicía dos contínuos desprendementos de terra na Mourela, que obligaron a modificar os plans de actuación na zona, que engadiron máis tempo á finalización da obra e que están a por en perigo a integridade dos elementos patrimoniais que ainda quedan na Mourela. Tampouco se informaba das contínuas fendas na estructura de gunitado na parede Norte da gabia, que tiveron que ser feitas de novo en repetidas ocasións.

A choiva tivo algo que ver, pero non son os fenómenos ambientais os que planifican as obras públicas.

Reflexión final
Certo é que nos últimos meses preocupámonos moito ou demasiado por todo o que aconteceu na Mourela e dende algún sector local criticouse a nosa inoperatividade noutros temas a nivel patrimonial que afectan aos elementos arqueolóxicos das Pontes. Mais o caso da Mourela é un caso real e actual que exemplifica perfectamente cal é o interese e a atención que se lle presta ao patrimonio, tanto dende a corporación local como dende o goberno da Xunta. Por isto, a nosa teima de defender o que ninguén defendeu, a nosa teima por esclarecer o que ninguén esclareceu e a nosa ilusión por ver algún día o que é noso, respectado.


Clica aquí para ve-lo video

Sexta-feira, Junho 06, 2008

Primeira Apostasia Party


Para todos aqueles que queirades reivindicar os voso dereito a apostatar tedes unha cita na cidade de Barcelona o vindeiro 12 de Xuño, diante da Catedral da mesma Cidade
PROGRAMACIÓN:

18:30 h - Happening Freak Cabaret - en la Pl. Catedral de Barcelona
20:00 h - Procesión Apostásica - Catedral, casa del Obispo hasta el Burdel (Raval)
21:30 h - La Última Cena - en el Burdel 74 (carrer del Carme 74)
23:00 h - Apostasía Party & Cabaret Show – en el Burdel 74

Para máis información: http://apostasiaparty.blogspot.com ou http://www.myspace.com/losmotivados

Terça-feira, Junho 03, 2008

LEO BASSI Unha bomba no teatro Alfil

O video das ameazas católicas a Leo Bassi pola súa obra teatral "A revelación"

Ateos, Agnósticos e escépticos fundan a primeira Asociación Ateísta Portuguesa

Imaxe: Símbolo Ateo

Perto de uma centena de ateus, agnósticos e cépticos criaram a primeira Associação Ateísta Portuguesa (AAP) para divulgar esta«filosofia» de vida e combater a«discriminação e os preconceitos pessoais e sociais» de que dizem ser alvo.

A criação da associação coincide com uma «generalizada ofensiva clerical a que Portugal não ficou imune, apesar de o ateísmo não se definir pela mera oposição à religião e ao dogmatismo, em nome da liberdade, da igualdade e da defesa dos direitos individuais», refere a AAP.

Em declarações hoje à agência Lusa, o presidente da comissão instaladora da AAP, Carlos Esperança, disse que os ateus estão a ser «atacados publicamente, de forma violenta», nomeadamente pela religião católica.

«Foi o Papa Bento XVI e depois o Cardeal Patriarca, D. José Policarpo, que considerou o ateísmo o maior drama da humanidade», sublinhou Carlos Esperança.

Para os ateístas, «o grande drama da humanidade é a fome, a guerra, o analfabetismo e o terrorismo», justificou.  Carlos Esperança adiantou que a associação surgiu da necessidade da defesa da laicidade do Estado e de todas as correntes religiosas.

«Não podemos sofrer represálias por mudar de crença ou ser anti-crente», sustentou à Lusa.

A AAP defende «os interesses comuns a todos os que escolhem viver sem religião, defendendo o direito a essa escolha e a laicidade do Estado, e combatendo a discriminação e os preconceitos pessoais e sociais que possam desencorajar quem quiser libertar-se da religião que a sua tradição lhe impôs», conforme refere o «Manifesto Ateísta» da associação.

«O direito de não ter religião, ou de ser contra, é igual ao direito inalienável de crer, deixar de crer ou mudar de crença, sem medos, perseguições ou constrangimentos», sublinha o manifesto.

No «Manifesto Ateísta», a associação saúda ainda «todos os livres-prensadores: ateus, agnósticos e cépticos», que «dispensam qualquer deus para viverem e promoverem os valores da liberdade, do humanismo, da tolerância, da solidariedade e da paz».

«O direito de não ter religião, ou de ser contra, é igual ao direito inalienável de crer, deixar de crer ou mudar de crença, sem medos, perseguições ou constrangimentos», acrescenta.

FonteSol, 03 de Junho de 2008.

Quinta-feira, Maio 15, 2008

Exposición en Fene


Non sempre podemos asistir a exposicións primixenias, de artistas que aínda non están metidos na boraxine dese mercantilismo feroz que rodea a todas as facetas do arte hoxe por hoxe. Tres artistas novos, invítanos a apreciar a súa obra a partires desta sexta feira no concello de Fene.

XII FESTA DA MAROSA



Este fin de semana, tedes todos unha cita na praia da Marosa no concello de Burela, dende xa fai anos 12 concretamente, levase celebrando este festival que nos axuda a quentar motores para todo-los vraos. Así que xa sabedes se queredes unha finde animada tedes un peazo cartel en Burela a partires desta sexta feira.



Seguro que algún dos que anda por aí o coñecedes, canto tempo...

Quinta-feira, Maio 08, 2008

CASTRO DA ATALAIA : PATRIMONIO CULTURAL GALEGO

Podemos defini-lo patrimonio cultural dun pobo como o conxunto de bens, materiais e inmateriais, de recoñecido valor que reflicten as tradicións e a forma de vivir e pensar ó longo do tempo.

O termo patrimonio, en sentido estricto, significa , polo tanto, podemos dicir que o patrimonio cultural de Galiza é o conxunto de elementos materiais e inmateriais que conforman as características específicas da nosa cultura e caracterízase pola súa abundancia, variedade e ampla dispersión xeográfica así como a vinculación á paisaxe que os rodea.

A noción de ben cultural queda subordinada á posibilidade do gozo público, o que, á súa vez, se vincula ó deber de conservación, e iso con independencia de que a súa titularidade sexa pública ou privada.

Así pois, xa que os bens culturais teñen un valor de testemuña histórica e de civilizaciónos propietarios e as diversas administracións deben preservar ese interese xeral que é o noso patrimonio histórico. No exercicio dese cometido estes entes públicos precisan a colaboración das institucións e, sobre todo, dos cidadáns, no coidadodefensa, protección, conservación e custodia de tódolos bens que forman parte do noso patrimonio cultural.

Porén, o Concello de Cervo da Mariña lucense outorgoulle tres licenzas a un construtor, para levantar 100 vivendas sobre o castro da Atalaia. Ambos sabían que nese terreo hai un importante xacemento arqueolóxico.

O Concello non tramitou a orde de de paralización da obra  emitida por Patrimonio até catro días despois, permitíndolle, deste xeito, ao construtor destruír parte do xacemento.

 Pola súa banda, Patrimonio, que actuou correctamente ao principio, incomprensiblemente permitiu que esta desfeita continuase noutras parcelas que non se viran afectadas, tal e como se pode comprobar nestas ligazóns:

http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia/

http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-atalaia-1//

http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-2/

http://www.slideshare.net/CastroAtalaia/castro-da-atalaia-3/

Como cidadáns, preocupados pola defensa , protección e conservación do noso patrimonio, pedímosche a túa colaboración difundindo esta información.

SALVEMOS O CASTRO DA ATALAIA!

Segunda-feira, Abril 28, 2008

Resumo da gala oriental en Lugo por parte de bailarinas pontesas




Noraboa polo éxito obtido.

+ info aquí

Segunda-feira, Abril 21, 2008

COMUNICADO DA PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES


Un corremento de terra na gabia da Mourela ameaza unha mámoa
O monumento megalítico atópase a tan só tres metros do talud

A pasada semana producíase un corremento de terras no marxe Norte das obras da autovía AG-64 ao seu paso polo lugar da Mourela no concello eumés das Pontes de García Rodríguez. Ao redor duns quince metros de terreo, víñanse a baixo producindo un considerábel desprendemento de firme que ía a parar ao fondo da gabia.

Na actualidade a situación debe ser considerada como moi grave, tendo en conta a proximidade do elemento catalogado GA15070127, co marxe Norte da autovía. A penas tres metros separan a estructura arqueolóxica do marxe do talud. Unha situación que empeorará nas vindeiras horas de seguiren a persistir as choivas na zona, o que pode ocasionar novos desprendementos e dar coa mámoa no fondo da autovía. Esta situación sería a todas luces moi grave, tendo en conta os compromisos establecidos pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, no comunicado emitido o 5 de xuño de 2007, por mor do levantamento da cautela sobre os restos do círculo lítico da Mourela, que a continuación se transcribe:

- Na zona próxima aos restos do círculo lítico existen tres mámoas ás que non lle afectarán as obras da autovía

As mámoas non están afectadas
O resto dos xacementos arqueolóxicos localizados nesa área, os denominados túmulos tan só están afectados en parte do seu ámbito de protección, non no xacemento mesmo, polas obras de construción da Autovía Ferrol-Vilalba. Estas mámoas son visibles e recoñecibles, 
e para elas trazáronse uns ámbitos de exclusión de obras nos estudos arqueolóxicos levados a cabo con motivo da elaboración do proxecto construtivo da autovía, establecéndose as medidas protectoras e correctoras necesarias para que se conserven na súa integridade.

Á vista de toda a documentación, dos datos que obran no expediente e dos informes dos Servizos Técnicos, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu unha resolución informando favorablemente a continuación das obras da Autovía Ferrol-Vilalba, treito As Pontes Cabreiros, na área cautelada da Mourela, baixo as seguintes condicións:

- Manteranse balizados os ámbitos de exclusión de obra dos xacementos Mourela 4 (GA15070127), Mourela 6 (GA15070130) e Mourela 7 (GA15070129), nos que non se poderá levar a cabo ningún tipo de obra, e o trazado, na medida do posible, alonxarase destas áreas de exclusión reducindo as dimensións dos noiros ou taludes proxectados. A situación destes elementos e os seus ámbitos deberán figurar na cartografía de obra.

Nunha comunicación remitida no día de hoxe ao Dir. Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, D. Felipe Arias Vilas, dende a plataforma solicitamos coñecer cales van a ser as medidas a activar para preservar a integridade do ben ameazado e se van a esixir algún tipo de responsabilidade á COTOP, como promotora e responsábel do proxecto.

Cremos que a situación que se está a producir non é froito do azar ou a mala sorte, estamos convencidos de que isto era previsíbel, tal e como vimos manifestando en repetidas ocasións dende o mes de novembro pasado, e non entendemos como non se tomaron as medidas oportunas a tempo, tales como a escavación da mámoa afectada, nun momento no que a seguridade dos arqueólogos non estaba ameazada.

Parece pois que este novo corremento de terras na zona, non contou coa suficiente previsión por parte das autoridades competentes en materia de protección do patrimonio nin foi anticipada polos responsábeis da execución da autovía, poñendo deste xeito en serio risco a integridade dos bens patrimoniais e a propia seguridade das edificacións colindantes.

Neste intre, máis de 50 metros de desnivel e unha profunda fenda no terreo están a arriscar a conservación dunha parte do noso patrimonio. No mes de xuño do pasado ano, xa tivemos que ver tamén como as máquinas remataban con miles de anos de historia, destruindo os restos do círculo lítico e partindo en dous a necrópole, por medio dunha gabia. Agora, a falla de previsión e o incumprimento dos compromisos establecidos para a integral conservación das mámoas e dos seus ámbitos de exclusión, veñen a por en evidencia a rigurosidade dos controis arqueolóxicos na zona.

É neste intre, cando o berro mouro do Canto Máis? cobra forza e significado. De novo debemos preguntarnos: Canto máis teremos que agardar para poder ver aos mecanismos administrativos que garanten a conservación e preservación do noso patrimonio, desenvolver eficazmente o seu traballo? A proposta do túnel, esquencida no caixón dalgún despacho de San Caetano, debería facernos reflexionar sobre a súa idoneidade, como fórmula para non ter que lamentar males maiores.

Segunda-feira, Abril 14, 2008

As Xornadas da Terra deste ano versarán sobre a memoria histórica

Cartace enviado por Hugo Arias.

Quinta-feira, Abril 10, 2008

Presentación do disco de Ruxe-Ruxe


Todos recordamos aquela festa de presentación de Choiva, na que eles nos animaron, con esa forza do rock en galego, e despois coa súa boa compaña. Agora sacan novo disco, coa portada deseñada por Xulio, compañeiro que tamén deseñou o noso logo. Así que xa sabedes, se queredes recordar, berrar e sentir esa ledicia azeda que nos evoca ás veces a morriña podedes velos en directo co seu novo disco "XIGANTES", este sábado en Compostela .
Este sábado 12 de abril ás 21.30 na sala capitol en compostela: PITO DE PIKASSO + ULTRAQÁNS + MARKINHOS DRINKIN + RUXE-RUXE ... prezo de 10 con un vale canxeable polo "XIGANTES" na propia sala. (entradas anticipadas no TRASGO, na REIXA TENDA e en discos GONG). ... NON FALTES !!!
http://www.ruxeruxe.com/ruxe.html

Terça-feira, Abril 08, 2008

Concurso de Carteis Festival Irmandiño de Moeche



A Asociación Cultural "Castelo de Moeche" convoca un CONCURSO DE CARTEIS, anunciando o XXIX Festival Irmandiño. As BASES que rexerán este concurso son as que se relacionan a seguir:
1º.- Poderán participar todas as persoas que o desexen.
2º.- O tema será libre.
3º.- A realización dos traballos axustarase ás seguintes normas:
- O tamaño será de 50 x 65 cms.
- O cartel farase en dúas cores planas, máis o fondo.
- Os traballos virán montados en papel vexetal, cartolina ou similar.
- No cartel figurará obrigatoriamente o logotipo do Festival e o texto:
XXIX FESTIVAL IRMANDIÑO - MOECHE , 22 - 23 DE AGOSTO DE 2008
4º.- Establécese un único premio de 210 € e unha placa.
O cartel premiado pasará á propiedade da Asociación Cultural "Castelo de Moeche", que o editará e distribuirá por toda Galicia.
5º.- O xurado estará composto polos membros da Xunta Directiva desta Asociación, podendo esta delegar noutras persoas.
O fallo do xurado será inapelable; podendo, o concurso, quedar deserto se o xurado considera que ningunha das obras ten méritos de abondo.
6º.- O fallo do xurado darase a coñecer o 17 de maio de 2008 coincidindo co día das letras galegas.
7º.- As obras pódense presentar ata o día 12 de maio; non se admitirán as que cheguen despois.
8º.- Os orixinais poden estar firmados có nome do autor ou cun pseudónimo, levarán pegado polo revés un sobre cos seguintes datos do autor: nome e apelidos, enderezo e teléfono.
9º.- Poderase solicitar a devolución dos traballos non premiados ata o 31 de maio de 2008; podendo a A.C. "Castelo de Moeche" dispoñer libremente dos que queden no seu poder.
10º.- Os traballos enviaranse ó seguinte enderezo:

CAFETERÍA SOBELAIRA
SAN RAMÓN S/N – SAN XOÁN
15563 MOECHE (A CORUÑA)

A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.
Para máis información pódese solicitar na dirección de correo electrónico: f.irmandino@yahoo.es ou chamando ós teléfonos: 699999852 (Rafa), 670242959 (Mariña).


Moeche, 3 de marzo de 2008,

Asociación Cultural "Castelo de Moeche"
Lg. Lavandeira - Labacengos
15564 Moeche (A Coruña)
C.I.F.: G-15/492.176

ACTIVIDADES NA ASOCIACIÓN CULTURAL DZ


THE CAÑAS
(Rock especial - San Sadurniño)
+
EN CUARENTENA
(Blues Rock - As Pontes)

Venres 11 as 23:30h
Entrada 2€ (Socios 0€)

www.myspace.com/thecanhas
www.myspace.com/aspontesencuarentena


OS CHIQUILICUATRES DE RIBEIRA
(folk - Ribeira)

Venres 18 as 23:30h

www.myspace.com/oschiquilicuatres



- Queres ser xornalista?

O Xornal Pegadas, precisa de un redactor para a zona de San Sadurniño e Moeche. Contacto: xornalpegadas@gmail.com Telf.663087476

Pegadas é unha publicación mensual orientada á comarca do Eume (San Sadurniño, Moeche, As Somozas, As Pontes, A Capela, Monfero, Vilarmaior, Pontedeume, Cabanas), un medio de comunicación comprometido co territorio e co medio rural, que iniciou a súa andaina no mes de decembro do ano pasado. Pegadas é un proxecto de información impulsado pola Asociación Euroeume, que traballa dende hai 10 anos polo desenvolvemento do territorio.
O xornal pretende ser un instrumento ao servizo da nosa comarca; unha praza pública na que falar do noso, un lugar de encontro para as institucións, asociacións, empresas e persoas que fan deste territorio o seu modo de vida; un punto de apoio para o que desexe facer medrar calquera iniciativa neste territorio.


- Pechado o cartel do Festival do Festival do Rio Castro (Naraío - San Sadurniño)

Festival do Rio Castro (Naraío) 5 Xullo 2008

·PRADAIRO (Folk - Santiago) http://www.pradairo.es/
·BALAKANDRA (folk/fusion - San Sadurniño) www.myspace.com/balakandra
·O SONORO MAXIN (reggae rumba cumbia...) www.myspace.com/osonoromaxin
·KOGITO (ska - Vigo) www.myspace.com/kogito


- SWEET OBLIVION BAND ao vivo!!!

Vindeiras datas confirmadas da banda de San Sadurniño ante a inminente saida a rua do seu 1º album

· 25 Abril Sala Fardela (Vilalba)
· 26 Abril Sala Mogay (Chantada)
· 2 Maio Sala Breogain (Vigo) + SEX MUSEUM
· 23 Maio Sala Micos (Cariño)
· 18 Outubro Sala A Fragua (Redondela)

www.myspace.com/sweetoblivionband


- BALAKANDRA ao vivo!!!

Balakandra entrará no estudio a finais do mes de Abril para grabar a sua primeira maqueta.

· 30 Maio Sala Ogmios (Cariño)
· 7 Xuño Café Cultural Roi Xordo (Allariz)
· 5 Xullo Festival Rio Castro (Naraío)
· 14 novembro Jazz Vides (A Coruña)

www.myspace.com/balakandra

Xa podes ter windows en galego


Moitos de nos, sempre esperamos que o instalar a nosa copia de Windows algunha vez aparecera a opción de galego e que despois tiveramos unha interfaz de Windows na nosa lingua, tiñamos ferramentas de algunhas almas caritativas que nos permitían modificar algúns menús, pois agora por fin podemos baixar o parche, no seguinte link: http://www.microsoft.com/spain/gal/failleunclic/descargas.aspx e a disfrutar dos PC na nosa lingua. Iso sí, para Windows pide a autentificación de Windows orixinal, así que xa sabedes absterse os que o teñades pirateado. Tamén existe o parche par Office 2003 e 2007.

Sábado, Março 29, 2008

A asociación Hume das Pontes presentou o número un da súa revista histórica

Tras seis de anos de vida, a Asociación de Estudos Históricos Hume das Pontes dá un paso máis na súa labor de traballar para crear conciencia local sobre o patrimonio histórico do municipio e pon a andar a revista “Hume”, que persegue os mesmos obxectivos.

O primeiro número desta publicación presentouse onte na biblioteca municipal do Concello. O acto estivo presidido polo profesor Carlos Breixo, colaborador habitual da asociación, e polo presidente da mesma, Xavier Martínez. Ademais, tamén participaron varios dos colaboradores da publiciación así como algún dos membros da revista Cátedra de Pontedeume.

“Hume” nace con carácter anual e co fin de reivindicar o patrimonio cultural, histórico e artístico das Pontes. Por elo, o artigo central da revista adicarase sempre ao estudo da vida dalgún pontés destacado por dar parte da súa vida a traballar polo pobo. Así, o número un da revista centrase na biografía de Enrique Rivera Rouco, un dos párrocos máis comprometidos coa vila. O artigo corre a cargo de José María López Ferro, que realiza un extenso traballo analizando minuciosamente a vida e obra de Rivera Rouco.

A revista complétase con outros cinco artigos de investigación. O profesor ortegano Carlos Breixo adica varias páxinas ao estudo da Ponte de Ferros, a máis importante de todas as que atravesan o municipio. O traballo de Breixo data a construcción no ano 1621, afonda na orixe da mesma, no autor así como en diferentes datos relacionados coa histórica ponte. O presidente da asociación Hume escribe un artigo sobre a igrexa parroquial de Salvador de Pina. Trátase dun traballo de investigación ao que Xavier Martínez adicou varios anos. Nel afonda, entre outros, a historia do templo, a súa imaxinaría ou a orixe das súas cofradías. A prensa pontesa é outro dos temas abordados neste primeiro número da revista. Xosé María López Fernández investiga o diario “La Unión” que en 1915 sacou varios exemplares a rúa. Hai tamén espazo para a memoria oral da vila a través dun traballo etnográfico realizado por varios colaboradores. Unha entrevista co director do corto rodado nas Pontes “Reflexo de lembranza”, Roberto Rego, pecha este primeiro número de “Hume”.

A revista poderase adquirir a partir da vindeira semana en calquer librería da vila por cinco euros. Tamén se pode consultar na biblioteca do municipio.

Nova extraída do Diario de Ferrol

Terça-feira, Março 25, 2008

Teatro Familiar nas Pontes: UNHA DE AMOR‏

Este venres comeza a programación infantil-xuvenil de primavera do Concello das Pontes con teatro e danza.

O venres 28, ás 18.00h, no Auditorio M. Cine Alovi ARTELLO TEATRO ALLA SCALA 1:5 representarán UNHA DE AMOR, a historia de amor entre un gato e unha anduriña

Espectáculo de sombras e bonecos de variñas que conta a historia duns animais que habitan nunha pequena vila que viven atemorizados pola inquedante presenza dun veciño díscolo: o Gato Gaiado. Coa chegada da primavera, unha andoriña nova e ousada consegue o nunca visto: que o gato sorría. A partir dese momento desenvólvese unaha relación entre o gato e andoriña.
Espectáculo familiar para TODOS OS PÚBLICOs (nenos recomendado a partir de 5 anos)

Neste link podedes atopar + info sobre a obra: