
Cartace enviado por Hugo Arias.
Asociación Socio-Cultural

O primeiro número desta publicación presentouse onte na biblioteca municipal do Concello. O acto estivo presidido polo profesor Carlos Breixo, colaborador habitual da asociación, e polo presidente da mesma, Xavier Martínez. Ademais, tamén participaron varios dos colaboradores da publiciación así como algún dos membros da revista Cátedra de Pontedeume.
“Hume” nace con carácter anual e co fin de reivindicar o patrimonio cultural, histórico e artístico das Pontes. Por elo, o artigo central da revista adicarase sempre ao estudo da vida dalgún pontés destacado por dar parte da súa vida a traballar polo pobo. Así, o número un da revista centrase na biografía de Enrique Rivera Rouco, un dos párrocos máis comprometidos coa vila. O artigo corre a cargo de José María López Ferro, que realiza un extenso traballo analizando minuciosamente a vida e obra de Rivera Rouco.
A revista complétase con outros cinco artigos de investigación. O profesor ortegano Carlos Breixo adica varias páxinas ao estudo da Ponte de Ferros, a máis importante de todas as que atravesan o municipio. O traballo de Breixo data a construcción no ano 1621, afonda na orixe da mesma, no autor así como en diferentes datos relacionados coa histórica ponte. O presidente da asociación Hume escribe un artigo sobre a igrexa parroquial de Salvador de Pina. Trátase dun traballo de investigación ao que Xavier Martínez adicou varios anos. Nel afonda, entre outros, a historia do templo, a súa imaxinaría ou a orixe das súas cofradías. A prensa pontesa é outro dos temas abordados neste primeiro número da revista. Xosé María López Fernández investiga o diario “La Unión” que en 1915 sacou varios exemplares a rúa. Hai tamén espazo para a memoria oral da vila a través dun traballo etnográfico realizado por varios colaboradores. Unha entrevista co director do corto rodado nas Pontes “Reflexo de lembranza”, Roberto Rego, pecha este primeiro número de “Hume”.
A revista poderase adquirir a partir da vindeira semana en calquer librería da vila por cinco euros. Tamén se pode consultar na biblioteca do municipio.
Nova extraída do Diario de Ferrol

Segundo publicou o xornal A Voz de Galicia, o matrimonio Manuel Ramos Fernández e Juana Ferreiro, e dous dos seus fillos, Manuel de 28 anos e José de 18, asasinados o 22 de agosto de 1936, semanas despois do estalido da Guerra Civil española, foron inhumados onte no cemiterio das Campeiras, nas Pontes.
Fai setenta anos, os restos do que fose tenente de alcalde das Pontes entre 1931 e 1936 e da súa familia, foron enterrados nunha fosa común sen nomes nin lápidas identificativas. A iniciativa da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, os cadáveres foron exhumados en agosto do 2006.
Desde ese momento, os restos permaneceron na Universidade do País Vasco, onde se emitiu o certificado de autenticidade dos cadáveres.
Manuel Ramos e familia foron enterrados onte no panteón familiar en presenza dos máis achegados e os dirixentes da asociación.
Nova relacionada no xornal EL MUNDO

Nós tamén queremos lembrar o día de hoxe, no que se cumpre o 32º cabodano da morte do dictador militar Francisco Franco, alias o Caudillo, alias o Salvador, alias o enano fascista, e un largo etc. que todos coñecemos. Vaia con Dios.


A Asociación Memoria Histórica Democrática presentará o libro Retallos dá memoria o vindeiro xoves na Biblioteca Municipal de Narón, ás 20.00 horas.
Nos anos 50 do século pasado non tiñamos unhas grandes chemineas na paisaxe local nin unha reputación internacional de serén un dos maiores productores de enerxía e de polución, mais comenzábase a transformar unha sociedade agrícola e gandeira nunha máis moderna e industrial.