Quinta-feira, Abril 24, 2008
Video promocional da comarca do Eume
Domingo, Março 30, 2008
A información sobre o audiovisual galego repítese en máis de dez portais de Internet

Na rede existen máis de tres catálogos de producións audiovisuais feitas no noso país ademais de múltiples portais nos que coñecer a actualidade informativa. Isto, sen ter en conta que cada produtora conta co seu propio sitio web no que dá conta dos seus traballos. No fondo acaba por evidenciar unha abondosa redundancia informativa tanto en sitios mantidos por entidades públicas como privadas.
Audiovisualdegalicia.es, Axenciaaudiovisualgalega.org, AVG, cinegalego.es, Consorcioaudiovisualdegalicia.es…. son só algúns dos nomes dos dominios que existen na rede con información relativa ao sector audiovisual. Desde que en 1996 Margarita Ledo crease, no seo da Universidade de Santiago, o “Observatorio do Audiovisual Galego” foron agromando múltiples iniciativas, iso si, todas abandeiradas baixo a intención de “fomentar e potenciar” o audiovisual da terra.
Similitudes e diferenzas
En primeiro lugar, o denominador común a todas as iniciativas que se manteñen na rede arredor diso que chamamos “audiovisual galego” teñen como principal fío común promover o audiovisual. Así, no web da “Axencia Audiovisual Galega” o obxectivo que figura “é consolidar un audiovisual con identidade de seu e fortaleza suficiente para situarse nun mundo globalizado”. Para a ferramenta “Cinegalego.es” o sitio web é “unha nova vía para a promoción e difusión das obras feitas en Galicia” e, entre os seus obxectivos, figura “promocionar o noso audiovisual e servir de apoio ás accións de márketing desenvolvidas polas produtoras e distribuidoras”. AVG, o primeiro portal informativo nesta materia leva a etiqueta de “O soportal do audiovisual galego”.
Todos os sitios web que aparecen detallados a continuación teñen unha sección informativa para atender aos feitos de actualidade, e ademais desta multiplicidade informativa hai tamén varios catálogos onde coñecer os detalles das producións. Pero non todos manexan as mesmas cifras. AVG ten 3.389 entradas (entre producións, entidades e profesionais), a Axencia Audiovisual Galega ten 3.625 (entre producións e profesionais), Cinegalego.es ten 246 traballos. Isto, máis o “agregador” de “Audiovisualdegalicia.es” que, tal e como se dixo na súa presentación pretende agrupar os contidos dos diferentes portais. Estes tres catálogos parten dunha mínima información común (sinopse, ficha técnica e ficha artística) pero hai diferencias notorias entre eles. Para comprobar as peculiaridades e as diferenzas recomendamos un paseo atento pola rede e, para os que o prefiran, aquí teñen unha análise de cada sitio web (ordenadas por data de creación do sitio web).
Domingo, Outubro 21, 2007
Violencia bestial contra animais indefensos

http://www.petatv.com/tvpopup/video.asp?video=fur_farm&Player=wm&speed=med
A organización en defensa dos dereitos dos animais PETA solicita que se estás en contra de estes comportamentos, envíes o teu nome, apelidos, dni e enderezo ao seguinte e-mail: PETA2@peta.org, ca finalidade de solicitar unha lei que castigue severamente estes actos.
Sábado, Julho 14, 2007
Sectarismo en estado puro
Propoñemos unha serie de videos de youtube que están expostos no blog Ateología, onde se leva a cabo un análise da realidade diaria dende a perspectiva do ateísmo combativo. Case nada...A páxina é xestionada por membros da Federación Internacional de Ateos, da que xa temos falado anteriormente, pola súa labor de defensa dun laicismo como alternativa ao sectarismo relixioso e intolerante "co outro".
Segunda-feira, Junho 25, 2007
Unha imaxe para o galego

Quinta-feira, Junho 21, 2007
Domingo, Junho 17, 2007
Entrevista responsable 061 sobre regasificadora Ferrol

Aquí tedes un enlace directo á entrevista a Carlos Lareo, responsable de catástrofes do 061 de Ferrol, realizada pola Asociación Gaxarte de Asturias, a traverso da súa emisora Onda Peñes.
Non ten desperdicio e Mete medo.
Ir á entrevista.
Terça-feira, Junho 12, 2007
Cidadáns de segunda
É unha reportaxe de Telemadrid, que trata sobre a situación dos inmigrantes en Cataluña e os problemas coa educación dos seus fillos en castelán. Ver a reportaxe.
Domingo, Junho 03, 2007
Charla sobre a Mourela en Portas Ártabras
A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes e Adega organizaron este fin de semana na Coruña o acto Repensando A Mourela.A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes e Adega organizaron este fin de semana na Coruña o acto Repensando A Mourela. Ambas as entidades expuxeron a situación actual da necrópole prehistórica da Mourela, afectada polas obras da autovía que unirá Ferrol Cidade Vella.
Proxectaron catro vídeos e o arqueólogo Antón Malde falou da importancia da necrópole nos estudos e investigacións de prehistoria de Galicia. O museólogo Felipe Senén analizou a posibilidade de reconstruír o círculo lítico e de pór en valor o conxunto megalítico. Ademais, falouse da alternativa á destrución da necrópole proposta por Adega e a Plataforma, que pasa pola construción dun túnel.
+ datos


