quinta-feira, junho 30, 2005

Viaxe as illas Cies


Boas a todas/os complacenos invitarvos a unha viaxe que temos planificada para a vindeira semana do 12, 13, de Xullo, na cal temos pensado ir a esas illas paradisiacas que son as Cíes, o viaxe constará de dous días, durmindo unha noite nelas. Se estades interesados temos unha lista na porta do local, e tamén podedes contactar con nos no e-mail choivazeda@hotmail.com se queredes apuntarvos ou queredes preguntar algo. A fecha non é a definitiva podese modificar. Nun principio sairemos cedo das Pontes direción Cangas do Morrazo, e alí colleremos o barco para chegar directamente as Cies, onde faremos noite e o seguinte día a tardiña, faremos o percorrido a inversa, chegando As Pontes a noite. Intentaremos que o viaxe sea integramente costeado pola asociación, mentres que a comida acordaremos como facer nunha reunión o día antes, (se cada quen leva algo, se facemos bote, etc.). Se alguen non ten saco ou esterilla deixaremoslle un, e tendas temos as suficientes. Pero se alguén ten sacos de sobras ou esterillas, tamén serán ben recibidos. Nada mais permanecede atentos o noso novo blog. Saudos.

1 comentário:

Anónimo disse...

umm