quinta-feira, agosto 10, 2006

axuda. hai que paralos.

Voluntari@s contra o lume
www.concienciasolidaria.com

CÓMO PARTICIPAR?
1. Quén pode participar?

Calquera persoa maior de 18 anos

2. Qué requisitos se deben cumprir?
Cubrir os datos contidos na inscrición e manifestar o coñecemento das obrigas e dereitos da persoa voluntaria é condición necesaria para participar

3. A ónde dirixirse?
Subdirección Xeral de Solidariedade e Participación
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
Rúa Eduardo Pondal, 30 4ª andar
15702 Santiago de Compostela

Teléfono solidario: 900 400 800

4. Qué se debe presentar?
- Solicitude debidamente cuberta
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade

5. Información complementaria

a. Características do voluntariado contra o lume
- As persoas voluntarias realizarán tarefas de vixilancia activa de incendios forestais nos montes galegos, de apoio nos labores de intendencia na súa extinción e de limpeza e recuperación das superficies queimadas.
- As persoas voluntarias serán avisadas con antelación suficiente para incorporarse ao programa, dentro dos días sinalados como dispoñibles na súa solicitude, na medida das posibilidades
- A incorporación da persoa voluntaria producirase tras ter recibido a formación teórica e práctica adecuada. En todo caso e tendo en conta as circunstancias, esa incorporación dependerá das necesidades do programa, das características técnicas e das condicións meteorolóxicas adecuadas.

b. O compromiso das persoas voluntarias
As persoas que participen neste programa:
- Disporán de seguro de accidente e responsabilidade civil
- Se lles facilitará o material necesario para o desenvolvemento das súas funcións
- Recibirán a formación e información adecuada ás funcións a desenvolver
- A realización das súas funcións non lles xerará gasto algún
- Ao finalizar o período de voluntariado, recibirán unha certificación das actividades realizadas e das horas dedicadas.

As persoas que participen neste programa deberán:
- Colaborar desinteresadamente os días que se indiquen
- Participar activamente nas actividades, respectando os horarios establecidos
-Respectar as normas de convivencia propias da actividade e aceptar e seguir as indicacións das persoas responsables.

2 comentários:

filipelamas disse...

Parabéns pelo blog e um forte abraço do Norte de Portugal (Porto) aos galegos que, nesta altura, tal como aqui, atravessam um momento difícil devido aos incêndios.

choiva ázeda disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.