Oragnizada pola Fundación Caixa Galicia, pretende achegar á sociedade os aspectos máis interesantes e curiosos do mundo natural, sobre todo destes xigantes vexetais.
No Mercado Vello deica o 19 de outubro, e constará de 30 paneis fotográficos de grande formato, conta ademais con cortes de madeira, onde se poden aprecia-los aneis de crecemento, un semilleiro de diferentes especies, no que poden compararse tamaños, cores e formas.
Estará aberta para colexios pola mañá e o día 19 haberá un taller para nenos de 4º de primaria. Ademais cada foto está acompañada dun texto no que describe os aspectos máis importantes de cada árbore, as súas dimensións, enfermidades, pragas e usos tradicionais...
...Unha iniciativa moi acertada, tendo en conta que a maioría dos rapaces apenas coñecen o seu entorno natural, e os cambios climáticos que se agardan no futuro poden facer desaparecer moitas destas especies.
da páxina web do concello.
sexta-feira, outubro 06, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário