terça-feira, junho 20, 2006

memoria histórica

... informamos dunha convocatoria publicada no DOG (19 xunio 2006) que consiste na subvención a actividades que fomenten a recuperación da memoria histórica do golpe de estado do 1936, da guerra civil e da revolución social, así como da represión, da emigración ou doutros efectos posteriores.
Dende a nosa Asociación, estamos abertos a calquera proposta de colaboración para levar a cabo algúnha actividade ó abeiro desta axuda económica: xornadas, seminarios, grabación dun documental facendo entrevistas a xente de idade, etc.
Para máis información poñervos en contacto con nós.

1 comentário:

Anónimo disse...

A ver se hai sorte e se move a xente. Xa sabedes que se organizades calquera tipo de actividade que teña que ver co audiovisual nos podedes mandar a información que sexa que daremos boa conta dela.

Saudos.