quarta-feira, junho 21, 2006

O Concello revindicaba o valor da Mourela no 2003...

O Concello e a institución francesa descobren para a prensa a riqueza arqueolóxica da zona.
(...)
...E é que As Pontes, segundo dín os expertos, é un lugar singular no tocante ós vestixios do neolítico. Aquí hai preto de 200 mámoas, ou o que é o mesmo, monumentos funerarios datados entre o quinto e o cuarto milenio antes de Xesucristo. Tal cantidade de restos arqueolóxicos converten a nosa vila nun lugar imprescindible para descubri-la época na que o home pasou de cazador recolector a agricultor e gandeiro.
(...) A primeira parada da viaxe foi na Mourela, onde se atopa un dos xacementos megalíticos máis importantes de Galicia. Alí hai unha necrópole que xa estudiou o arqueólogo Federico Maciñeira a comezos do século XX. Unha necrópole case destruída por completo e moi ameazada pola actividade industrial. (...)

http://www.aspontes.org/novasdet.php?lang=gal&noticia=48

información fusilada de amigus.org onde dan as gracias polo enlace a Paisa

Sem comentários: