o Javier de Diego comenta: «Ata vin un DVD sobre como se vai a formar o lago», según Casabella, Javier da benvida á posibilidade de novos empregos (neste caso relativos á posible explotación turística futura do lago); pensa que a enorme masa de auga fará aínda un pouco máis húmido o microclima da vila e mostra unha certa despreocupación polos efectos contaminantes da térmica: «A nós non nos toca -explica risueño-. A contaminación das Pontes chégalles antes aos ingleses».
o según Francisco Aréchaga (ENDESA): "No pobo todo o mundo coñece o proxecto e están esperando que o lago sexa unha realidade".
o un veciño opina: "Confianza completa non teño e será difícil que a auga quede limpa".
o unha veciña di: «En días como o de hoxe [baixas presións] creo que parte da contaminación queda aquí. Nótase nas fiestras, que quedan sucias cun po amarelado»
o según Víctor Guerreiro: "Este é un pobo cunha tradición industrial de hai moitos anos e aquí, ou que se mira é ou posto de traballo".
Na 1ª imaxe mostrase un detalle do plan urbanístico que se proxectou e estase a realizar (construíronse as infraestructuras de acceso o lago e máis a infraestructura pra poder recorrelo e máis servir de apoio a calquera edificación nova ...) no entorno do lago artificial de Cospuden, na rexión mineira de Leipizg (Alemania). Hoxe os veciños gozan de un lago aberto o público rodeado de amplos espacios de ocio, residenciais e de novas industrias limpas e outros equipamentos capaces de xerar emprego. Sen embargo, parece que non poideron evita-la acidificación das augas debido a oxidación de piritas que se atopaban en vertodoiros de materiais indutriais incontrolados, ou que chegan os lagos entre as augas que se filtran dende as escombreiras. As augas non están limpas como pensaban.
Antes de encher con auga oas minas da rexión, e de forma similar o que se fixo en Gales, formáronse fundacións co a participación das diversas administracións, empresas privadas e os colectivos cidadáns implicados para estudiar as novas oportunidades cos entornos das futuras lagoas ofrecían. Apartir das suas reflexións convocáronse concursos de ideas e escolléronse profesionais de recoñecido prestixio internacional para detallar e realizar as propostas.
post by aar
Sem comentários:
Enviar um comentário