da Voz de Galicia: "A Federación Ecoloxista Galega reiterou onte a súa oposición ao proxecto de inundación da mina das Pontes e anunciou que fará xestións ante a Unión Europea para que as autoridades comunitarias estuden a súa viabilidade. Considera que existen posibilidades de que o lago non consiga manter un nivel aceptable na calidade das súas augas e critica a importante detracción que sufrirá o río Eume durante os catro anos que se calcula que tardará en encherse o oco da explotación mineira.
O portavoz da federación, José Luis Baleato, explicou que a importante cesión de caudal prexudicará á rexeneración do Eume, que, segundo dixo, empezaba a recuperarse coa presenza ata de lampreas e algún salmón: «queda co caudal ecolóxico, é claro que terá incidencia sobre estas especies». Os ecoloxistas cren que pode influír ata no marisqueo na desembocadura do río."
imaxén: unha das máquinas na mina a ceo aberto de "klettwitz-nord" coincidindo coa posta do sol. Instalación luminica do artista Hans-Peter Kuhn, hoxe esta máquina é un atractivo turístico.
quarta-feira, fevereiro 14, 2007
Os ecoloxistas diríxense a Bruxelas para que estude o caso de Endesa nas Pontes
Etiquetas:
Lago da mina,
rexeneración mineira,
sostenibilidade
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário