Despois das ultimas chuvias caídas durante o presente mes de febreiro, o encoro da Ribeira recuperou o seu nivel habitual de auga para esta época do ano.
Mentres, Endesa non pode de momento, comezar co desvío de auga do eume cara o lago da mina. Segundo declaracións da Eléctrica (pincha para ver nova), parece que a canle aínda esta sen rematar.
Non obstante, como ven publicado en distintas paxinas de internet e mais na prensa escrita, xa se pode ver auga no fondo da mina, precisamente debido as chuvias destas derradeiras semanas. Neste sentido, destacamos a información aparecida no diario “La Opinión” (pincha para ver nova), onde se recolle a denuncia de varias asociacións Ecoloxistas referíndose a esta primeira fase de enchido “pasivo” da antiga explotación de lignito.
Sem comentários:
Enviar um comentário