segunda-feira, fevereiro 04, 2008

Lago da mina




Novas imaxes do lago. Bueno de momento non e tal porque as unicas augas que se ven de momento son duas pequenas pozas.

As fotos estan tomadas desde os alimpadoiros.

Se nas proximas semanas segue a chover con tanta consistencia coma estos derradeiros dias, supoño que por fin a xunta permitira escomenzar a desviar auga do eume cara o lago.

3 comentários:

Anónimo disse...

bonitas fotos :)

Anónimo disse...

"por fin a Xunta permitirá escomenzar (?) o enchido". Esperemos que non, porque só uns irresponsábeis poderían pensar que detraer un millón de m3 do Eume non supondría unha grave ameaza para a supervivencia do propio río e do importantísimo ecosistema que supón as Fragas do Eume. Son consciente que máis de trinta anos de explotación da mina de carbón e de emisión brutal de millóns de toneladas de co2, nunha poboación amordazada por ENDESA a cambio de sabrosos salarios creou un ambiente social de indiferencia ou complicidade cos desmáns dunha empresa que agora se adica a espoliar o patrimonio natural de Argentina e Chile. Pero de ahí a minimizar os costes ecoloóxicos pola construcción desa salvaxada que é o lago hai un abismo que un colectivo sensibilizado coa temática ambiental debería entender.

GALIZA NON SE VENDE

Anónimo disse...

ambiente social de indiferencia... case mellor que o digas noutro sitio, xa que neste blog de ponteses falase sen tapuxos sobre Endesa e do ecoloxismo ben entendido.

Non sei que tipo de iluminado eres, pero podemos saber onde están os datos que según ti fará que o lago sexa un desastre? Dime onde está ese informe para que eu o lea. Quen son os expertos que ti liche para chegar a esa conclusión? Eu es ti, e 2 colegas máis? quizáis o que ti desexas e que Endesa abandoe un burato excabado en 50 anos, sen un proxecto medioambiental a longo prazo?

A ver se te enteras: o pobo das Pontes quere o lago, porque é a única opción posible.

E se hai outra día aquí, ou cala para sempre, sub-comandante.