sexta-feira, abril 11, 2008

Cap'Découverte, unha reconversión mineira única en Europa




Cap'Découverte é un lugar único en Europa. Trátase dun Parque de Atraccións resultado do proxecto de rehabilitación da antiga mina de carbón ao aire libre situada no municipio de Carmaux, no departamento de Tarn e na rexión de Mi-Pyrénées, e que foi reconvertida nun centro multiocio cun anfiteatro espectacular de 1.300 m de diámetro e 230 m de profundidade e exclusivamente dedicado ao ocio. 

O espazo dispón de 650 hectáreas de natureza, onde practicar un sinfín de actividades deportivas, musicais e culturais.

O proceso de Cap'Découverte nace da vontade dos políticos e das forzas vivas da súa rexión, capitaneados por Paul QUILES, que pretendía realizar unha ambiciosa reconversión da antiga mina de carbón ao aire libre de Carmaux. 

En 1995, comezouse a elaborar o esquema de redespliegue económico de Carmausin.
 
En 1997, a convocatoria dun Concurso Internacional de Ideas deu como froito a aparición dunha serie de proxectos de valorización da zona da Grande Découverte (o Gran Descubrimento).
 
En maio de 1999 encargouse a realización dun estudo de mercado a unha agrupación de empresas especializadas na materia (KPMG Axe Consultants + ISC + Campus Conseil + Extel). Grazas ao resultado positivo arroxado por devandito estudo, no tocante á previsión de clientela, consiguiuse un compromiso financeiro por parte do Estado francés e das corporacións locais e rexionais. O Comité Interministerial de Ordeación e Desenvolvemewnto do Territorio (CIADT) de abril de 2000 confirmou o apoio, fundamental por outra parte, dos poderes públicos ao proxecto. 

O estudo de arquitectos Chaix & Morel e asociados encárgase, desde xullo de 2000, da dirección das obras de acondicionamento da Découverte.
 
Cap'Découverte tense convertido, dende entón, nun proxecto de toda unha rexión, apoiado polo conxunto das corporacións locais e rexionais: municipios, Consello Xeral do Tarn, Consello Rexional Midi-Pyrénées (equivalente á Xunta de Galicia).


2 comentários:

Anónimo disse...

¿E logo alí non hai terromotos ou?

Anónimo disse...

Interesante proxecto. Grazas pola información.