Link para ve-la GALERÍA fotográfica do concurso "Feísmo Urbanístico nas Pontes". Lembrar ca exposición estará na Casa da Cultura (Casa Dopeso) na entrada e no primeiro andar ata mediados do mes de xaneiro.
Esta mostra fotográfica xurde do “1º Concurso Fotográfico de Feísmo nas Pontes”, convocado pola Asociación Choiva Ázeda, ca única pretensión de concienciar, ao poñer en evidencia os efectos (máis cas causas) dos distintos prototipos de feísmo máis demostrativos do Concello das Pontes, e desta forma contribuír a sensibilizar ao estado de opinión da cidadanía pontesa.
As fotografías estarán expostas na Casa da Cultura (Casa Dopeso) durante as datas do Nadal, en horario de mañá e tarde, e por outra banda, poden ser olladas na páxina web da asociación de informática Amigus e no xornal Vieiros. Esgótanse as explicacións ao falar do feísmo, un fenómeno que transformou a paisaxe de Galicia nas derradeiras décadas e que, curiosamente, desaparece ao atravesar as fronteiras que delimitan a nosa comunidade autónoma. Nós entendemos, en poucas palabras, o "feísmo arquitectónico, urbanístico ou paisaxístico" como todas aquelas construccións ou obras humanas que degradan dalgún modo o seu entorno, desentoando por unha ou outra causa co entorno, e constituíndo un elemento desagradable para a vista. Polo tanto “FEO” é a expresión que mellor exemplifica case tódolos males que aqueixan ao urbanismo pontés e galego.

As imaxes expostas nesta exposición, representan unha selección das 200 fotografías presentadas ao concurso polos participantes, permitíndonos captar a atención do perceptor do fenómeno do feísmo local dende 23 perspectivas distintas e complementarias. Queremos agradecer aos membros do xurado encargado de face-la selección das fotografías, pola complexa labor de premia-las instantáneas que mellor mostraban os desmanes urbanísticos, e no que primaron en gran medida, o abandono do casco histórico local, os permisos de novas edificacións e reformas, así como a falla de respeto urbanístico global nalgún das nosas rúas.
O xurado estivo composto por representantes dalgúns dos colectivos máis dinámicos do tecido asociativo local: Asociación Informática Amigus, Asociación de Estudos Históricos Hume, Plataforma Cidadán pola Defensa do Patrimonio Arqueolóxico das Pontes e Irmanamento As Pontes-Lesneven-Carmarthen, así como por unha arquitecta das Pontes que actualmente desenvolve o seu labor en Londres.
4 comentários:
Caralludo!!!
Tedes que facer outro concurso pero a nivel galego. O primerio que se me ocorre é o que lle fixeron o cabo fisterra, nun aparcadoiros que meten medo!!
Imaxes para o esquecemento... este é un país de pandereta e gaitas.
En Cangas de Morrazo, atopanse tamén camufladas edificacións inacabadas que son moi xeitosiñas como exemplo do feísmo. Na fotogalería da Voz de Galicia podese contemplar en todo o seu esplendor.
Encantoume a galería, noraboa pola idea.
Enviar um comentário