quarta-feira, abril 18, 2007

As lareiras en Galicia, por José Astray Pena

Comprácenos anuncia-la publicación do libro AS LAREIRAS EN GALICIA do noso prezado amigo e veciño Jose Astray, xunto con Marcos Beiroa e Javier Villares, asegurándovos a alta calidade técnica, literaria, artística e pedagóxica ca que tratan o patrimonio etnográfico do estudo. Un best-seller en potencia.

Xénero. Ensaio e Investigación Editorial. Ediciós do Castro Coleccion.
Número de pax. 458 ISBN. 978-84-8485-248-3

Son moitos os temas relacionados co mundo tradicional galego que poderían ter interese dende un punto de vista arquitectónico ou constructivo. De feito, son innumerables os traballos realizados sobre muíños, faros, cruceiros, pazos...Pero, o noso interese por falar e describir -dende un punto de vista técnico, engalanado polo artístico-- un destes fermosos temas, supón o alonxamento destes colosos, para adentrarse no corazón, tanto da arquitectura coma da vida galega de fai non tantos anos.Quizabes, o tema das lareiras foi sempre un apéndice incluído neses necesarios párrafos adicados á cociña. Moitos poderían pensar asemade, que nin sequera comprería ser respetado coma un elemento coa suficiente entidade coma para aborda-la execución dun proxecto deste tipo.O feito de se-Io irmán pobre, estimulounos para converter en protagonista a un eterno secundario.Deste xeito, pretendemos, dende o comezo, percorrer Galicia, para que fosen elas mesmas, as lareiras, as que nos ensinasen e nos contasen todo o que non sabiamos delas.Dun xeito modesto, axudados e apoiados nos coñecementos adquiridos nestes anos, intentamos plasmar nas seguintes páxinas, o que foron -e xa case que non son- as lareiras galegas. [Fragmento do libro]

2 comentários:

Anónimo disse...

José,
Enhorabuena por el libro.
¿Hay alguna manera de compralo por internet?
Voy a mirar en Amazon.
De paso te mando un beso.

aurora

Anónimo disse...

http://www.librariacouceiro.com/main.aspx?ApartId=21

por si alguien esta interesado.