Un importante círculo lítico preto das Pontes, redescuberto no 2003, podería quedar destruído polas obras da autovía Ferrol-Vilalba.
Hai menos de vinte anos, na zona da Mourela, no concello das Pontes (A Coruña), había unha necrópole de cinco mámoas e dous círculos líticos (tamén chamados crom- lechs). Hoxe en día, só quedan dúas mámoas e os restos do maior dos cromlech, que se daba por desaparecido e que foi redescuberto no 2003. Mais existe o risco de que, en poucos anos, non quede nada.
Hai ano e medio comezou a contrución un tramo da autovía AG.64, que unirá Ferrol con Vilalba (Lugo), atravesará o campo de mámoas, cunha trincheira de máis de 50 metros de profundidade que arrasaría por completo o cromlech. Xa dende 2003, mantivéronse excavacións arqueolóxicas no círculo lítico da Mourela, que ten entre 4.000 e 5.000 anos de antigüidade, uns 14 metros de diámetro e está rodeado de importantes xacementos, nunha necrópolis aínda por estudiar.
Dende maio de 2006, os veciños das Pontes viron que os restos megalíticos tiñan os días contados e organizáronse nunha plataforma cidadá e apolítica para impedilo. En colaboración con varios expertos e con Adega (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), prepararon unha solución alternativa, construír un túnel por baixo do monte no que se localizan o cromlech e as mámoas.
O artigo completo en Galicia-Hoxe
sexta-feira, abril 20, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário