sexta-feira, agosto 10, 2007

Adega denunica traballos ilegais en Outeiro de Rei


A Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (Adega) criticou onte os traballos de movemento de terra e outras operacións realizadas na zona de Maceda, pertencente á parroquia de Mosteiro (Outeiro de Rei). O colectivo asegurou que nesa zona encontrábase unha zona de 11 hectáreas, catalogada como espazo natural protexido nas normas urbanísticas e dotada duns relevos graníticos similares aos de Penas de Rodas, dunhas importantes vistas panorámicas e dun notable sistema hídrico polos seus «regachos e zonas húmidas».

Adega denuncia que estes días se observa como se eliminou a cuberta vexetal, de igual modo que, agrega, abríronse pistas e movéronse terras. Así as cousas, a asociación advirte de que se percibe que a material vertedura cobre por completo algunhas zonas, o que supón «unha evidente e forte degradación paisaxística e ambiental».

Por todo iso solicita ao Servizo de protección da natureza da Garda Civil (Seprona), ao Concello de Outeiro de Rei e á Xunta que inicien un expediente de reposición da legalidade para conseguir a restauración ambiental. Tamén anuncia que fará un estudo para analizar o estado ambiental deste municipio chairego.

Sem comentários: