Mostrar mensagens com a etiqueta comicios electorais. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta comicios electorais. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, março 05, 2008

Eva espida


Nestes tempos que corren, cada quen afronta a campaña electoral a súa maneira, e Eva estudante de Ciencias Políticas e da Administración, vaise quitando a roupa a medida que os políticos se poñen mais nerviosos cara o vindeiro domingo. Seguro que se ela se presenta, quita algún escano. Premede aquí para ver o seu blog.
"Cómo puedo sentirme defraudada por un político durante la campaña electoral? Pues voy a centrarme en PP y PSOE por cuestiones prácticas y aquí van las reglas:
1. Me quitaré una pieza de ropa si un político basa almenos parte de su discurso en descalificar al otro partido (bueeeno, ejemplos hasta el día de hoy no nos faltan).
2. Me quitaré una pieza de ropa si un político se retracta de algo que dijo en el pasado. Por ejemplo Sáenz de Santamaría (PP) preguntandose quién de su partido ha dicho alguna vez que "España se rompe” (por favooor! Pero si ella misma lo dijo hace un año!).
3. Me quitaré una pieza de ropa si un partido hace una promesa engañosa. Por ejemplo el otro día leí que el PSOE incluye en su programa electoral la creación de un centro de desactivado de minas que resulta que hace 6 años que existe.
4. Me quitaré una pieza de ropa si se descubre durante la campaña algun chanchullo típico español por parte de un político o grupo de políticos. Por ejemplo copiar íntegramente y presentar después de 7 supuestos meses de trabajo, un Reglamento Orgánico Municipal que se aprobó hace 8 años (Orihuela en Alicante, lo copió de Baracaldo en Vizcaya).
5. Me quitaré tres piezas de ropa como máximo cada día. Sería un escándolo que estos desvergonzados me desnudaran en 24h, pero vamos a darles margen de rectificación que la esperanza es lo último que se pierde." Extraido do seu blog

sexta-feira, fevereiro 22, 2008

O actual ministro de sanidade comprometese a combater o garrafón.


O ministro de sanidade e cabeza de lista o congreso por Alacante, Bernat Soria, comprometeuse hoxe a “garantir a calidade” das bebidas alcohólicas que consumen os novos, para evitar o garrafón, así como a diminuír o IVE dos preservativos e entregalos gratis nos lugares de lecer. Publicado en: El País

domingo, janeiro 27, 2008

Internet e Mass Medias na cita electoral do 9M


O debate político na Internet entre Zapatero e Rajoy proposto por 20 Minutos podería quedar en nada por culpa en boa medida das canles de televisión, que durante o día de onte se lanzaron en masa a emular á iniciativa emprendida por YouTube e a CNN para crear uns debates electorais coa participación dos cidadáns a través da Internet.

TVE, Antena 3 e LaSexta parecen ser as canles que se enredan nesta absurda loita na que todos parecen querer ser os pioneiros nun formato de interactividade copiado dos EE.UU.

A primeira canle en sumarse a esta nova tendencia foi Televisión Española, que estreou unhcanle electoral en YouTube na que os cidadáns poderán enviar preguntas en vídeo dirixidas ós candidatos, das que as seleccionadas se emitirán por TVE dentro dos programas de entrevistas que se retransmitirán nos vindeiros días, podendo tamén os internautas botar polas súas preguntas favoritas a partir do 14 de febreiro.

Esta nova plataforma se promocionará a través dunha web de RTVE na que se explican os detalles desta iniciativa, dando consellos a quen desexe participar (coma que os seus vídeos non duren máis de 30 segundos, que se identifique o autor ou destacar pola orixinalidade).

Segundo Rosalía Lloret, directora de Medios Interactivos de RTVE, esta iniciativa nace «a raíz do éxito do programa Tengo una pregunta para usted» e pretende«fomentar a participación cidadá no proceso político».

Reaccionando a toda velocidade ó anuncio de RTVE, dende Antena 3 tamén estrean unha canle en YouTube, que complementará á web electoral dos seus servizos informativos. Dende Antena 3 aseguran que as preguntas remitidas en vídeo polos internautas se poderán ver en seccións especiais de Espejo Público e 360 grados, así como nas distintas edicións de Antena 3 Noticiasemitíndose as cuestións máis orixinais e as que non foran abordadas polos diferentes programas dos partidos políticos.

Amais, tamén levarán a comunicación das eleccións ós novos soportes coma Internet, a telefonía móbil (SMS, MMS, WAP, vídeo baixo demanda e televisión móbil), televisión por Internet, etc.

LaSexta decidiu seguir o mesmo camiño que o resto de canles televisivas, aínda que dun xeito menos áxil, pois a súa aposta céntrase na creación da web TúPreguntas.com, que non estará operativa ata o vindeiro luns.

A iniciativa de LaSexta preséntase coma un reto lanzado a Zapatero e Rajoy, para que respondan ás preguntas dos internautas ós dous líderes políticos, seleccionando as máis orixinais e incisivas para un potencial debate televisivo desta canle.

LaSexta permite o envío de preguntas a través de webcam na súa web especial, remitindo o enderezo dun vídeo subido a YouTube e mesmo escribindo a pregunta en texto (sen vídeo). Os usuarios da web tamén poderán opinar sobre as preguntas enviadas e intercambiar ideas con outros cidadáns.

Quén da máis?