Mostrar mensagens com a etiqueta novas tecnoloxías. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta novas tecnoloxías. Mostrar todas as mensagens

sábado, junho 28, 2008

Entrevista a Steve Wozniak, cofundador de Apple

O canle de Internet Mobuzz TV, aproveitou a presenza en España de Steve Wozniak, cofundador de Apple co máis popular Steve Jobs, para facerlle unha entrevista. Conta a lenda que Steve Wozniak empeñou a súa calculadora HP, para crear o primeiro Apple I, mentres que Jobs a súa furgoneta. Wozniak era a cabeza programadora mentres que Jobs a empresarial, Wozniak desvinculouse do mundo empresarial fai xa bastantes anos, adicandose a dar cursos, conferencias, etc. En concreto en Madrid estaba no Congreso Nacional de Internet na Aula, para aplicar a novas tecnoloxías no ensino. Vaia que todo un personaxe. Para saber máis.

terça-feira, junho 03, 2008

Ateos, Agnósticos e escépticos fundan a primeira Asociación Ateísta Portuguesa

Imaxe: Símbolo Ateo

Perto de uma centena de ateus, agnósticos e cépticos criaram a primeira Associação Ateísta Portuguesa (AAP) para divulgar esta«filosofia» de vida e combater a«discriminação e os preconceitos pessoais e sociais» de que dizem ser alvo.

A criação da associação coincide com uma «generalizada ofensiva clerical a que Portugal não ficou imune, apesar de o ateísmo não se definir pela mera oposição à religião e ao dogmatismo, em nome da liberdade, da igualdade e da defesa dos direitos individuais», refere a AAP.

Em declarações hoje à agência Lusa, o presidente da comissão instaladora da AAP, Carlos Esperança, disse que os ateus estão a ser «atacados publicamente, de forma violenta», nomeadamente pela religião católica.

«Foi o Papa Bento XVI e depois o Cardeal Patriarca, D. José Policarpo, que considerou o ateísmo o maior drama da humanidade», sublinhou Carlos Esperança.

Para os ateístas, «o grande drama da humanidade é a fome, a guerra, o analfabetismo e o terrorismo», justificou.  Carlos Esperança adiantou que a associação surgiu da necessidade da defesa da laicidade do Estado e de todas as correntes religiosas.

«Não podemos sofrer represálias por mudar de crença ou ser anti-crente», sustentou à Lusa.

A AAP defende «os interesses comuns a todos os que escolhem viver sem religião, defendendo o direito a essa escolha e a laicidade do Estado, e combatendo a discriminação e os preconceitos pessoais e sociais que possam desencorajar quem quiser libertar-se da religião que a sua tradição lhe impôs», conforme refere o «Manifesto Ateísta» da associação.

«O direito de não ter religião, ou de ser contra, é igual ao direito inalienável de crer, deixar de crer ou mudar de crença, sem medos, perseguições ou constrangimentos», sublinha o manifesto.

No «Manifesto Ateísta», a associação saúda ainda «todos os livres-prensadores: ateus, agnósticos e cépticos», que «dispensam qualquer deus para viverem e promoverem os valores da liberdade, do humanismo, da tolerância, da solidariedade e da paz».

«O direito de não ter religião, ou de ser contra, é igual ao direito inalienável de crer, deixar de crer ou mudar de crença, sem medos, perseguições ou constrangimentos», acrescenta.

FonteSol, 03 de Junho de 2008.

terça-feira, abril 08, 2008

Xa podes ter windows en galego


Moitos de nos, sempre esperamos que o instalar a nosa copia de Windows algunha vez aparecera a opción de galego e que despois tiveramos unha interfaz de Windows na nosa lingua, tiñamos ferramentas de algunhas almas caritativas que nos permitían modificar algúns menús, pois agora por fin podemos baixar o parche, no seguinte link: http://www.microsoft.com/spain/gal/failleunclic/descargas.aspx e a disfrutar dos PC na nosa lingua. Iso sí, para Windows pide a autentificación de Windows orixinal, así que xa sabedes absterse os que o teñades pirateado. Tamén existe o parche par Office 2003 e 2007.

domingo, março 30, 2008

A web de Salvemos Monteferro, Premio Nano Cambeiro de Xornalismo

A web da plataforma Salvemos Monteferro, da que xa temos falado nesta páxina (por exemplo, con motivo da publicación dun estudo sobre a contaminación na Ría de Vigo), vai recibir este venres un importante recoñecemento ó seu labor comunicativo e, sobre todo, á súa capacidade de convocatoria cidadá. Máis concretamente, a páxina recibirá o V Premio Nano Cambeiro de Xornalismo, segundo informa Vieiros

O certo é que a web galardoada é xa un referente como exemplo de aproveitamento da Rede como altofalante para a defensa do noso medio, tanto no que se refire ó Monte Ferro (espazo natural ameazado en Nigrán polo urbanismo 
ó que conseguiron pórlle freo os integrantes da plataforma) como ó resto dos enclaves naturais galegos. 

O caso é que este venres ás 20.30 no Pazo da Escola de Mañufe (Gondomar), a web dende a que se acadaron 10.000 sinaturas para impedir o estragamento do dito monte e dende a que se informou á comunidade internauta do problema do urbanismo en Nigrán (chegou a superar xa as 40.000 visitas), vai recibir o quinto Premio Nano Cambeiro de Xornalismo de mans do Instituto de Estudos Miñoranos.


A información sobre o audiovisual galego repítese en máis de dez portais de Internet


Na rede existen máis de tres catálogos de producións audiovisuais feitas no noso país ademais de múltiples portais nos que coñecer a actualidade informativa. Isto, sen ter en conta que cada produtora conta co seu propio sitio web no que dá conta dos seus traballos. No fondo acaba por evidenciar unha abondosa redundancia informativa tanto en sitios mantidos por entidades públicas como privadas.

Audiovisualdegalicia.es, Axenciaaudiovisualgalega.org, AVG, cinegalego.es, Consorcioaudiovisualdegalicia.es…. son só algúns dos nomes dos dominios que existen na rede con información relativa ao sector audiovisual. Desde que en 1996 Margarita Ledo crease, no seo da Universidade de Santiago, o “Observatorio do Audiovisual Galego” foron agromando múltiples iniciativas, iso si, todas abandeiradas baixo a intención de “fomentar e potenciar” o audiovisual da terra.

Similitudes e diferenzas
En primeiro lugar, o denominador común a todas as iniciativas que se manteñen na rede arredor diso que chamamos “audiovisual galego” teñen como principal fío común promover o audiovisual. Así, no web da “Axencia Audiovisual Galega” o obxectivo que figura “é consolidar un audiovisual con identidade de seu e fortaleza suficiente para situarse nun mundo globalizado”. Para a ferramenta “Cinegalego.es” o sitio web é “unha nova vía para a promoción e difusión das obras feitas en Galicia” e, entre os seus obxectivos, figura “promocionar o noso audiovisual e servir de apoio ás accións de márketing desenvolvidas polas produtoras e distribuidoras”. AVG, o primeiro portal informativo nesta materia leva a etiqueta de “O soportal do audiovisual galego”.

Todos os sitios web que aparecen detallados a continuación teñen unha sección informativa para atender aos feitos de actualidade, e ademais desta multiplicidade informativa hai tamén varios catálogos onde coñecer os detalles das producións. Pero non todos manexan as mesmas cifras. AVG ten 3.389 entradas (entre producións, entidades e profesionais), a Axencia Audiovisual Galega ten 3.625 (entre producións e profesionais), Cinegalego.es ten 246 traballos. Isto, máis o “agregador” de “Audiovisualdegalicia.es” que, tal e como se dixo na súa presentación pretende agrupar os contidos dos diferentes portais. Estes tres catálogos parten dunha mínima información común (sinopse, ficha técnica e ficha artística) pero hai diferencias notorias entre eles. Para comprobar as peculiaridades e as diferenzas recomendamos un paseo atento pola rede e, para os que o prefiran, aquí teñen unha análise de cada sitio web (ordenadas por data de creación do sitio web).

+ info en Cultura Galega

domingo, março 16, 2008

Internet chega aos autobuses da man de dúas empresas galegas (unha delas ubicada en As Pontes)

                                                       Router desenvolvido por Arteixo Telecom e Level Telecom

O feito de acender un ordenador, premer nun navegador calquera e acceder a Internet é unha rutina que na actualidade se pode facer practicamente dende calquera recuncho do planeta grazas ás redes de conexión sen fíos que xa hai en moitos puntos da nosa xeografía.
Agora, grazas á aposta pola innovación de dúas empresas galegas, Arteixo Telecom e Level Telecom, fozar polas distintas webs ou consultar o correo electrónico mentres se viaxa en autobús xa é unha realidade ó alcance dos clientes dalgunhas das compañías de transporte interurbano por estrada máis importantes de España.

Grazas ó router wifi ReVisio, desenvolvido e fabricado polas devanditas empresas galegas, os pasaxeiros de tres importantes compañías de transporte que operan na nosa comunidade xa poden acceder á Rede por banda larga sen absolutamente ningunha liña de cable fixa a unha velocidade de ata 7,2 Mbits por segundo (tres veces máis veloz que a meirande parte das liñas ADSL).

As empresas de transporte interurbano que na actualidade ofrecen este servizo de conexión WiFi en Galicia son Alsa, que posibilita a conexión aos clientes dos autocares da súa Clase Supra e Arriva Noroeste, que comezou por ofrecer conexión sen fíos nos seus autobuses da liña que une A Coruña con Ferrol e que conta cunha media de 20.000 usuarios ó mes. En ámbolos dous casos é Vodafone o operador de telefonía móbil proveedor da conexión.
A estas dúas compañías súmase Monbús, que comezou a instalar o router de Arteixo Telecom e Level Telecom nalgún dos seus autobuses.

domingo, fevereiro 10, 2008

terça-feira, fevereiro 05, 2008

Felices Lecturas, o blog do IES Moncho Valcarce


Para os amantes da lectura, invitarvos a visitar o blog Felices Lecturas, creado por docentes do IES Moncho Valcarce que traballan para dinamizar a Biblioteca do Centro. Durante o ano 2.008 o tema das lecturas será o terror.... FELICES PESADELOS.

terça-feira, janeiro 29, 2008

O PP de O Grobe retoma a súa batalla contra os blogs locais por consideralos ofensivos


Recibimos un correo que reproducimos no noso blog, ao tempo que nos solidarizamos que autora do blog denunciado.

Queridos amigos, me llamo Sol Costas y soy la autora del blog http://ogrobe.blogspot.com denunciado por el PP en el Juzgado de Cambados http://www.20minutos.es/noticia/197087/0/pp/gallego/blog/

Os escribo para comentaros que de nuevo nos estan atacando: O PP de Ogrobe retoma a súa batalla contra os blogs locais por consideralos ofensivos. Desde O Grove reclaman unha normativa que saque do seu anonimato aos responsables destas webs

Un año después de que el PP iniciara una batalla legal contra dos blogs de Cambados y O Grove por estimar ofensivos sus contenidos, los populares grovenses devuelven el asunto a la actualidad.

TE DEJO EL ENLACE A MI BLOG EN GALLEGO.
http://ogrobe.blogspot.com/2008/01/actitudes-covardes.html

LA VOZ DE GALICIA EN CASTELLANO: http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/01/22/0003_6499856.htm

Si quereis alguna aclaración ó cualquier otra cosa no dudeis en escribir a mi correo.

Un saludo

domingo, janeiro 27, 2008

Internet e Mass Medias na cita electoral do 9M


O debate político na Internet entre Zapatero e Rajoy proposto por 20 Minutos podería quedar en nada por culpa en boa medida das canles de televisión, que durante o día de onte se lanzaron en masa a emular á iniciativa emprendida por YouTube e a CNN para crear uns debates electorais coa participación dos cidadáns a través da Internet.

TVE, Antena 3 e LaSexta parecen ser as canles que se enredan nesta absurda loita na que todos parecen querer ser os pioneiros nun formato de interactividade copiado dos EE.UU.

A primeira canle en sumarse a esta nova tendencia foi Televisión Española, que estreou unhcanle electoral en YouTube na que os cidadáns poderán enviar preguntas en vídeo dirixidas ós candidatos, das que as seleccionadas se emitirán por TVE dentro dos programas de entrevistas que se retransmitirán nos vindeiros días, podendo tamén os internautas botar polas súas preguntas favoritas a partir do 14 de febreiro.

Esta nova plataforma se promocionará a través dunha web de RTVE na que se explican os detalles desta iniciativa, dando consellos a quen desexe participar (coma que os seus vídeos non duren máis de 30 segundos, que se identifique o autor ou destacar pola orixinalidade).

Segundo Rosalía Lloret, directora de Medios Interactivos de RTVE, esta iniciativa nace «a raíz do éxito do programa Tengo una pregunta para usted» e pretende«fomentar a participación cidadá no proceso político».

Reaccionando a toda velocidade ó anuncio de RTVE, dende Antena 3 tamén estrean unha canle en YouTube, que complementará á web electoral dos seus servizos informativos. Dende Antena 3 aseguran que as preguntas remitidas en vídeo polos internautas se poderán ver en seccións especiais de Espejo Público e 360 grados, así como nas distintas edicións de Antena 3 Noticiasemitíndose as cuestións máis orixinais e as que non foran abordadas polos diferentes programas dos partidos políticos.

Amais, tamén levarán a comunicación das eleccións ós novos soportes coma Internet, a telefonía móbil (SMS, MMS, WAP, vídeo baixo demanda e televisión móbil), televisión por Internet, etc.

LaSexta decidiu seguir o mesmo camiño que o resto de canles televisivas, aínda que dun xeito menos áxil, pois a súa aposta céntrase na creación da web TúPreguntas.com, que non estará operativa ata o vindeiro luns.

A iniciativa de LaSexta preséntase coma un reto lanzado a Zapatero e Rajoy, para que respondan ás preguntas dos internautas ós dous líderes políticos, seleccionando as máis orixinais e incisivas para un potencial debate televisivo desta canle.

LaSexta permite o envío de preguntas a través de webcam na súa web especial, remitindo o enderezo dun vídeo subido a YouTube e mesmo escribindo a pregunta en texto (sen vídeo). Os usuarios da web tamén poderán opinar sobre as preguntas enviadas e intercambiar ideas con outros cidadáns.

Quén da máis?

OGSI publicou o monográfico "O uso de Internet nas redes sociais de Galiza"



O monográfico do OBSERVATORIO GALEGO DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN analiza as novas ferramentas sociais que existen para que os galegos se comuniquen na Rede.

No estudo O uso de Internet nas redes sociais de Galiza, María Yáñez e Berto Yáñez, dous especialistas na materia e con ampla experiencia en Chuza.org, ofrecen unha exposición clara e simple sobre a expansión das redes sociais en Galiza grazas a aparición de Internet. O monográfico traza unha breve historia desde os seus inicios das rede sociais, a súa potenciación a través do uso das novas tecnoloxías e analiza as novas ferramentas sociais que existen para que os galegos se comuniquen na Rede.

O Observatorio Galego inicia, coa publicación deste estudo, a edición dunha serie de dossieres de carácter divulgativo elaborados por grupos de experto sobre diversos aspectos da Sociedade da Información co obxectivo, ditado polo PEGSI, de achegar este coñecemento á sociedade galega.

Os blogs, fotoblogs, MySpace ou Facebook son algunhas das novas tendencias analizadas neste dossier como exemplo das novas formas de organización social en rede que evoluíron coa aparición de Internet. O estudo sinala que en Galiza hai dúas redes principais de blogs: A Blogoteca, que conta con máis de 1.000 blogs e unha media de 65 blogs novos ao mes, e Blogaliza, na que se crean máis de 70 blogs ao mes.

Entre as redes sociais de novas, o estudo destaca a Chuza.org como unha das redes máis consolidadas e con maior tráfico de novas e usuarios. A día de hoxe, con pouco máis de 20 meses de vida, Chuza superou os 2.000 usuarios e as 10.000 visitas diarias.

Galipedia, versión en galego da wikipedia, é outros dos fenómenos examinados no dossier. A súa gran achega está na creación de contidos propios, información de ámbito galego que non se pode atopar en ningunha outra wikipedia do mundo. A Galipedia supera xa as 29.000 entradas e conta con 2.700 usuarios.

Finalmente o estudo realiza unha reflexión da influenza de Internet e as novas ferramentas sociais nos medios de comunicación.

A forma de publicación destes informes correspóndese coa iniciativa CES-LA2-I4 Acceso libre aos contidos de orixe pública, do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI). Os monográficos distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative Commons e están dispoñibles na web do OGSI.

sábado, janeiro 19, 2008

Choiva Azeda súmase a iniciativa "Por un debate en Internet entre Zapatero e Rajoy"

A asociación Choiva Azeda, a través do seu blog, súmase á iniciativa promovida polo xornal 20minutos.es na que se pide que os dous principais representantes políticos en España fagan un debate por internet. 

Esta iniciativa está sendo apoiada polos medios de comunicación xeneralistas coma elpaís.comelmundo.espúblico.eslavanguardia.eselperiodico.com, xunto con outros medios dixitais tales como Buttop, servizos web como Terra e Twitter (a través do que os internautas poderán enviar as súas preguntas aos políticos) e numerosos blogs. 

Pra máis datos está dispoñible a web www.porundebateeninternet.com

OS CIDADÁNS XA ESTAMOS FARTOS DE DEBATOS PACTADOS E QUEREMOS DEBATES REAIS.

domingo, janeiro 13, 2008

Novo portal de comunicación da Rede de Acción Sociocultural Arredemo


O vindeiro sábado 19 de xaneiro a Rede de Acción Sociocultural Arredemo presenta o seu novo portal de comunicación no Instituto Galego de Información (IGI) a días escasos do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do Grupo Sargadelos e da máis que posible liquidación do proxecto cultural a el asociado. No contexto desta agresión e aloxado no portal, reábrese o Foro Negro (ver anterior edición) como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural. 

Arredemo invita a participación na construción da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo contribuíndo a tecer a rede de todas e todas. 

Para confirmar a asistencia individual ou de colectivos escribir un correo a: foronegro@arredemo.info

sábado, janeiro 12, 2008

Galicia apiques de contar cun Cluster das empresas de Tecnoloxías de Comunicación e Información (TICs)


O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, confirmou este mércores perante os medios informativos que o 31 de xaneiro se formalizará o Clúster TIC de Galiza, previsto no Plano Galego da Sociedade da Información.

Blanco fixo fincapé na necesidade de dotar a Galiza de mellores infraestruturas para universaliza-la Sociedade da Información, que deben ir acompañadas dun traballo didáctico para que os cidadáns coñezan as novas tecnoloxías. O conselleiro amosouse convencido de que a nosa terra rematará por converxer co Estado nesta materia, aínda que o maior reto é converxer con Europa, sinalou.

O devandito Clúster, precisamente, será unha das grandes apostas da Xunta nestes obxectivos. Este proxecto,presentado e formalizado o pasado mes de maio en Santiago, abranguerá esforzos e proxectos de asociacións empresariais e profesionais galegas da electrónica, a informática e as TICs. 

Formas de compartir e de aprender

Recibimos un e-milio de Ana María informándonos de 2 enlaces moi xeitosiños para o intercambio e fomento da cultura, permitíndonos compartir libros e postais ao redor do mundo.

O primeiro é BookCrossing, un proxecto que permite compartir a paixón pola lectura con máis de 625.000 persoas de máis de 130 países. Para participar neste proxecto, só é preciso rexistrarse -de balde-, na páxina web e seguir as instruccións para incluir ou solicitar os libros que forman parte dos fondos.

Así que se vos anímades a colaborar en facer unha biblioteca universal e a compartir a ledicia 
da alfabetización, a vosa web é www.bookcrossing.com

O segundo enlace é PostCrossing, que facilita o contacto de persoas dispostas a compartir postais en papel de todos os lugares da Terra (con maiúsculas). Pra saber máis visitade a web http://www.postcrossing.com

Graciñas Ana, un pracer.

quinta-feira, dezembro 27, 2007

A Casa da Enerxía: un proxecto sen explicar

A CASA DA ENERXÍA, si señor, un dos proxectos máis controvertidos e dos que máis se ten falado na derradeira década, xa abríu as súas portas, pero aínda se descoñece que hai realmente tras os seus muros de formigón.

O local será a sede da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), entidade cuxo fin principal é "a mellora e o aproveitamento dos recursos enerxéticos provinciais, así como a sensibilización das autoridades locais, as empresas e os cidadáns sobre a escaseza de recursos enerxéticos" (case nada).

Para os máis interesados podedes consultar a súa web. 

Nós, congratulámonos de que por fin teñamos un museo no pobo (o etnográfico non conta porque é propiedade dun colexio)... por qué tamén é un museo non sí? Esperemos que nos vaian explicando que é a famosa casa, porque non esquezamos que é unha inversión dos pontes@s.

E sentímolo polos grafiteros e os porretas, que agora teñen un sitio menos para o seu esparcimento cotiá.

sexta-feira, dezembro 21, 2007

Amigus Party


Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, outra vez co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESAmancomun.org, o CESGA, a Consellería de Innovación e Industria, e Openor 

Para asistir á amigus-party nadal-2007 debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

- CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo!).
- Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45.
- Regreta de enchufes.
- Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
- D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

- Un desparafusador de estrela, para poder abri-lo teu PC se algo falla.
- Un CD de instalación do sistema operativo e os drivers das tarxetas que teñas instaladas.
- Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a amigus-party nadal-2007, e que instales un antivirus.

Os horarios da 
amigus-party nadal-2007 son os seguintes:

A montaxe será o mercores 26 a partir das 20:30 no Lar
Abrimos o xoves as 10:00 do mediodia ata as 02:00am do venres
O venres empezaremos as 10:00 da maña ata o sábado as 14:30 da tarde. Se a noite do venres vemos que fai falla pechar, se abriría de novo o sábado as 10 da maña.

O prazo de inscripcion remata o 
26 de decembro , a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario 

campionatos de @migus

Ademáis, nesta edición da amigus-party temos campionatos de Warcraft 3 Frouzen TroneCounter Strike 1.6 torneo 5 vs 5Call of Duty PC vs MAC e campionatos coa XboxNintendo Wii e a PS3 .

CS 1.6 Torneo 5 vs 5

-MR15 (millor de 15 rondas)
-Elección de bando por sorteo ou pacto entre equipos
-Tempo de ronda 2 minutos e Freezytime 7 segundos.
-Bomba 35 segundos.
-Mapas: de_dust2, de_aztec, de_inferno

En función da xente que se inscriba, o campionato consistirá nunha primeira fase de grupos y despois eliminatorias directas a dobre mapa.

Call of Duty 2 PC vs MAC

Modo de xogo , a decidir co persoal dispoñible para o partido.

Warcraft 3 Frouzen Trone 

Tes as bases a descarga no seguinte 
enlace (pdf)

quarta-feira, dezembro 12, 2007

CONCURSO PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES. 22.000 € EN PREMIOS


Xa está aberto o prazo para a presentación de candidaturas á VIII edición do CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS INNOVADORES DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA para premiar a aqueles emprendedores e emprendedoras das universidades galegas e dos centros asociados da UNED en Galicia que presenten un PROXECTO EMPRESARIAL INNOVADOR.

O obxectivo é impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados e licenciadas ou investigadores e investigadoras, así como a innovación empresarial e a xeración de emprego.


PREMIOS DO CONCURSO:

BASE TECNOLÓXICA:

Primeiro premio: 9.000 euros + ata 24.000 € de financiamento mediante préstamo participativo

Segundo premio: 5.000 euros

EMPRESA XOVE: 2.000 euros

MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros

PROXECTO MEDIOAMBIENTAL: 2.000 euros

PROXECTO CON SENSIBILIDADE SOCIAL: 2.000 euros


O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xaneiro de 2008 ás 14.00 Para máis información, consulta as bases en


Programa UniemprendeUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA http://www.uniemprende.es/

segunda-feira, dezembro 10, 2007

A plataforma Merexo non se vende convoca á comunidade internauta en axuda desta paraxe

Para cada medida das administracións que vén envolta en controversia e que non convence a unha parte dos cidadáns, hai unha resposta. E a Rede é cada vez máis o sitio onde se emite cara ó mundo esa resposta. Así o puidemos constatar en iniciativas como Salvemos Monteferro, SOS Courel, A Ría non se vende, ou a de Amigus nas Pontes a prol da conservación do Círculo Lítico da Mourela. Este tipo de mobilizacións, que son como un aviso de que Internet e todas as cousas que a rodean serven como plataforma de diálogo pero tamén como observatorio e medida de presión, comparte feitura e fondo con Merexo non se vende, que é froito da oposición dun colectivo de veciños de Muxía á chegada dunha nova planta acuícola á dita paraxe de Merexo.

A cuestión é esta: o proxecto de construción dun complexo empresarial que ocuparía 270.000 metros cadrados de costa para o cultivo e crianza do rodaballo non convence ós veciños. Estes, co fin de mobilizar á restante comunidade internauta, veñen de habilitar na web seccións encamiñadas a recadar sinaturas de apoio e a achegar material de todo tipo sobre a orixe deste problema e as súas consecuencias (inclúense imaxes do presente de Merexo e do futuro, cando estea ocupado polas piscinas da planta acuícola).

A páxina tamén ofrece unha galería fotográfica sobre as mobilizacións organizadas até o de agora, o decálogo dos veciños en contra do Plan Galego de Acuicultura da Xunta e mesmo unha pequena pero fermosa escolma de fotos históricas desta vila da Costa da Morte.

Información de Código Cero

domingo, dezembro 09, 2007

ArtesaniadeGalicia.org pon os obradoiros galegos na Rede

Nestas datas nas que adoitamos a estrugar os miolos pensando no mellor agasallo para os nosos amigos, irmás, curmáns e demais familia e achegados, non podía vir máis a conto a páxina web Artesanía de Galicia.

Esta web, á que se pode acceder dende finais do pasado mes de novembro, funciona agora a modo de escaparate dos produtos manufacturados tradicionais do país, para que podamos botarlle unha ollada rápida e facernos co mellor obsequio para os nosos seres queridos (sobre todo se lles gusta a artesanía galega) logo de localizar o artesán que nos colla máis preto. O portal ofrece múltiples ferramentas entre as que cómpre salientar un buscador, unha axenda de eventos, un localizador de artesáns e un arquivo de documentos.

ArtesaniadeGalicia.org ofrece unha perfecta visión do conxunto do sector e preséntase como unha completa guía con toda a información de tódolos obradoiros artesanais galegos.
A web, que está traducida ó galego, ó castelán e ó inglés, permite contactar directamente cos obradoiros e visualizar as pezas de artesanía así como realizar procuras por comarcas ou por tipos de produtos.

información de Código Cero