Mostrar mensagens com a etiqueta recollida de sinaturas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta recollida de sinaturas. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, julho 17, 2008

CIBERACCIÓN: "O EUME MORRE"



Medio Ambiente vén de culpar (9 de xullo) ás obras da autovía Ferrol-Vilalba da acidez no Eume, causa da morte dos peixes. Días antes (1 de xullo) para a consellaría o responsábel era o encoro do Eume, que explota Endesa. E non esquecimos a rocambolesca explicación ofrecida pola consellaría de Manuel Vázquez (25 de xuño) culpando da catástrofe ás "características xeolóxicas da canle", isto é, ao propio Eume. Diante deste paripé, ADEGA trasladará á Fiscalía de M. A. o ocorrido no río, para investigar o proceder da administración e depurar as responsabilidades neste atentado ecolóxico.

Tí podes esixir á administración que tome medidas urxentes para recuperar o ecosistema do Eume e o Chamoselo e que namentras non se leven adiante medidas correctoras, se suspenda a pesca no Eume entre As Pontes e a desembocadura. Tamén, podes esixir da administración máis transparencia e rigor á hora de determinar a orixe da acidificación e a morte dos peixes, probabelmenmte debida á "limpeza" do encoro da Capela. Dende a web de www.vadeando.com podes facer chegar a túa protesta á Consellaría de Medio Ambiente.

domingo, março 30, 2008

A web de Salvemos Monteferro, Premio Nano Cambeiro de Xornalismo

A web da plataforma Salvemos Monteferro, da que xa temos falado nesta páxina (por exemplo, con motivo da publicación dun estudo sobre a contaminación na Ría de Vigo), vai recibir este venres un importante recoñecemento ó seu labor comunicativo e, sobre todo, á súa capacidade de convocatoria cidadá. Máis concretamente, a páxina recibirá o V Premio Nano Cambeiro de Xornalismo, segundo informa Vieiros

O certo é que a web galardoada é xa un referente como exemplo de aproveitamento da Rede como altofalante para a defensa do noso medio, tanto no que se refire ó Monte Ferro (espazo natural ameazado en Nigrán polo urbanismo 
ó que conseguiron pórlle freo os integrantes da plataforma) como ó resto dos enclaves naturais galegos. 

O caso é que este venres ás 20.30 no Pazo da Escola de Mañufe (Gondomar), a web dende a que se acadaron 10.000 sinaturas para impedir o estragamento do dito monte e dende a que se informou á comunidade internauta do problema do urbanismo en Nigrán (chegou a superar xa as 40.000 visitas), vai recibir o quinto Premio Nano Cambeiro de Xornalismo de mans do Instituto de Estudos Miñoranos.


terça-feira, março 25, 2008

CRISE NO TIBET - APOIA AO DALAI LAMA

Logo de décadas de represión o pobo tibetano saíu ás rúas a pedirlle ao Mundo que os axude a obter xustiza. O goberno chinés está no proceso de decidir entre máis represión ou o tan esperado diálogo que podería cambiar o futuro do Tibet.

¡ Sexamos protagonistas dun momento histórico! Cos Xogos Olímpicos en camiño e a importancia das exportacións, China é máis sensible que nunca á opinión pública mundial. Só unha avalancha de protesta por todo o Mundo poderá chamar a atención do goberno Chinés, e a comunidade Avaaz debe xuntar o maior numero de firmas posibles para esta campaña.

O Dalai Lama fixo un chamado o cesamento das hostilidades e ao diálogo, e necesita o apoio do Mundo. Por favor, asina (xa somos case 1 MILLÓN) e corre a voz.

PARA ASINAR:
http://www.avaaz.org/es/tibet_end_the_violence/11.php?cl=64137893

sábado, março 15, 2008

Guillermo Vargas Habacuc. Arte ou narcisismo patolóxico?





RECIBIMOS NOS DERRADEIROS DÍAS UN MESMO CORREO DENDE VARIOS AMIG@S NO QUE SE CHAMA A ATENCIÓN DUN CASO, QUE FAINOS ESTREMECERNOS E DUBIDAR DA SUPOSTA RACIONALIDADE DO SER HUMANO, E INCLUSIVE DA SÚA HUMANIDADE=SENSIBILIDADE. SIMPLEMENTE GROTESCO.


Guillermo Vargas Habacuc es un costarricense que dice ser artista. En agosto hizo una exposición en una galería de Managuay, tras atar a un perro a una pared, lo dejó morir de hambre. Según él, esa sádica, bárbara y necia obviedad era una manifestación artísticaEn  pueden verse fotos estremecedoras del pobre animal. La noticia ha llegado ahora hasta mis manos empujada por una campaña internacional de recogida de firmas para evitar que ese matarife acuda en 2008 a la Bienal Centroamericana de Honduras.

¿Te parece fuerte?

Pues eso no es todo: la prestigiosa Bienal Centroamericana de Arte decidió, incomprensiblemente, que la salvajada que acababa de cometer este sujeto era arte, y de este modo tan incomprensible Guillermo Vargas Habacuc ha sido invitado a repetir su cruel acción en dicha Bienal en 2008.  
¡¡IMPIDÁMOSLO!!!
 
Firmad aquí: http://www.petitiononline.com/13031953/petition.html (no hay que pagar, ni registrarse, ni nada peligroso, y merece la pena)  para enviar una petición y que este hombre no sea felicitado ni llamado 'artista' por tan cruel acto, por semejante insensibilidad y disfrute con el dolor ajeno. 

quinta-feira, março 13, 2008

¿Garantías diplomáticas? Asina Xa!!


O Goberno español non debería extraditar ao cidadán checheno Murat Gasayev á Federación Rusa, aceptando unhas "garantías diplomáticas" que non son máis que papel mollado e incumpren aa lexislación internacional.

De levarse a cabo a extradición, Gasayev correría o risco de sufrir tortura e malos tratos e así como seren sometido a un xuizo sen garantías.

Asina para impedir que o goberno español autorice unha extradición que violaría as obrigas internacionais de non devolver a ninguén a un país no que poda sufrir tortura.

sábado, janeiro 19, 2008

Choiva Azeda súmase a iniciativa "Por un debate en Internet entre Zapatero e Rajoy"

A asociación Choiva Azeda, a través do seu blog, súmase á iniciativa promovida polo xornal 20minutos.es na que se pide que os dous principais representantes políticos en España fagan un debate por internet. 

Esta iniciativa está sendo apoiada polos medios de comunicación xeneralistas coma elpaís.comelmundo.espúblico.eslavanguardia.eselperiodico.com, xunto con outros medios dixitais tales como Buttop, servizos web como Terra e Twitter (a través do que os internautas poderán enviar as súas preguntas aos políticos) e numerosos blogs. 

Pra máis datos está dispoñible a web www.porundebateeninternet.com

OS CIDADÁNS XA ESTAMOS FARTOS DE DEBATOS PACTADOS E QUEREMOS DEBATES REAIS.

domingo, janeiro 13, 2008

Kenia: ¿Violencia ou democracia?

A semana pasada, nun escrutinio cheo de irregularidades, o actual presidente Mwai Kibaki venceu nas eleccións en Kenia ante o opositor Raila Odinga, quen dominaba nas sondaxes. Desde entón unha onda de violencia ameaza a seguridade e a precaria estabilidade do país africano. Da noite para a mañá un dos países máis prósperos de África estase afundindo nunha violencia sistematizada que podería converterse nunha guerra civil. O Mundo debe reaccionar. Non podemos quedarnos cos brazos cruzados, debemos actuar rapidamente. O arcebispo Desmond Tutu, Nóbel da Paz, está en Nairobi xunto cunha delegación da Unión Africana, co obxectivo de mediar un diálogo e organizar unha revisión dos resultados. 

Para que as negociaciacións funcionen, a comunidade internacional non pode recoñecer a un goberno ilexítimo. E é aquí onde o poder da comunidade Avaaz entra en acción.  

Utilizando o noso sitio, podes mandar unha mensaxe rápida o teu goberno, pedíndolle que non recoñeza ao novo réxime kenyano ata que as eleccións sexan investigadas por unha comisión independente. 

Cando poñas o teu nome e o teu país, o noso sistema encherá automaticamente o enderezo e nome do representante político adecuado: http://www.avaaz.org/es/kenya_free_and_fair/7.php/?cl=49479751

A situación podería empeorar—por favor, tómate minuto para enviar unha mensaxe o teu goberno agora mesmo.  

Con esperanza, Paul, Ricken, Ben, Galit, Milena, Pascal e todo o equipo de Avaaz  

Para saber + sobre o tema, podes consultar os seguintes artigos de prensa:


segunda-feira, dezembro 10, 2007

A plataforma Merexo non se vende convoca á comunidade internauta en axuda desta paraxe

Para cada medida das administracións que vén envolta en controversia e que non convence a unha parte dos cidadáns, hai unha resposta. E a Rede é cada vez máis o sitio onde se emite cara ó mundo esa resposta. Así o puidemos constatar en iniciativas como Salvemos Monteferro, SOS Courel, A Ría non se vende, ou a de Amigus nas Pontes a prol da conservación do Círculo Lítico da Mourela. Este tipo de mobilizacións, que son como un aviso de que Internet e todas as cousas que a rodean serven como plataforma de diálogo pero tamén como observatorio e medida de presión, comparte feitura e fondo con Merexo non se vende, que é froito da oposición dun colectivo de veciños de Muxía á chegada dunha nova planta acuícola á dita paraxe de Merexo.

A cuestión é esta: o proxecto de construción dun complexo empresarial que ocuparía 270.000 metros cadrados de costa para o cultivo e crianza do rodaballo non convence ós veciños. Estes, co fin de mobilizar á restante comunidade internauta, veñen de habilitar na web seccións encamiñadas a recadar sinaturas de apoio e a achegar material de todo tipo sobre a orixe deste problema e as súas consecuencias (inclúense imaxes do presente de Merexo e do futuro, cando estea ocupado polas piscinas da planta acuícola).

A páxina tamén ofrece unha galería fotográfica sobre as mobilizacións organizadas até o de agora, o decálogo dos veciños en contra do Plan Galego de Acuicultura da Xunta e mesmo unha pequena pero fermosa escolma de fotos históricas desta vila da Costa da Morte.

Información de Código Cero

quinta-feira, dezembro 06, 2007

ÚNETE AO DÍA INTERNACIONAL DE ACCIÓN CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Amig@s,

O momento que tanto esperabamos chegou. O cume internacional sobre cambio climático máis importante desde Kyoto é esta semana en Bali, Indonesia. Representantes dos nosos gobernos terán a oportunidade de previr—dunha vez por todas—unha crise climática. Con todo intereses económicos moi poderosos seguen intentando retardar o proceso—e por iso debemos facer oír as nosas voces en Bali. Este sábado, Avaaz está organizando unha marcha virtual como parte do día internacional de acción contra o cambio climático.

Para asegurar que nos escoiten en Bali, activistas de Avaaz en Indonesia levarán bandeiras e carteis indicando cantas persoas en cada país asinaron a petición pedindo un novo acordo mundial sobre o cambio climático. Aínda que non esteamos alí, os nosos representantes saberán que estamos pondo atención e que non queremos que volvan de Bali cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha. Segue o enlace seguinte para asinar a petición, e se xa asinaches, utiliza o o formulario ata abaixo da páxina para invitar aos teus amigos e familia a que participen. ¡Tomarache só un momento!

ASINA CLICANDO AQUÍ.

E lembra o proverbio masai que di:
"A TERRA NON A HERDAMOS DOS NOSOS PAIS:
PEDÍMOSLLA PRESTADA AOS NOSOS FILLOS"

domingo, outubro 21, 2007

Violencia bestial contra animais indefensos


O seguinte enlace é un video moi impactante e pode ferir a vosa sensibilidade. O documento trata da forma en que son despelexados os animais criados pola súa pel.

http://www.petatv.com/tvpopup/video.asp?video=fur_farm&Player=wm&speed=med


A organización en defensa dos dereitos dos animais PETA solicita que se estás en contra de estes comportamentos, envíes o teu nome, apelidos, dni e enderezo ao seguinte e-mail: PETA2@peta.org, ca finalidade de solicitar unha lei que castigue severamente estes actos.
Graciñas pola aviso, a nosa amiga Jacqueline Cruz.

quarta-feira, outubro 10, 2007

Marcha Nacional contra o Plano Acuícola


Hoxe, 10 de outubro, presentamos publicamente en Compostela a MARCHA NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA convocada por plataformas sociais e colectivos de afectados/as de toda a costa galega.

Baixo o lema POLA TUA COSTA, POLO TEU MAR: NON AO PLANO ACUÍCOLA faise un chamamento a todas as xentes de ben do país a berrar contra esta aberración ambiental, social e económica á que nos quere condear a Xunta. No Porto de Corrubedo, o domingo 4 de novembro de 2007 ás 12 da mañá. NON LLE FALLES AO NOSO LITORAL, NON LLE FALLES AO PAÍS!DIFUNDE ESTA MENSAXE!!

RECURSOS de APOIO á MARCHA:






PODEDES SEGUIR ENVIANDO ADHESIÓNS A: corrubedo@altermundo.org

CONVOCAN: ADEGA, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª, Asociación Altofalante (Ribeira).

COLECTIVOS QUE APOIAN (a 10 de outubro): Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín.


domingo, setembro 30, 2007

Avaaz solicita sinaturas para apoiar as protestas prodemocracia en Birmania


As protestas en MYANMAR (antiga Birmania) propagáronse rapidamente, a resposta internacional crece e os xenerais birmanos entran en pánico. A xunta militar birmana prohibiu hoxe as reunións de máis de 5 persoas e enviou miles de tropas para que controlen as rúas: aínda así, marchan os monxes e os manifestantes. Oficiais desesperados golpearon, lanzaron gas lacrimóxeno e dispararon ao seu propio pobo; infórmase que feriron con balazos a cinco monxes en Rangoon. Só unha iniciativa contundente conseguirá previr unha masacre como a ocorrida en 1988. Máis de 200.000 persoas de 192 países diferentes xa asinaron a nosa petición global de urxencia.

Por favor, feixe clic no enlace a continuación para asinar, logo envía este correo electrónico a outras persoas para que tamén poidan axudar. Cada día enviaremos a petición actualizada ao goberno chinés e aos membros do Consello de Seguridade da ONU.

Requirimos os poderes da ONU —sobre todo de China, que controla economicamente ao réxime birmano— para presionar de xeito decisivo e deter a violencia e para actuar como intermediario nunha transición pacífica. De non intervir, haberá masacres abruptas. Os manifestantes declararon que non van retroceder. Os birmanos demostraron a súa valentía. As escenas abundan nas pantallas dos nosos televisores: agora é o mundo quen debe actuar. http://www.avaaz.org/es/stand_with_burma/o.php/?cl=21094099