Mostrar mensagens com a etiqueta voluntariado virtual. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta voluntariado virtual. Mostrar todas as mensagens

terça-feira, julho 08, 2008

Debuxos animados contra a outra cara dos xogos olímpicos chineses


Amnistía Internacional golpea de novo ao Goberno chinés. Coa publicidade como arma e, como fin, a concienciación de que un país que tortura non pode acoller uns Xogos Olímpicos.

Os abusos dos dereitos humanos en China centran a nova campaña da organización internacional, que decidiu ilustrar con debuxos animados un tema tan delicado como os abusos de dereitos humanos.

O anuncio, que dura 40 segundos, poderase ver en internet coincidindo coas Olimpiadas de Pekín. Nel, a porra eléctrica que se usa para torturar a un preso cumpre tamén a función de antorcha olímpica ante o enfervorizado público dun estadio.

Trala animación, o anuncio sentencia no seu final "torturando a pacifistas inocentes non se manteñen os valores olímpicos". "Alza a voz se queres dereitos humanos en Chinesa", conclúe.

"Amnistía non está en contra dos Xogos, pero queremos que a xente saiba que máis está ocorrendo en China -incluíndo o silenciamiento das críticas e os manifestantes pacíficos- e que se unha á nosa campaña para a reforma urxente dos dereitos humanos", explicou o director da campaña no Reino Unido, Tim Hancock.

Amnistía loita por causas como a de Ye Guozhu, encerrado e torturado con 'electro shocks' logo de protestar polos desahucios na capital chinesa con motivo da construción das instalacións que darán cabida aos Xogos Olímpicos. No caos de Guozhu, a súa casa e o seu restaurante familiar foron derruidos.

A organización espera que os debuxos animados creados pola artista Yasmeen Ismail conciencien aos internautas das 'dúas caras das Olimpiadas de Pekín'. O curto, o primeiro de catro, pode verse na páxina na que Amnistía Internacional protesta polos abusos dos dereitos humanos en China.

domingo, janeiro 13, 2008

Kenia: ¿Violencia ou democracia?

A semana pasada, nun escrutinio cheo de irregularidades, o actual presidente Mwai Kibaki venceu nas eleccións en Kenia ante o opositor Raila Odinga, quen dominaba nas sondaxes. Desde entón unha onda de violencia ameaza a seguridade e a precaria estabilidade do país africano. Da noite para a mañá un dos países máis prósperos de África estase afundindo nunha violencia sistematizada que podería converterse nunha guerra civil. O Mundo debe reaccionar. Non podemos quedarnos cos brazos cruzados, debemos actuar rapidamente. O arcebispo Desmond Tutu, Nóbel da Paz, está en Nairobi xunto cunha delegación da Unión Africana, co obxectivo de mediar un diálogo e organizar unha revisión dos resultados. 

Para que as negociaciacións funcionen, a comunidade internacional non pode recoñecer a un goberno ilexítimo. E é aquí onde o poder da comunidade Avaaz entra en acción.  

Utilizando o noso sitio, podes mandar unha mensaxe rápida o teu goberno, pedíndolle que non recoñeza ao novo réxime kenyano ata que as eleccións sexan investigadas por unha comisión independente. 

Cando poñas o teu nome e o teu país, o noso sistema encherá automaticamente o enderezo e nome do representante político adecuado: http://www.avaaz.org/es/kenya_free_and_fair/7.php/?cl=49479751

A situación podería empeorar—por favor, tómate minuto para enviar unha mensaxe o teu goberno agora mesmo.  

Con esperanza, Paul, Ricken, Ben, Galit, Milena, Pascal e todo o equipo de Avaaz  

Para saber + sobre o tema, podes consultar os seguintes artigos de prensa: