Mostrar mensagens com a etiqueta denuncia. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta denuncia. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, julho 17, 2008

CIBERACCIÓN: "O EUME MORRE"



Medio Ambiente vén de culpar (9 de xullo) ás obras da autovía Ferrol-Vilalba da acidez no Eume, causa da morte dos peixes. Días antes (1 de xullo) para a consellaría o responsábel era o encoro do Eume, que explota Endesa. E non esquecimos a rocambolesca explicación ofrecida pola consellaría de Manuel Vázquez (25 de xuño) culpando da catástrofe ás "características xeolóxicas da canle", isto é, ao propio Eume. Diante deste paripé, ADEGA trasladará á Fiscalía de M. A. o ocorrido no río, para investigar o proceder da administración e depurar as responsabilidades neste atentado ecolóxico.

Tí podes esixir á administración que tome medidas urxentes para recuperar o ecosistema do Eume e o Chamoselo e que namentras non se leven adiante medidas correctoras, se suspenda a pesca no Eume entre As Pontes e a desembocadura. Tamén, podes esixir da administración máis transparencia e rigor á hora de determinar a orixe da acidificación e a morte dos peixes, probabelmenmte debida á "limpeza" do encoro da Capela. Dende a web de www.vadeando.com podes facer chegar a túa protesta á Consellaría de Medio Ambiente.

terça-feira, julho 08, 2008

Debuxos animados contra a outra cara dos xogos olímpicos chineses


Amnistía Internacional golpea de novo ao Goberno chinés. Coa publicidade como arma e, como fin, a concienciación de que un país que tortura non pode acoller uns Xogos Olímpicos.

Os abusos dos dereitos humanos en China centran a nova campaña da organización internacional, que decidiu ilustrar con debuxos animados un tema tan delicado como os abusos de dereitos humanos.

O anuncio, que dura 40 segundos, poderase ver en internet coincidindo coas Olimpiadas de Pekín. Nel, a porra eléctrica que se usa para torturar a un preso cumpre tamén a función de antorcha olímpica ante o enfervorizado público dun estadio.

Trala animación, o anuncio sentencia no seu final "torturando a pacifistas inocentes non se manteñen os valores olímpicos". "Alza a voz se queres dereitos humanos en Chinesa", conclúe.

"Amnistía non está en contra dos Xogos, pero queremos que a xente saiba que máis está ocorrendo en China -incluíndo o silenciamiento das críticas e os manifestantes pacíficos- e que se unha á nosa campaña para a reforma urxente dos dereitos humanos", explicou o director da campaña no Reino Unido, Tim Hancock.

Amnistía loita por causas como a de Ye Guozhu, encerrado e torturado con 'electro shocks' logo de protestar polos desahucios na capital chinesa con motivo da construción das instalacións que darán cabida aos Xogos Olímpicos. No caos de Guozhu, a súa casa e o seu restaurante familiar foron derruidos.

A organización espera que os debuxos animados creados pola artista Yasmeen Ismail conciencien aos internautas das 'dúas caras das Olimpiadas de Pekín'. O curto, o primeiro de catro, pode verse na páxina na que Amnistía Internacional protesta polos abusos dos dereitos humanos en China.

quarta-feira, junho 11, 2008

DE CÓMO AS CHOIVAS IMPIDEN A CONTINUACIÓN DOS TRABALLOS; A FÁBULA DA FORMIGA E OUTROS CONTOS

A ambigüidade do discurso
Restan xa poucas horas para que se cumpra a primeira efeméride da destrución do Círculo Lítico da Mourela e aínda nada sabemos deses informes que restaban importancia á conservación da necrópole e que falaban de cabanas medievais e outras lerias, deses mesmos informes que aconsellaban a destrución do círculo e que daban o visto bon á grave alteración dun conxunto funerario milenario. Onde están eses informes? Por que logo dun ano non foron feitos públicos?

Levamos doce meses asistindo aos avatares da mala planificación dunha obra pública que día a día está a pór en perigo a integridade do noso patrimonio cultural e imos xa fartos e cansos de que a administración ignore os nosos consellos, que con todo o cariño que lles gardamos como administrados que somos deles, non chegamos a comprender que é o que se pretende facer no lugar. Entristecerianos moito ver un túnel ocupando o furado da Mourela.

Hai que lembrar que no mes de xuño do pasado ano, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural levantaba a cautela sobre os restos da necrópole megalítica e establecía unha serie de áreas de exclusión de obra no perímetro das mámoas. Esta decisión política excluía a necesidade de garantir a máxima protección dos elementos que aínda quedaban, ignorando a proposta plantexada pola Plataforma e por ADEGA para a construción dun túnel baixo o xácigo, que nun principio fora apoiada por Patrimonio.

Desbotada esta alternativa por parte da Consellería de Política Territorial, alegando a inviabilidade técnica e económica do proxecto, iniciáronse as tarefas de desmonte para a construción dunha gabia. Gabia que ben podería figurar no récord Guiness cos seus sesenta metros de profundidade como a máis fonda do mundo, aínda que tamén podería ser proposta a récord da ineptitude na planificación dunha obra pública.

Parece que a decisión de trazar unha autovía por medio dun campo de mámoas impide que a gabia conte cun sistema de terrazas laterais que neutralicen os desprendementos de terreo, que regulen a escorrentía das augas e que deixe pasar a luz do sol. É por isto que a día de hoxe as obras seguen paradas.

Unha mámoa ao bordo da gabia
En contínuas comunicacións dirixidas ao Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias Vilas, informábaselle sobre o risco de afectación das áreas de exclusión de obra que a súa dirección establecera no mes de xuño de 2007 e solicitábaselle a paralización das obras que estaban a afectar á área de exclusión de obra da mámoa catalogada co código GA15070127.

A día de hoxe a mámoa atópase a uns tres metros do bordo do talud, lonxe dos 40 metros de distancia establecidos por Patrimonio. Ao noso entender a situación actual impide a súa documentación se temos en conta a perigosidade de acometer a escavación deste elemento, por mor dos desprendementos. Das comunicacións ao director xeral nada sabemos, ninguén se sentiu aludido ao parecer. Mágoa que as oracións e as plegarias nada serven contra a forza da gravidade.

Intoxicación informativa
Como guindiña para este pastel administrativo tivemos a sorte de coñecer a semana pasada na televisión local das Pontes, unhas declaracións da Consellería de Política Territorial nas que se nos “informaba” aos ponteses do retraso nas obras da autovía por mor das choivas. Nada se dicía dos contínuos desprendementos de terra na Mourela, que obligaron a modificar os plans de actuación na zona, que engadiron máis tempo á finalización da obra e que están a por en perigo a integridade dos elementos patrimoniais que ainda quedan na Mourela. Tampouco se informaba das contínuas fendas na estructura de gunitado na parede Norte da gabia, que tiveron que ser feitas de novo en repetidas ocasións.

A choiva tivo algo que ver, pero non son os fenómenos ambientais os que planifican as obras públicas.

Reflexión final
Certo é que nos últimos meses preocupámonos moito ou demasiado por todo o que aconteceu na Mourela e dende algún sector local criticouse a nosa inoperatividade noutros temas a nivel patrimonial que afectan aos elementos arqueolóxicos das Pontes. Mais o caso da Mourela é un caso real e actual que exemplifica perfectamente cal é o interese e a atención que se lle presta ao patrimonio, tanto dende a corporación local como dende o goberno da Xunta. Por isto, a nosa teima de defender o que ninguén defendeu, a nosa teima por esclarecer o que ninguén esclareceu e a nosa ilusión por ver algún día o que é noso, respectado.


Clica aquí para ve-lo video

sexta-feira, junho 06, 2008

Primeira Apostasia Party


Para todos aqueles que queirades reivindicar os voso dereito a apostatar tedes unha cita na cidade de Barcelona o vindeiro 12 de Xuño, diante da Catedral da mesma Cidade
PROGRAMACIÓN:

18:30 h - Happening Freak Cabaret - en la Pl. Catedral de Barcelona
20:00 h - Procesión Apostásica - Catedral, casa del Obispo hasta el Burdel (Raval)
21:30 h - La Última Cena - en el Burdel 74 (carrer del Carme 74)
23:00 h - Apostasía Party & Cabaret Show – en el Burdel 74

Para máis información: http://apostasiaparty.blogspot.com ou http://www.myspace.com/losmotivados

quinta-feira, junho 05, 2008

Cómo entran os lodos de ENCE no Ulla?



As minas de Touro reparten-se en dous sectores, Bama e Arinteiro. No sector de Bama, cando chove, a agua escoa ou filtra-se através dos lodos que se utilizan para restaurar os taludes, e a agua accede á lagoa superior, a máis grande das duas existentes neste sector.
A vexetación acuática medra nesta lagoa pero non é suficiente para neutralizar a carga contaminante. Desta lagoa sae un canal que vai dar a unha segunda lagoa, extremadamente contaminada e de aspecto azul verdoso. Desde esta lagoa, cando chove, a agua escapa libremente ao rego Xeimar, tributário do Brandelos.
Este río, carregado de contaminantes orgánicos e metais pesados, chega ao rio Ulla, sendo un dos principais focos de contaminación do Ulla e, tamén, da ría de Arousa.
Artigo e fotografías extraídas no blog O Povo contra Ence

segunda-feira, abril 21, 2008

COMUNICADO DA PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES


Un corremento de terra na gabia da Mourela ameaza unha mámoa
O monumento megalítico atópase a tan só tres metros do talud

A pasada semana producíase un corremento de terras no marxe Norte das obras da autovía AG-64 ao seu paso polo lugar da Mourela no concello eumés das Pontes de García Rodríguez. Ao redor duns quince metros de terreo, víñanse a baixo producindo un considerábel desprendemento de firme que ía a parar ao fondo da gabia.

Na actualidade a situación debe ser considerada como moi grave, tendo en conta a proximidade do elemento catalogado GA15070127, co marxe Norte da autovía. A penas tres metros separan a estructura arqueolóxica do marxe do talud. Unha situación que empeorará nas vindeiras horas de seguiren a persistir as choivas na zona, o que pode ocasionar novos desprendementos e dar coa mámoa no fondo da autovía. Esta situación sería a todas luces moi grave, tendo en conta os compromisos establecidos pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, no comunicado emitido o 5 de xuño de 2007, por mor do levantamento da cautela sobre os restos do círculo lítico da Mourela, que a continuación se transcribe:

- Na zona próxima aos restos do círculo lítico existen tres mámoas ás que non lle afectarán as obras da autovía

As mámoas non están afectadas
O resto dos xacementos arqueolóxicos localizados nesa área, os denominados túmulos tan só están afectados en parte do seu ámbito de protección, non no xacemento mesmo, polas obras de construción da Autovía Ferrol-Vilalba. Estas mámoas son visibles e recoñecibles, 
e para elas trazáronse uns ámbitos de exclusión de obras nos estudos arqueolóxicos levados a cabo con motivo da elaboración do proxecto construtivo da autovía, establecéndose as medidas protectoras e correctoras necesarias para que se conserven na súa integridade.

Á vista de toda a documentación, dos datos que obran no expediente e dos informes dos Servizos Técnicos, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu unha resolución informando favorablemente a continuación das obras da Autovía Ferrol-Vilalba, treito As Pontes Cabreiros, na área cautelada da Mourela, baixo as seguintes condicións:

- Manteranse balizados os ámbitos de exclusión de obra dos xacementos Mourela 4 (GA15070127), Mourela 6 (GA15070130) e Mourela 7 (GA15070129), nos que non se poderá levar a cabo ningún tipo de obra, e o trazado, na medida do posible, alonxarase destas áreas de exclusión reducindo as dimensións dos noiros ou taludes proxectados. A situación destes elementos e os seus ámbitos deberán figurar na cartografía de obra.

Nunha comunicación remitida no día de hoxe ao Dir. Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, D. Felipe Arias Vilas, dende a plataforma solicitamos coñecer cales van a ser as medidas a activar para preservar a integridade do ben ameazado e se van a esixir algún tipo de responsabilidade á COTOP, como promotora e responsábel do proxecto.

Cremos que a situación que se está a producir non é froito do azar ou a mala sorte, estamos convencidos de que isto era previsíbel, tal e como vimos manifestando en repetidas ocasións dende o mes de novembro pasado, e non entendemos como non se tomaron as medidas oportunas a tempo, tales como a escavación da mámoa afectada, nun momento no que a seguridade dos arqueólogos non estaba ameazada.

Parece pois que este novo corremento de terras na zona, non contou coa suficiente previsión por parte das autoridades competentes en materia de protección do patrimonio nin foi anticipada polos responsábeis da execución da autovía, poñendo deste xeito en serio risco a integridade dos bens patrimoniais e a propia seguridade das edificacións colindantes.

Neste intre, máis de 50 metros de desnivel e unha profunda fenda no terreo están a arriscar a conservación dunha parte do noso patrimonio. No mes de xuño do pasado ano, xa tivemos que ver tamén como as máquinas remataban con miles de anos de historia, destruindo os restos do círculo lítico e partindo en dous a necrópole, por medio dunha gabia. Agora, a falla de previsión e o incumprimento dos compromisos establecidos para a integral conservación das mámoas e dos seus ámbitos de exclusión, veñen a por en evidencia a rigurosidade dos controis arqueolóxicos na zona.

É neste intre, cando o berro mouro do Canto Máis? cobra forza e significado. De novo debemos preguntarnos: Canto máis teremos que agardar para poder ver aos mecanismos administrativos que garanten a conservación e preservación do noso patrimonio, desenvolver eficazmente o seu traballo? A proposta do túnel, esquencida no caixón dalgún despacho de San Caetano, debería facernos reflexionar sobre a súa idoneidade, como fórmula para non ter que lamentar males maiores.

quinta-feira, abril 10, 2008

España é un país racista, segundo Amnistía Internacional



Amnistía Internacional (AI) denunciou hoxe que a falta de interese do Goberno e das autoridades xudiciais por combater a xenofobia provocou que este tipo de agresións pasen desapercibidas en España e que as súas vítimas sexan «invisibles».

Na presentación do informe «España, entre a desgana e a invisibilidad», o director de AI España, Esteban Beltrán, explicou que, cada ano, a Garda Civil recibe entre dez e vinte denuncias de ataques racistas e a Policía Nacional, entre oitenta e cen.

Con todo, segundo o Informe Raxen, apuntou Beltrán, en España prodúcense 4.000 ataques racistas cada ano, incidentes que non se coñecen porque o Goberno non publica os datos oficiais destes delitos, algo que só ocorre noutros catro países da UE.

Esta «desgana» das autoridades fixo que España estea á cola de Europa no combate contra o racismo e a xenofobia e que sexa dos poucos países europeos sen un organismo nacional nin un plan de loita contra a discriminación racial.

Segundo Amnistía Internacional, en España proliferan os sitios web e publicacións racistas e antisemitas, que actualmente teñen uns 15.000 membros asociados. Ademais, España é un dos países da UE con maiores niveis de explotación sexual de inmigrantes, e onde o 30 por cento dos xitanos vive en condicións de exclusión.

A pesar destas circunstancias, segundo datos da última sondaxe do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), os españois perciben a inmigración como o terceiro problema social e só o 0,7 por cento considera que existe racismo e que é un problema.

Ademais, segundo o CIS, os españois están aumentando as actitudes hostís cara ao colectivo de inmigrantes, desde o 8 por cento rexistrado en 1997 ata o 32 por cento de 2004.

Fronte ao preocupante de todos estes datos, denunciou Beltrán, o Goberno español non ten «ningún interese» en combater o racismo a pesar de que iso supón «desproteger ao dez por cento da poboación», subliñou.

Nese sentido, denunciou que en 2003 o Goberno creou o Observatorio Español de Racismo e a Xenofobia, un organismo que neste momento aínda non publicou ningún informe; ese mesmo ano, o Executivo creou o Consello de Igualdade de Trato, que, cinco anos máis tarde, aínda non se constituíu.

Amnistía Internacional acusou tamén ao poder xudicial da «desidia» e a «falta de interese» en combater o racismo, como demostra a falta de xurisprudencia neste tipo de casos.

Ademais, agregou Beltrán, aínda que desde 1995, o Código Penal recolle a posibilidade de aumentar as penas por racismo, esta figura xurídica só se aplicou en dúas sentenzas en 2007.

Por todo iso, Amnistía Internacional recomendou hoxe ao Goberno que poña en marcha un Plan estatal e integral de loita contra todo tipo de xenofobia, con medidas de carácter educativo, social e laboral e para combater o racismo en todas as frontes, incluídas as forzas de seguridade do Estado.

Así mesmo reclamou medidas específicas para protexer máis ás mulleres (especialmente as vítimas de violencia de xénero que se atopen en situación irregular) e aos menores non acompañados para «evitar as expulsións que se disfrazan como repatriacións».

Amnistía Internacional considerou «fundamental» que o Goberno comece «canto antes» a publicar estatísticas periódicas que reflictan «a situación real» dos inmigrantes en España.

Preme aquí para consultar o informe completo de Amnistía Internacional

Ferrol impulsa a integración laboral do colectivo xitano

O Concello de Ferrol e a Fundación Secretariado Xitano colaborarán na implantación dun programa dirixido «á integración e incorporación sociolaboral da comunidade xitana residente na cidade». Así o anunciaron onte, no palacio municipal, o delegado en Galicia da citada fundación, Gorka de Miguel, a concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, e o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri.

Os tres participaron no acto celebrado no salón de sesións do Concello para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano. En palabras do propio Irisarri, «o Concello de Ferrol non quería quedar mudo ante determinadas actitudes racistas, considerando a sensibilización e a información como o mellor instrumento para conseguir unha auténtica convivencia e igualdade». O rexedor remarcou a necesidade de erradicar estereotipos para alcanzar «unha sociedade con plenos dereitos e deberes á marxe das razas».

O alcalde, neste sentido, resaltou a intención do municipio de «traballar con intensidade para facer realidade o que en ocasións semella unha utopía, como é a convivencia en igualdade».

«Implicación directa»

Na mesma liña, Beatriz Sestayo apuntou que a colaboración coa Fundación Secretariado Xitano irá «máis aló da firma dun convenio, xa que derivará na implicación directa da Administración local na xestión do programa e na participación de persoal propio non mesmo». O propio delegado en Galicia da fundación, Gorka de Miguel, á vez que agradecía o compromiso do Concello, sinalaba que a apertura das liñas de colaboración previstas podería atrasarse aínda varios meses, precisamente porque do que se trata é de pór en marcha fórmulas nas que se traballe ao unísono desde ambas as institucións. 

Beatriz Sestayo recordou que nestes momentos o seu departamento xa «está a realizar tamén un estudo sobre a potenciar poboación de etnia xitana á que se dirixirán» os proxectos de integración social e laboral previstos, e engadiu que «ata a data, o Concello está a asumir traballos para evitar ou absentismo escolar e favorecer a asistencia de nenos e nenas de etnia xitana a servizos como o comedor escolar». Previamente ao anuncio do acordo, no Concello proxectáronse tres documentais sobre a loita pola igualdade do colectivo xitano.

sábado, abril 05, 2008

Deportistas galegos denuncian a falta de dereitos humáns en china

Oscar Pereiro e Roberto Lago, xunto con Alvaro Pino, participan na campaña de Amnistía Internacional Vigo, denunciando a falta de dereitos humáns na China, organizdora dos vindeiros Xogos Olimpicos, co lema "¿Sabes a que se xoga en China?".

domingo, março 30, 2008

Os xitanos non integrados en Galicia son só o 10%, segundo o secretariado calé


O 90 por cento dos xitanos residentes en Galicia están integrados, aínda que a percepción social que existe parece ser outra, segundo sostén a Federación Secretariado Xitano, que constata que, a pesar da normalidade da maioría da comunidade desta etnia, é o 10 por cento restante, que, por distintas razóns, non conseguiu integrarse na sociedade, o que cobra protagonismo en situacións de certo conflito.

O director da Federación Secretariado Xitano en Galicia, Santiago González Avión, explicou que, do total de poboados xitanos galegos, só oito teñen algún grao de conflitividade e, entre eles, destacou como os de maior dimensión O Vao; Penamoa, na Coruña; e Freixeiro, en Narón.

Segundo os datos desta organización, na actualidade na Comunidade residen unhas 10.500 persoas de etnia xitana, aínda que advertiu de que os datos oficiais remóntanse ao ano 2000 e cifrábanas en 8.417 persoas en 46 municipios.

Respecto diso, destacou que os actos de rexeitamento veciñal ao reacollo de xitanos procedentes do poboado do Vao en novos barrios residenciais como Monte Porreiro traen á actualidade determinadas actitudes desechables. Na súa opinón, tras esta situación están tópicos e discursos que culpan á parte máis débil dun fenómeno complexo como son as drogas e as persoas en situación de exclusión social.

Corenta asentamentos

A partir do citado informe do ano 2000, e da estimación actual que realiza a súa federación, concretou que do total de xitanos que viven na comunidade, entre 3.000 e menos de 3.400 persoas desta etnia viviría nalgún dos 40 asentamentos que existen.

Ademais, insistiu no proceso de transformación que está a vivir a poboación xitana e nos "avances" en niveis de escolarización, atención sanitaria, vivenda, emprego e no ámbito cultural, logrados os últimos anos e que están a propiciar a súa integración.

Na súa opinión, os factores crave para a inserción social dos xitanos é facilitar o seu acceso á vivenda e ao mercado laboral por conta allea, así como o desenvolvemento educativo tanto deste colectivo como dos payos.

Publicado no Diario de Pontevedra

A web de Salvemos Monteferro, Premio Nano Cambeiro de Xornalismo

A web da plataforma Salvemos Monteferro, da que xa temos falado nesta páxina (por exemplo, con motivo da publicación dun estudo sobre a contaminación na Ría de Vigo), vai recibir este venres un importante recoñecemento ó seu labor comunicativo e, sobre todo, á súa capacidade de convocatoria cidadá. Máis concretamente, a páxina recibirá o V Premio Nano Cambeiro de Xornalismo, segundo informa Vieiros

O certo é que a web galardoada é xa un referente como exemplo de aproveitamento da Rede como altofalante para a defensa do noso medio, tanto no que se refire ó Monte Ferro (espazo natural ameazado en Nigrán polo urbanismo 
ó que conseguiron pórlle freo os integrantes da plataforma) como ó resto dos enclaves naturais galegos. 

O caso é que este venres ás 20.30 no Pazo da Escola de Mañufe (Gondomar), a web dende a que se acadaron 10.000 sinaturas para impedir o estragamento do dito monte e dende a que se informou á comunidade internauta do problema do urbanismo en Nigrán (chegou a superar xa as 40.000 visitas), vai recibir o quinto Premio Nano Cambeiro de Xornalismo de mans do Instituto de Estudos Miñoranos.


quarta-feira, março 26, 2008

A Garda Civil collerá datos dos coches que leven o distintivo GZ


Nos cursos de formación interna da Garda Civil recoméndaselle aos axentes que tomen datos dos coches que levan adhesivos de GZ. Segundo o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), nun curso para axentes en Pontevedra, os formadores repartiron follas nas que aparecían adhesivos de GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella ou o escudo de Castelao coa lenda “antes mortos que escravos”. Dende a Garda Civil identifican estes símbolos como propios do “Movemento de Liberación Nacional Galego” (MLNG).Públicado en Vieiros

domingo, março 16, 2008

Novo Blog: O POVO CONTRA ENCE



Hoxe colgamos un blog que nos envía Joám Peres, e que consideramos de interese para coñecer o funcionamento da empresa que segundo dín, pensa en asentarse nos próximos anos nas Pontes. Nós desexamos que non sexa así, e que somentes sexa máis fume electoral.

O POVO CONTRA ENCE:
http://opovocontraence.blogspot.com/


Atopan restos do Paleolítico Inferior na Sierra da Groba

As pezas son bifaces, lascas e núcleos usados como ferramentas de traballo fai máis de 300.000 anos

Os materiais descubertos están dentro da área onde se prevé instalar o parque eólico Albariño I

Novos achados arqueolóxicos puxeron en dúbida para o colectivo Sos Groba a viabilidade do parque eólico Albariño I. Arqueólogos desta plataforma cidadá que se opón ao proxecto de Eurovento atoparon útiles de pedra de máis de 300.000 anos de antigüidade na zona que se verá afectada polo polígono de aeroxeradores.

As pezas dan conta da existencia de asentamentos de grupos de homínidos durante o Paleolítico Inferior na altiplanicie onde se unen os concellos de Baiona, Oia e Tomiño.

Trátase dunha vintena de materiais entre os que hai bifaces da época Achelense, uns útiles traballados polas dúas caras en forma o améndoa; lascas ou fragmentos cortantes de roca e, para rematar, núcleos que servían para facer as lascas.

Estes primitivos utensilios son de cuarcita, un tipo de roca que non existe na Sierra da Groba e que probablemente foi transportada desde as beiras do río Miño, segundo apuntaron onte os especialistas Xosé Lois Vilar e Eduardo Méndez, durante a presentación dos achados , que tivo lugar no Hotel Tres Carabelas.

As investigacións iniciáronse fai dous meses, durante a redacción dun informe sobre o patrimonio cultural da área afectada polo parque eólico, a petición da dirección xeral de Patrimonio da Xunta e da delegación de Cultura de Pontevedra.

Os portavoces de SOS Groba afirman que os materiais atopados son tan só a punta do iceberg, e que se se continúa investigando poderían achegarse novos datos sobre unha das etapas da prehistoria menos estudadas en Galicia.

Con todo, afirman que o xacemento se atopa en risco de destrución pola iniciativa do parque eólico Albariño I, «xa que a construción e remodelación de pistas e demais obras intrínsecas a calquera infraestrutura pon en grave risgo a desaparición a este depósito arqueolóxico de gran valor histórico», afirman.

SOS Groba considera que este xacemento e os 200 puntos de interese que se coñecen na zona afectada polo proxecto deben ser considerados como un argumento para desaconsellar a execución do parque eólico.

Lido na Voz de Galicia

'Menos é máis, cinema para seren a voz de quenes calan'



Máis de 15.000 estudantes de entre 14 e 16 anos do Estado español participaron nesta campaña cuxo fin é sensibilizar e preve-la violencia de xénero a través da séptima arte

O principal obxectivo da campaña ‘Menos é máiis, cinema para seren a voz de quenes calan’ é sensibilizar aos adolescentes obre a violencia machista, expondo as causas da xestación da cultura da agresión e o falso amor como fonte de celos, frustracións e dependencia.
O proxecto, que foi presentada en setembro de 2007 no Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián, mostra ferramentas para detectar os contextos nos que se fomenta a desigualdade, promovendo a prevención dos malos tratos e un novo modelo de relación baseado no respecto mutuo, a comprensión e a igualdade.

Segundo a delegada especial do goberno contra a violencia sobre a muller, Encarnación Orozco, este proxecto, que está promovido polo Ministerio de Asuntos Sociais e a delegación especial do goberno contra a violencia sobre a muller, fomenta a consecución de “un cambio no modelo social avanzando no dereito de cidadanía”.
A forza da séptima arte contra a violencia machista
Alumnos de Bacharelato, Formación Profesional, Artes Plásticas e Deseño de Grao Medio educaron contra a violencia de xénero e a favor da igualdade, desde o pasado mes de novembro, a través de catro longametraxes: Douche os meus ollos de Iciar Bollaín, Héctor de Graza Querejeta, e A Escurridiza de Andel Kechiche, e tres curtametraxes, Eramos Poucos de Borja Cobeaga, Sintonía de Xabier Berzosa e Subir e baixar de David Planell.


"A violencia é o medo aos ideais dos demais" Mahatma Gandhi

sábado, março 15, 2008

Guillermo Vargas Habacuc. Arte ou narcisismo patolóxico?





RECIBIMOS NOS DERRADEIROS DÍAS UN MESMO CORREO DENDE VARIOS AMIG@S NO QUE SE CHAMA A ATENCIÓN DUN CASO, QUE FAINOS ESTREMECERNOS E DUBIDAR DA SUPOSTA RACIONALIDADE DO SER HUMANO, E INCLUSIVE DA SÚA HUMANIDADE=SENSIBILIDADE. SIMPLEMENTE GROTESCO.


Guillermo Vargas Habacuc es un costarricense que dice ser artista. En agosto hizo una exposición en una galería de Managuay, tras atar a un perro a una pared, lo dejó morir de hambre. Según él, esa sádica, bárbara y necia obviedad era una manifestación artísticaEn  pueden verse fotos estremecedoras del pobre animal. La noticia ha llegado ahora hasta mis manos empujada por una campaña internacional de recogida de firmas para evitar que ese matarife acuda en 2008 a la Bienal Centroamericana de Honduras.

¿Te parece fuerte?

Pues eso no es todo: la prestigiosa Bienal Centroamericana de Arte decidió, incomprensiblemente, que la salvajada que acababa de cometer este sujeto era arte, y de este modo tan incomprensible Guillermo Vargas Habacuc ha sido invitado a repetir su cruel acción en dicha Bienal en 2008.  
¡¡IMPIDÁMOSLO!!!
 
Firmad aquí: http://www.petitiononline.com/13031953/petition.html (no hay que pagar, ni registrarse, ni nada peligroso, y merece la pena)  para enviar una petición y que este hombre no sea felicitado ni llamado 'artista' por tan cruel acto, por semejante insensibilidad y disfrute con el dolor ajeno. 

quinta-feira, março 13, 2008

¿Garantías diplomáticas? Asina Xa!!


O Goberno español non debería extraditar ao cidadán checheno Murat Gasayev á Federación Rusa, aceptando unhas "garantías diplomáticas" que non son máis que papel mollado e incumpren aa lexislación internacional.

De levarse a cabo a extradición, Gasayev correría o risco de sufrir tortura e malos tratos e así como seren sometido a un xuizo sen garantías.

Asina para impedir que o goberno español autorice unha extradición que violaría as obrigas internacionais de non devolver a ninguén a un país no que poda sufrir tortura.

segunda-feira, março 10, 2008

O futuro da acuicultura galega a debate


ERGOSFERA, asociación universitaria de estudantes de arquitectura da Coruña, invita a participar no debate sobre o futuro da acuicultura en Galicia.

> WEB ERGOSFERA http://www.ergosfera.org

> FORO KILL+PEIXES 
http://www.foro.ergosfera.org

* Por supuesto, las propuestas pueden ser de todo tipo y origen:
medioambientales, arquitectónicas, de gestión política o administrativa,
sobre la participación ciudadana, sobre la visivilización de las
problemáticas urbanas, sobre los términos en que se producen las
expropiaciones, sobre las fórmulas de gestión de los terrenos por parte de
la administración, sobre la estructura y posibilidades de las
multinacionales del sector, sobre las consecuencias socio-laborales para
los territorios afectados, sobre las normas urbanísticas que se deberían
crear, etc.

* También se puede utilizar el foro para dar a conocer información sobre
el tema ya elaborada y no suficientemente pública, entendiendo que esta
plataforma intenta poner en el mismo plano a actores y lenguajes de muy
diverso origen que hasta ahora se han expresado por canales diferentes,
con lo que cualquier documento que haga comprensibles a unos los
argumentos de los otros será bienvenido.

CONTACTO: contacto@ergosfera.org

quinta-feira, fevereiro 28, 2008

Os xueces ven ilegal a ampliación dunha central térmica en Castejón, similar o "Ciclo combinado" de As Pontes


A empresa Hidrocantábrico podería perder os 180 millóns de euros invertidos na ampliación da súa central térmica de Castejón. O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra, declarou nulo o procedemento e dá a razón os veciños, que alegaron que non cumpre a distancia de 2000 metros o pobo. Esta nova saíu no diario Gara. A central é similar o ciclo combinado de As Pontes. Para saber mais: ver o video.
Mentres Iberdrola segue apostando por ampliar a súa central de Castejón a pesar desta sentencia. Di no haber valorado a decisión xudicial de anular a ampliación da térmica de Hidrocantabrico. Pero segue a espera da autorización do Ministerio de Medio Ambiente. Publicado no diario de Navarra o 17 de Febreiro.

quinta-feira, janeiro 31, 2008

Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

Este sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol) acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría, producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe aos veciños de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.

O espectáculo que está programado para o sábado 2 ás 20:30 horas, contará coa participación, entre outros de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá".

+ info: ARREDEMO