
De corazón, graciñas por loitar por un mundo mellor e máis xusto. Ata sempre.
Asociación Socio-Cultural

O espectáculo que está programado para o sábado 2 ás 20:30 horas, contará coa participación, entre outros de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá".
FALSEDADE HISTÓRICA
Continúan descubríndose datos e informacións evidenciando que non foron nin o emprego nin a xeración de riqueza as verdadeiras motivacións do Sr. Tojeiro e os seus apoios, para situar a Planta de Gas en Punta Promontorio (Mugardos).
DÚAS VARAS DE MEDIR.
Sociólogos e Investigadores asistentes ao Congreso Español de Socioloxía celebrado en Barcelona, asinaron o manifesto en contra da localización de Reganosa dentro da Ría de Ferrol e en apoio á manifestación que para o próximo 30 de setiembre convocou o Comité Cidadán de Emerxencia.


A Asamblea Cidadá, na xuntanza de Mugardos, acordou o seguinte en apoio ós veciños de Meha que siguen encerrados na Casa do Concello:

Unhas cinco mil persoas, segundo distintas fontes, sumáronse este mediodía á protesta convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría para esixir a liberdade do patrón maior do depósito ferrolán e o traslado da planta de gas de Reganosa, en Mugardos, ao exterior da ría.
Última hora: cargas policiais nos xulgados contra cidadáns que opóñense a entrada de Gaseiros na Ría de FerrolPor iso o Comité Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar unha concentración no peirao de Curuxeiras en Ferrol, ás 12 da mañá do sábado próximo día 12 de maio de 2007, coa finalidade de que:
a) A cidadanía Exprese o seu rexeitamento á entrada ilegal dentro de ría dun buque Gasero cargado con 140.500 m3 de Gas Natural Licuado, para descargalo nos tanques que a empresa Reganosa está construíndo, sen ter todos os permisos, sen ter cumprimentado os condicionados da súa autorización de construción e que deben ser cumprimentados antes da posta en funcionamento, entre eles os riscos para a vida humana nas poboacións próximas e a saída de urxencia dos buques gaseros, ambos imposibles de cumprimentar, polo que é ilegal a acta de probas outorgado o 4 de maio polo Área de Enerxía desa Subdelegación que serviu de pretexto para burlar a lei coa entrada de devandito buque gasero.
b) A cidadanía esixa por escrito o cese do Capitán Marítimo de Ferrol D. Jorge Cao Ruiz, do Presidente da Autoridade Portuaria D. Amable Dopico Freire e do Delegado do Goberno D. Manuel Ameijeiras Vales, por permitir a entrada do gasero Galicia Spirit cargado de gas natural licuado, a partir do cal iníciase un risco, permanente día e noite, de accidente grave que ameaza a vida da poboación próxima e á riqueza marisquera dentro de Ría de Ferrol.
Así mesmo o Comité Cidadán de Emerxencia acordou continuar coas actuacións por vía administrativa, xudicial, de mobilización e información á sociedade, a fin de que sexa paralizada a actividade na Planta de Gas de Reganosa.