Mostrar mensagens com a etiqueta desorden climático. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta desorden climático. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, junho 04, 2008

Ramón Varela: "O enchido actual do lago das Pontes paréceme que non é o correcto"

ENTREVISTA PUBLICADA NO XORNAL COMARCAL PEGADAS NO NÚMERO DE XUÑO DE 2.008

Ramón Varela Díaz, catedrático de Bioloxía e Xeoloxía e doutor en Bioloxía, segue a ser unha das referencias do ecoloxismo galego na actualidade. Loitador incansable,Varela é autor da tese "A contaminación atmosférica en Galicia", traballo que no puido ler na Universidade de Santiago e que si foi aceptada pola Universidade Autónoma de Madrid, obtendo a máxima cualificación. Con él falamos ao respecto do actual proceso de enchido do oco da mina das Pontes e as problemáticas que este pode xerar na comarca.

Como ben sabe o enchido do oco da mina das Pontes xa se está a producir. No horizonte agárdanos o que será un dos maiores proxectos ambientais levados a cabo na nosa comarca nos últimos anos. Que eivas pensa vostede que presenta o actual proxecto do lago da mina das Pontes?

Ben, existen efectivamente varios problemas, uns relacionados co que é o medio físico e outros relacionados co medio ambiente. Co que respecta ao medio físico, hai que dicir que existe unha falla no lugar que ocupa a mina, que está aí dende fai millóns de anos inactiva na maior parte, pero que tivo unha actividade en épocas históricas, fai 2.500 anos aproximadamente. Esta falla que pasa polo Pedroso, As Pontes e Muíño Novo e que se extende en 55 kilómetros, pode ter actividade e pode provocar terremotos. Entón atopámonos que en canto se encha o oco de auga, debido á presión hidrostática, pode lubrificarse a falla e provocar terremotos. É evidente que este é un perigo certo que pode existir. Isto a nivel de medio físico. E logo a nivel ambiental, hai outros problemas como a humidade que pode crear, e ao mesmo tempo o problema e as repercusións que pode traer para as augas do río Eume. A miña opinión é que debería facerse un estudo ecolóxico de todo o entorno, estudo do impacto que pode producir o enchido desta forma e ao mesmo tempo sacar as conclusións, é dicir se merece a pena facer esta obra, en función das consecuencias negativas que pode traer.

Fálase de que un dos fáctores esenciais para obter unha correcta calidade das augas é o ritmo de enchido, que no caso de ser prolongado sería máis prexudicial para a calidade da auga. Cal é a súa opinión ao respecto?

Ben, coido que non debemos xogar con aspectos que na natureza non están comprobados. Refírome a que, se ben hai algúns exemplos de lagos que se crearon a partir de minas abandoadas, son todos exemplos que non son comparables ao que temos na actualidade aquí, pois teñen só a décima parte do tamaño que ten o oco das Pontes. Neste caso concreto, non hai ningunha experiencia no mundo onde se enchera un oco tan grande con estas condicións ambientais. Polo tanto se sae mal, non se poderá dar marcha atrás, no sentido de que non se vai a poder baleirar a auga, que sería demasiado ácida e traería problemas, e podería producirse problemas a nivel de ecosistema na ría. Entón a cuestión fundamental reside en que é preferible antes de comezar a facer as cousas, facelas con garantía. A calidade das augas terá que ser controlada por parte da Administración, por que a empresa o que fai é abandoar o proxecto unha vez que está cheo o furado e pasarllo á Administración. Polo tanto no futuro correremos todos cos gastos que poida levar consigo o control desa posible contaminación, e iso será un efecto máis que nos vai a deixar esta industria. Non é certo que non haxa alternativas, o enchido actual do lago paréceme que non é o correcto, tal e como o pretende facer a empresa, esa é a cuestión.

Fálase tamén das posíbeis modificacións do clima da zona debido á gran masa de auga que albergará o futuro lago. Como pode chegar a repercutir en constantes ambientais como a temperatura, a humidade e outros fenómenos asociados?

Ben, hai que ter en conta que estamos nunha zona de vacía e rodeados de montañas o que crea unhas condicións determinadas. A gran evaporación que se pode dar no lago nesas condicións, vai a repercutir nun aumento da humidade relativa, podéndonos atopar un ambiente cunha maior humidade da que existe na actualidade, e isto vai a traer repercusións negativas. Sábese despois da experiencia dos grandes encoros galegos, como o caso de Belesar ou de Castrelo de Miño, que antigamente nas zonas próximas aos encoros os agricultores tiñan que utilizar tres veces o sulfato para atacar o mildeo das viñas, e agora cos encoros xa construidos, en vez de tres veces necesitan aplicar ata oito veces o sulfato. Isto explícase por que as pragas como os fungos propáganse moi ben en condicións de humidade, polo que un aumento de temperatura cunha maior humidade na zona, serían as condicións perfectas para que proliferasen algunhas enfermidades, parásitas e vexetais. Pero ao mesmo tempo tamén podería repercutir na saúde das persoas pois veríanse agudizados algúns dos problemas relacionados co asma, a bronquite, os enfisemas e outros, de tal xeito que repercuta na saúde sobretodo dos nenos e das persoas maiores, que son o grupo máis sensible aos problemas respiratorios.

Como ben sabe o último dos mellores bosques atlánticos conservados alberga un treito deste río. Como pensa que pode afectar ás Fragas do Eume unha baixada no caso de seca, do caudal do río? E nos bancos marisqueiros da ría de Pontedeume?

Hai que ter en conta que esa auga áceda que se vai a producir no futuro lago en contacto coa pirita, vai a provocar a transformación dos sulfuros en sulfatos e polo tanto vaise a producir unha baixada do pH. É dicir que sí se verán afectadas as Fragas do Eume dalgunha maneira o que repercutirá negativamente nun espazo natural importante, repercutirá na calidade das augas do río Eume, repercutirá na calidade das augas da ría de Pontedeume e evidentemente repercutirá incluso, na saúde dos habitantes que están nas zonas próximas. Por qué? Pois por que aí vai a haber unha evaporación importante e unha humidade e iso vai a proliferar o aumento de pragas no campo, así como repercusións a nivel de enfermidades respiratorias como asma e bronquitis que poden afectar á poboación.

Que especies animais e vexetais poderíamos atopar nun futuro lago de seguirse co proxecto actual?

Eu non me atrevo a dicir o que vai a haber aí por que pode ser un lago morto tranquilamente. Se non hai garantías de que as augas teñan unha calidade determinada e de que esa auga sexa similar á do río Eume -e iso vai a ser bastante dificil-, é evidente que non podemos dicir que especies vai a haber aí. Ao mellor é un lago morto. Pódese dar a circunstancia de que sexa así. A evolución da calidade das augas tampouco se mira no primeiro momento, é dicir ao cabo de catro ou cinco anos, senón que hai que vela co paso do tempo, pois nun primeiro momento pode parecer que as cousas funcionan con normalidade e calidade, e despois a medio ou longo prazo pódense chegar a dar uns problemas importantes. O máis normal é que xa comecen os problemas dende o principio.

Logo de que a calidade da auga sexa a axeitada e a rexeneración do entorno esté completa, o control do lago pasará a Augas de Galicia. Como pensa que pode repercutir este traspaso de competencias no futuro?  

A cuestión é que a nivel privado sabemos que non existe un control, pero que a nivel público ese control tampouco se dá. A proba é que moitos dos nosos ríos están contaminados, hai zonas de praia que están contaminadas, hai falta de depuración de augas residuais en moitos concellos e é unha competencia municipal e da administración pública. É dicir que nos atopamos que hai unha empresa que busca gastar o menos posible na solución dun problema creado pola propia empresa e a Administración acepta que ese problema se lle traspase a ela, o cal tampouco é garantía de que se vaia a realizar un control exhaustivo. Eu non entendo moi ben como a nivel público se pode aceptar un compromiso desta índole, pois isto traerá consigo que no futuro terá que haber un control exhaustivo e reparar o que a empresa estivo deixando mal. Isto recaería despois na Administración que tería que solucionalo, cando foi un problema creado por unha empresa privada. Atopámonos pois no punto de inicio, é dicir, como unha empresa privada logo de sacar uns benefizos tan grandes como tivo,    -nos anos 90 acadaba uns benefizos netos de 40.000 millóns de pesetas-, agora poida estar escatimando a nivel económico a solución dun problema, que realmente non significa nada para o imperio que é esa mesma empresa. Penso que a Administración non debe pagar o custe da empresa privada, cos custes sociais que isto implica e cos custes económicos, claro.

Segundo os responsábeis do proxecto de rexeneración da escombreira, este é un dos exemplos europeos de rexeneración ambiental polo que destruir ou desfacer esta escombreira hoxe en día sería tirar os cartos que se invertiron para rexenerar esa zona. Que opinión ten vostede ao respecto?

Eu penso que a empresa actuou moi á lixeira, dende o punto de vista de que ela fixo o que lle pareceu coa escombreira, pois creou unha montaña artificial onde non a había por un lado, e por outro creou un foso onde antes non o había, ou sexa dous problemas distintos. A súa obriga tal e como establece a lei, é a de devolver os materiais que se sacaron dun lugar ao seu lugar de orixe, sempre que se poida. Neste caso o lugar que lle corresponde é o oco da mina. Pódese amortiguar o foso que produciu, cos escombros que depositou facendo a montaña. Isto é o que tiña que facer agora, trasladalo de novo, pero como á empresa lle resulta máis barato coller e abrir para que lle entre auga directamente do Eume é o que pretende facer, non é máis que unha cuestión de custes da empresa, trasladándolle o problema á Administración. Ao final é iso, enténdase da maneira que se entenda, e todo o demais son xustificacións do mundo, chamémoslle entre comiñas “científico” que máis ben é anticientífico, por que intenta xustificar o inxustificable. Non se pode xustificar neste momento unha alternativa como esta baixo ningún concepto e o que parece xa inconcebible é que os que dalgunha maneira teñen unha información científica distinta, que nin sequera se lles escoite, este é o caso do Instituto de Xeoloxía da Coruña que nin sequera a Administración se lle pon ao teléfono.    

segunda-feira, junho 02, 2008

Pontedeume oponse a que Ence trasládese á comarca das Fragas

O posible traslado de Ence ao municipio mineiro coruñés das Pontes -apoiado polo propio conselleiro de Medio Ambiente, a máis diso por grupos políticos e sindicatos do Concello gobernado polos socialistas- suscitou as primeiras voces en contra. Entre colectivos ecoloxistas e entre os políticos do veciño municipio de Pontedeume, onde desemboca o río Eume do que se abastecería a papeleira e que atravesa As Pontes. En ambos os casos, esgrimen argumentos de índole ambiental para oporse ao proxecto, máis cando a fábrica estará moi próxima ao parque natural Fragas do Eume, que abarca bosques dos concellos das Pontes, Pontedeume, Cabanas, Monfero e A Capela.

O alcalde eumés, Gabriel Torrente (PP), declara que Ence non sería ben recibida na comarca. «É unha aberración que se instale aquí, nun espazo natural». Agustín Vilariño, portavoz do PSOE de Pontedeume, resume a súa postura así: «Canto máis lonxe estean este tipo de proxectos, mellor». Para o BNG eumés, a instalación de Ence nas Pontes suporía unha «voadura controlada para ou parque natural». A Sociedade Galega de Historia Natural tamén considera que As Pontes non é o lugar idóneo para Ence. «Vos tremendos impactos dabondo coñecidos deste tipo de industria, sumaríanse aos causados dende hai décadas pola central térmica de Endesa e as actividades mineiras», sinala. Tamén argumenta a entidade que a industria papeleira repercutiría de forma negativa no parque natural.

Estas posturas en contra de Ence contrastan coas mantidas polos políticos e sindicatos das Pontes e o propio conselleiro de Medio Ambiente. O alcalde das Pontes, o socialista Valentín Formoso, sinala: «Temos auga, gas industrial, 2.200 megawatts eléctricos, vocación industrial, 180 hectáreas de chan industrial, proximidades con infraestruturas viarias e eucalipto nun radio de 70 quilómetros». Formoso conta co respaldo de UXT e do PP. O portavoz do PP no municipio, Eladio Pico, tamén se mostrou favorable ao asentamento de Ence nas Pontes, aínda que asegurou sentirse escéptico de que finalmente o proxecto concrétese na vila mineira. BNG, CIG e CC.OO. eludiron pronunciarse ata coñecer en profundidade os detalles da iniciativa.

A Voz de Galicia

terça-feira, maio 27, 2008

As lagoas artificiais 'secuestran' o CO2


Un estudo con partipación española asegura que este tipo de balsas absorbe máis dióxido de carbono cos bosques,e tanto coma os océanos

Ata o de agora foran desprezadas, pero realizan un traballo importante de mitigación do cambio climático. Os estanques agrícolas, creados polo home para fornecer auga aos campos de regadío, absorben máis dióxido de carbono que os bosques, e tanto como os océanos. E trátase de cantidades nada desdeñables, segundo un estudo liderado pola Universidade de Iowa (EEUU) e publicado en Global Biogeochemical Cycles. O investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Carlos Duarte, quen participou neste estudo, apunta que a taxa de captación das presas agrícolas é mil veces superior por metro cadrado á dos océanos, e de 20 a 50 veces maior á dos bosques.

é a primeira vez que se realizaron medicións nestas infraestruturas. "Son sistemas acuáticos pequenos, que ata agora non se tiveron en conta, pero que contribúen a mitigar nunha medida modesta pero importante o cambio climático", apunta Duarte. Os estanques artificiais secuestran cada ano 150 millóns de toneladas de carbono, unha cifra similar á que se almacena nos océanos.

Para realizar o estudo, os investigadores realizaron medicións da cantidade de carbono que absorberon as balsas de EEUU durante os últimos 10 anos e revisaron os informes con medidas puntuais de diversos países. "Fronte aos lagos naturais, os estanques teñen unha maior capacidade de captación de carbono polo propio uso das balsas, ás que tamén acode gañado, e que están enriquecidas con nutrientes, polo que a produción fotosintética é maior", explica Duarte.

A taxa de acumulación de sedimentos na piscina é moi alta, polo seu propio uso, e como consecuencia a súa vida útil é curta. Unha vez que se deixa de empregar para regadío, o ideal é que se abandone, e que se escave unha nova. Duarte indica que un dos prexuízos é que se drague, xa que os sedimentos que atrapan ao CO2 removeríanse e liberaríase o dióxido de carbono.

No mundo hai 304 millóns de lagoas naturais e balsas agrícolas, que cobren uns 4,2 millóns de km2. España carece dun inventario destas lagoas, unha materia pendente para o que podería perfílase como unha nova solución para salvar o clima.

Incorporar os estanques no "post-Kioto'

Dada a importancia destas balsas, o investigador do Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (CSIC-Universidade das Illas Baleares) Carlos Duarte afirma que se deberían incorporar no próximo réxime internacional de redución de emisións, tras o Protocolo de Kioto en 2012, como sumidoiros de dióxido de carbono.

Os encoros agrícolas absorben en torno ao 5% das emisións e iso debería recollerse na lexislación. "Deberíase incorporar como sumidoiro e, ata, dentro do conxunto de créditos de carbono, que se computaría á agricultura", indica Duarte. Os lagos artificiais terían a mesma consideración que os bosques, como captadores.


Artigo do diario Público

quarta-feira, março 05, 2008

O vindeiro 29 de Marzal podemos combatir todos o cambio climático.


A Earh Hour ou a hora da terra, é unha iniciativa levada a cabo por diversas asociacións, consistente en apaga-la luz, das nosas casas durante unha hora, este ano o Fondo Mundial para la Naturaleza (WWF) convoca este evento, coa colaboración de mais de 30 millóns de cidadáns segundo a axencia EFE. Se tres millóns de fogares apagan a luz durante unha hora, poderanse aforrar 380 toneladas de CO2. Así que xa sabedes o vindeiro 29, aproveitade unha horiña para facer iso que fai tempo que non facedes a escuras.

quarta-feira, janeiro 30, 2008

17 DE FEBREIRO: MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA CONTRA A DESTRUCCIÓN DO TERRITORIO


O COLECTIVO GALIZA NON SE VENDE convoca a cidadanía preocupada pola destrucción do territorio a unha manifestación o domingo 17 de febreiro en Santiago de Compostela

FAISE un chamamento contra a destrución sistemática do territorio que se está a producir coa participación do goberno ou a causa do seu deslexio. 

A especulación, o urbanismo salvaxe e a marbellización do litoral, a contaminación e recheos nas rías, a degradación dos ríos, o plan acuícola, o plan da minería, o plan eólico, o novo plan de portos deportivos, a destrucción do Courel, Reganosa, Ence,a planta de residuos proxectada en Ribadavia,a desaparición do rural, a destrución dos espazos protexidos e do patrimonio cultural...

Todas estas son manifestacións deste proceso destructivo que en maior ou menor medida afectan a todo o territorio e poñen en perigo o futuro desta sociedade e a integridade do seu medio. Para manifestar a nosa oposición e tentar poñerlles freo acudide a Compostela o 17 de febreiro e difundide agora esta convocatoria a través dos vosos correos e bitácoras.

Por unha Terra Viva e unha Vida Digna para tod@s

                           Primeira manifestación de Galiza Non Se Vende o 6 de maio de 2007
A Rede Galiza Non Se Vende, formada por máis de medio cento de colectivos ambientalistas e sociais, desembarcará o 17 de febreiro en Compostela para berrar contra a destrución do país

Velaí a grande acción global ambientalista deste 2008 na Galiza nosa. Artellada dende unha organización en rede, un tecido social composto por colectivos moi heteoxéneos pero que coinciden nunha loita común, trata de frear a destrución ambiental do territorio galego, que segundo afirman, nos últimos anos acadou cotas inimaxinábeis. Unha destrución fondamente cimentada no sistema economicista que nos goberna en todos os eidos e nuns gobernos –tamén o actual– que para eses colectivos non están a respostar ás demandas da poboación. Son, ao cabo, unha arañeira de conciencia ambiental que pretende remexer tamén a conciencia colectiva do país. Unha base social antagónica ao poder político.

Galiza Non Se Vende fai así fincapé nunha problemática dabondo extensa, nunha doenza histórica da terra que xa non soporta máis o custe ambiental de actividades económicas insustentábeis que, en gran medida, “residen en empresas de enclave que nos colonizan”.

E a listaxe de eivas évos ben longa: marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plan acuícola devastador, plan de portos deportivos, plan eólico desmesurado, especulación, plan da minaría, destrución do Courel, urbanismo salvaxe, industrias perigosas (Reganosa, Ence, Parque de Residuos no Ribeiro), modelo de transporte e mobilidade insustentábel, destrución do medio rural, dos espazos protexidos e do patrimonio cultural…

Esta marcha pola dignidade da terra terá lugar o 17 de febreiro, a rentes pois da campaña electoral para as Cortes do Estado, saíndo da alameda de Santiago ás 12 da mañá.


domingo, janeiro 27, 2008

Mapa climático de Europa no ano 2071

                             Imaxe: Centre International de Recherche sur l'Environnement et le Développement and Ecole Nationale de la Météorologie, Météo-France.

O mapa superior mostra a posición xeográfica que equivale ao clima que terán varias capitais europeas no ano 2.071 causado polo incremento das temperaturas, en base a modelos e cálculos actuais.

(Vía Guardian Unlimited / Environment.)

NOVA EXTRAÍDA DE ECOMICROSIERVOS

quarta-feira, janeiro 23, 2008

O movemento ecoloxista propón "un programa para a Terra" aos partidos políticos

Son 'doce mandamentos' para «facer as paces co planeta» e, de paso, converter a España nun país máis sostible. Hai eleccións ao lonxe e os principais grupos ecoloxistas do país - Greenpeace, WWF/Adena, Ecoloxistas en Acción, SEO/BirdLife e Amigos da Terra- presentaron este martes 'Un programa pola Terra' como oferta electoral e ecolóxica para os partidos políticos, por se non teñen unha propia. Fixérono antes das eleccións municipais e autonómicas de 2007 e repiten agora de face ás xenerais do 9 de marzo. Entre as súas propostas, ecotasas para os combustibles 'sucios', incentivos ás renovables, peche das nucleares e educación 'verde' para os escolares.

Pretenden «alimentar o debate ambiental» na campaña electoral e proporcionar aos futuros responsables políticos do país unha boa 'folla de ruta', afirmou Juan López de Uralde, director de Greenpeace.

'Un programa pola Terra' propón compromisos concretos sobre cambio climático, enerxía, transportes, calidade do aire, urbanismo e ordenación do territorio, industria, residuos, consumo, auga, agricultura e desenvolvemento rural, bosques, conservación, costas, e política exterior, entre outras áreas. E resúmense en 12 capítulos prioritarios:

-Reducir as emisións de CO2, un 30% para 2020 e un 80% para 2050, respecto dos niveis de 1990, por medio dunha Lei contra o Cambio Climático.

-Unha Lei de Aforro e Eficiencia Enerxética Reducir de forma drástica o consumo enerxético.

-Aposta pola enerxía limpa cunha Lei de Enerxías Renovables.

-Restrinxir o uso do automóbil, máis transporte público e plans obrigatorios de Mobilidade Sostible.

-Medidas efectivas para reducir a xeración de residuos.

-Educar en colexios e institutos para unha 'cidadanía verde', menos consumista.

-Compras públicas suxeitas a estritos criterios ecolóxicos e sociais.

-Redución dun 20% no uso de produtos químicos na agricultura.

-Incentivar o aluguer e a rehabilitación de vivendas fronte á compra e a nova construción.

-Recuperación de acuíferos sobreexplotados, peche de extraccións ilegais, máis de medio millón, e asegurar caudais ecolóxicos nos ríos.

-Completar a rede Natura 2000, tanto terrestre como mariña, e garantir o seu financiamento e xestión.

-Crear unha rede de espazos mariños protexidos, que inclúa áreas litorais e oceánicas.

Detrás destes doce enunciados escóndense propostas de difícil encaixe para algúns partidos políticos, como o peche en 2015 de todas as centrais nucleares, deixar de construír autovías e autoestradas e restrinxir a construción e a ocupación urbanística. «Fai falta maior control na concesión de licenzas de construción e para aprobar plans urbanísticos», a xuízo de Theo Oberhuber, coordinador de Ecoloxistas en Acción.

«Nos últimos anos conseguimos que o discurso ambiental forme xa parte habitual do debate político; agora o momento da acción», recalcan os ecoloxistas. As organizacións asinantes pretenden reunirse en próximos días con representantes dos partidos políticos para facerlles chegar o seu 'programa'.

domingo, dezembro 30, 2007

Central Térmica de As Pontes, o maior foco de contaminación galego


COMUNICADO DA ASOCIACIÓN ECOLOXISTA GUERRILEIR@S DAS FRAGAS:

Co motivo da aparición do alcalde de As Pontes nun programa  emitido a nivel estatal falando do cambio climático, o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas, quere expresar o seu parecer do tema  o non se lle permitir participar neste programa.

Perplexos contemplamos como o representante dos ponteses, que non da empresa ENDESA, facía una alabanza dos “esforzos que a empresa fai por adaptarse ó  cumprimento de quioto, investindo  600 mill. de euros para reducir as emisións de CO2 nun 20 % e as de SO2 practicamente no 100%”

Pois como o propio alcalde tamén dicía, é necesario falar con propiedade destes temas,  e os ecoloxistas de as pontes o facemos acudindo os propios datos que a empresa está obrigada a publicar para a súa certificación ambiental.  Neste documento lemos que as reducións de emisións serán do 6,9 % para o CO2, e do 96,9% para SO2. Isto significa que a central seguirá emitindo cerca de 10.000.000 de toneladas de CO2 ó ano,  case que o dobre do que emite a totalidade do parque automobilístico galego.

Xa ninguén  dubida que o cambio climático producido polo efecto invernadoiro é un dos maiores problemas ambientais ós que nos enfrontamos, a influencia humana sobre o clima é evidente debido o aumento de  emisións de CO2 antropoxénicas como as da térmica de As Pontes. Secas prolongadas, fortes inundacións, olas de calor contaminación do aire…son algunhas das consecuencias do actual modelo enerxético baseado na queima de combustibles fósiles, que emiten o redor do 30 % do CO2 total español. En consecuencia temos que abandonar estas enerxías sucias e incrementar dunha forma racional a participación das renovables, así como promover o aforro e a mellora da eficiencia enerxética.

Pero inda hai máis porque falaba dos “esforzos ambientai” da empresa, algo pouco menos que escandaloso e  que require una breve revisión histórica . A central térmica de As Pontes con 1.400 Mw de potencia é a maior térmica do estado e foi construída entre o 1972 e 1979 para explotar o xacemento de lignito pardo situado o seu pé. Entre 1993 e 1997, a central foi transformada para consumir unha mezcla de lignito e de carbón subbituminoso de importación. Perante o esgotamento do lignito extraído nas pontes a central afronta nestes momentos outra transformación para operar a partir do 2008 só co carbón de importación o cal é menos contaminante e grazas a elo se producirán as reducións da contaminación. Vemos pois que a central de esforzos ambientais nada, senón que grazas o esgotamento do xacemento autóctono, esta  vese obrigada a transformar as caldeiras  para proseguir coa produción.

Guerrilleiros das Fragas
Apartado correos 41 C.P:15320
As Pontes
Teléfono contacto: 659 734273


quinta-feira, dezembro 06, 2007

ÚNETE AO DÍA INTERNACIONAL DE ACCIÓN CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

Amig@s,

O momento que tanto esperabamos chegou. O cume internacional sobre cambio climático máis importante desde Kyoto é esta semana en Bali, Indonesia. Representantes dos nosos gobernos terán a oportunidade de previr—dunha vez por todas—unha crise climática. Con todo intereses económicos moi poderosos seguen intentando retardar o proceso—e por iso debemos facer oír as nosas voces en Bali. Este sábado, Avaaz está organizando unha marcha virtual como parte do día internacional de acción contra o cambio climático.

Para asegurar que nos escoiten en Bali, activistas de Avaaz en Indonesia levarán bandeiras e carteis indicando cantas persoas en cada país asinaron a petición pedindo un novo acordo mundial sobre o cambio climático. Aínda que non esteamos alí, os nosos representantes saberán que estamos pondo atención e que non queremos que volvan de Bali cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha. Segue o enlace seguinte para asinar a petición, e se xa asinaches, utiliza o o formulario ata abaixo da páxina para invitar aos teus amigos e familia a que participen. ¡Tomarache só un momento!

ASINA CLICANDO AQUÍ.

E lembra o proverbio masai que di:
"A TERRA NON A HERDAMOS DOS NOSOS PAIS:
PEDÍMOSLLA PRESTADA AOS NOSOS FILLOS"

sexta-feira, novembro 23, 2007

“Non actuar xa contra o cambio climático é unha irresponsabilidade criminal"

Así de claro teno o Grupo Intergobernamental de expertos sobre o Cambio Climático que se reúne no cume que a ONU celebra estes días en Valencia.

“Non actuar xa contra o cambio climático ameazaría a vida de miles de persoas e sería un ataque directo contra as persoas empobrecidas”, afirmou onte o secretario executivo do Grupo Intergobernamental de expertos sobre o cambio climático (IPCC, nas súas siglas en inglés), que reúne a máis de 450 expertos de 130 países.

O cume, que se celebra en Valencia ata o vindeiro sábado, trasladou unha mensaxe contundente aos políticos e á sociedade en xeral. Os expertos do IPCC alertaron que a loita contra o cambio climático é un reto que hai que afrontar con carácter de urxencia porque terá “enormes implicacións na paz mundial porque aumentará o risco de fames negras e secas que obrigarán a miles de persoas a desprazarse".

“A limitación de recursos como os alimentos, a auga e a enerxía provocarán migracións das zonas rurais ás urbanas, que xa non terán capacidade de abastecer todas as necesidades”, explicou Yan Hong, da Organización Mundial de Meteorología.

Un problema político

O Grupo de Expertos, pois, pasou a pelota aos políticos e estes recollérona apelando ao traballo conxunto. A vice-presidenta do Goberno, María Teresa Fernández De la Vega, por exemplo, afirmou que loitar contra o cambio climático implica "un compromiso internacional" e instou a axuntar "esforzos". De la Vega destacou que o Goberno español fixo do cambio climático “un elemento central na súa estratexia de cooperación internacional” e citou como exemplo a nova Estratexia Española do Cambio Climático e Enerxía Limpa que recolle 198 actuacións. “Pódese crecer economicamente e á vez reducir as emisións”.

+ en Canal Solidario.org

terça-feira, novembro 13, 2007

As Encrobas, a diálogo aberto

Texto de alismile en amigus.org:

La voz en off de una señora nos dice que sólo mentiéndonos en su cabeza y viendo lo que ella ve podría lograr que entendiésemos As Encrobas. Así empezaba "As Encrobas. A ceo aberto". Y no sé si el documental lo consigue, pero al menos nos acerca mucho a lo que ocurrió allí en los 70 y a lo que sigue ocurriendo a día de hoy.

La sorpresa de los niños de la época al ver a los más viejos del lugar coger sus aperos y alzarlos en contra de la injusticia, que en aquellos momentos se materializaba en una barrera de guardias civiles repartiendo palos. La imagen de una anciana cogiendo por la solapa a un picoleto, con la mayor de las valentías, y exigiéndole que se fueran de allí. Las lágrimas de emoción que asoman en los ojos de los entrevistados al rememorar los sucesos. El recuerdo a la valentía de las mujeres de la aldea, que formaron primera fila de una barrera en la que llevaron más palos que alegrías. Moncho Valcarce. Un joven electrocutado. E incluso la exposición de los jefes de Limeisa, contándonos esa relación tan amigable y ese trato tan cordial y agradable con los vecinos e incluso que nos digan que respetan ¡al máximo! el medio ambiente. Todo esto y más. Son relatos de una historia con la que el director quería trasladarnos el sentimiento que lo acompaña desde pequeño, cuando empezó a entender lo que allí estaba pasando, hasta hoy, cuando ya ha visto desaparecer muchas aldeas de la forma más rastrera. El sentimiento de injusticia, creo, fue generalizado entre los espectadores.

El paralelismo con la historia de As Pontes se puso de manifiesto en la mesa redonda que siguió a la proyección, con las intervenciones de Xose Bocixa, el director, Servando Rochela, vecino de As Pontes, y un vecino de Cerceda miembro de la asociación vecinal A Lousa, además de las del propio público asistente, que formulaba sus preguntas y opinaba desde su propia historia. Se abría así un debate muy interesante, donde si algo quedaba claro es que la gente no dejó pisotear sus derechos por unas empresas que no jugaron limpio.

Rochela nos contaba cómo boicoteaban, tirando de una cuerda, las cintas de la mina para parar la producción. Cómo después tuvieron que hacerlas "descarrilar". Cómo la empresa pretendió expropiar a precio de saldo, como quien va a un todo a cien, ofreciendo cantidades irrisorias, unas 5 veces inferiores a lo que por ley correspondía, pero acompañando la oferta con un puesto de trabajo, para luego exigir, desde dentro, la venta de otras tierras... Y cómo unos callaron y otros siguieron peleando.

El vecino de A Lousa, cuyo nombre desconozco, también nos contaba lo que está viviendo ahora. Viven pegados al parque de carbones, dado que la empresa no quiso comprar esos terrenos, saltándose cualquier tipo de perímetro de seguridad. Todos los días dejan los alimentos recién cogidos de la huerta en vinagre, para que se le caiga el polvo acumulado del carbón. Todos los días la ropa que dejan a secar vuelve de color negro a casa. Todos los días respiran mierda. El sulfato cálcico de las emisiones supuestamente les iba a venir de perlas para las tierras y sin embargo allí hay hasta titanio. Desde retener a tres personajes, por los que les vino la guardia civil a chaparrón, hasta cortar la carretera ellos solos. No saben ya qué hacer. "Ata que matemos a un non nos farán caso", afirma su madre siempre. Piden soluciones y pasan de ellos, es la razón de su asociación.

También se plantearon cuestiones de cara al futuro. Como la de reclamar la devolución de las tierras por parte de unos 140 expropiados o el qué sucederá cuando cierre la mina y tengamos un lago. Xose Bocixa comentaba que la única forma de conseguir que el uso y disfrute de sus futuras instalaciones sea público pasa por reclamar la reversión de las tierras.
También hubo mención a Choiva Ázeda, organizadores del evento, que fueron los grandes obviados por algún medio de comunicación.

No me extiendo más, ahora es turno de que contéis vuestras impresiones del documental, pero sobre todo que compartáis vuestras experiencias sobre las expropiaciones en As Pontes. Así que os invito a que lo hagáis aquí.

Kioto sae barato ás empresas altamente contaminantes

Imaxe: Ciclo combinado en obras
Ás empresas afectadas case non lles custa diñeiro manter o mesmo nivel de gases.
Os expertos entenden que algúns Estados asinantes de Kioto foron xenerosos en exceso repartindo cotas gratuítas e que no mercado a oferta supera á demanda. Por iso, a tonelada de gas CO2 está case regalada.

Tamén por isto as emisións reais non baixan. Por exemplo, no 2006, as industrias galegas tiñan asignada unha cota total de 13,7 millóns, pero emitiron 16,5 millóns de toneladas, segundo datos oficiais do Ministerio de Medio Ambiente. Ese desfasamento (2,7 millóns) poderíase comprar hoxe no mercado por 189.000 euros. Contaminar case non custa nada.

No seguinte plan de asignacións aparecen e desaparecen industrias con respecto ao anterior. Así, no documento que rexerá do 2008 ao 2012 si se estrean a central de ciclo combinado de Endesa nas Pontes e a planta de gas de Reganosa, que no 2008 xa estará en operación comercial. Ademais aparece por primeira vez a central de gas de Sabón.

Non aparece, polo tipo de combustible utilizado e por funcionar en momentos críticos, a central de fuel, que está previsto o seu peche para o 2016.
No PNA 2005-2007 aparecían 45 instalacións galegas; no novo, 59.
Nova relacionada:
Nova da Voz

quarta-feira, outubro 31, 2007

España aproba a súa estratexia nacional fronte ao arrequecemento global

As COMUNIDADES AUTÓNOMAS ESTÁN DE ACORDO
España aplicará 198 medidas de redución de emisións e aforro de enerxía
Tras cinco anos de desencontros e debates, o noso país conta por fin coa Estratexia Española contra o Cambio Climático. Onte, o Consello Nacional do Clima aprobou por unanimidade, coa abstención dos tres representantes da ONG ambientais, as 198 medidas concretas para cumprir cos compromisos de Kioto.

Unha vez aprobada polo órgano consultivo, a Estratexia será elevada ao Consello de Ministros do próximo venres. Pero será un simple trámite, posto que o Goberno xa é coñecedor do texto, ao que deu o placet no mes de xullo, e será de inmediata aplicación.

«Estamos moi satisfeitos. foi aprobada sen ningún voto en contra, e só cunhas abstencións que agradecemos, porque son construtivas. As súas críticas son para mellorar o plan», sinalou Cristina Narbona, ministra de Medio Ambiente. O amplo sorriso que mostraba Narbona estaba xustificada ante o apoio de todas as Comunidades Autónomas, corporacións municipais, científicos e expertos, patronal, sindicatos, consumidores..., fóra dos ecoloxistas, que sinalaron, con todo, «que xa era hora de que se aprobase». «Non nos satisfai, pero non a bloqueamos; só nos abstivemos por insuficiente», sinalou ao MUNDO Mar Concepción, responsable de Cambio Climático de WWF/Adena. As outras dúas ONG son Greenpeace e Ecoloxistas en Acción.

A ministra agradeceu a quen «traballaron con esforzo na Estratexia na anterior Lexislatura, porque daquilo que fixeron partimos. Mellorouse estes anos e dotouse de calendario e orzamento. Agradecemento a eles e, por suposto, ao Consello Nacional do Clima», engadiu.

Das 198 medidas que contén o plan de loita contra o arrequecemento global, 80 xa foron postas en marcha en xullo, cun Plan de Medidas Urxentes aprobado entón. Son medidas que só competen ao Goberno do Estado. As restantes 118 empezarán a aplicarse a partir de agora, unha vez que cada Comunidade Autónoma aprobe a súa propia estratexia.

Onte mesmo, tras a sesión principal, as CCAA comezaron a informar de como avanzan os seus propios plans. O País Vasco abriu o melón dos gobernos rexionais, informando da súa Estratexia. Seguíronlle as demais comunidades. O Goberno confía que antes de fin de ano estean en marcha os 17 plans rexionais, e que os municipios incorpórense con inmediatez ao reto de conter as emisións de CO2 e ao aforro de enerxía. Delas dependen os horarios e potencia do alumado público ou os impostos de circulación, que tamén se subirán dependendo da potencia e emisións dos vehículos. Narbona comentou que a axuda que poden sumar as demais administracións ao reto do Estado podería completar os obxectivos de Kioto. A ministra sinalou que esa contribución podería ser de ata o 15% do total de redución das emisións aprobado.

sexta-feira, outubro 19, 2007

O quecemento global trae a Galicia un peixe tropical moi agresivo e voraz


Pescan en Portosín unha anjova, especie que se move en grupos e que é chamada "lobo de mar" debido a súa voracidade como depradador e propio de augas tropicais e subtropicales.

O cambio climático, ou o que é o mesmo o arrequecemento das augas marítimas, podería explicar o achado deste peixe no pantalán do porto náutico de Portosín, na provincia da Coruña, segundo Anxo González, científico do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, quen engade que a anjova é "unha especie bastante agresiva que adoita moverse en grupo e de cando en cando ataca ás persoas", aínda que o pasado ano mordeu na man a unha nena de sete anos nunha praia alacantina.

O cambio climático foi a explicación que tamén ofreceu o científico do Instituto Oceanográfico que este luns pasouse por Portosín a recoller o peixe de man dos seus captadores e descubridores, Juan Insua e Pablo Oliver, quen xa conxelaran ao exemplar e planeaban unha enchente con este peixe de catro quilos de peso e 75 centímetros de lonxitude.

A anjova non pasará polo forno e poderá ser contemplado nunha vitrina do Museo de Ciencias Naturais de Santiago, onde doárono Juan e Pablo, que asombrados polo raro exemplar da súa captura primeiro consultaron en internet, onde confirmaron as súas sospeitas de que este peixe non é habitual de augas galegas. Despois decidiron chamar á Consellería de Pesca.

Este departamento da Xunta puxo sobre aviso ao Instituto Oceanográfico e ao Centro Superior de Investigacións Científicas. Os expertos interesáronse polo achado porque "non é o primeiro peixe tropical que aparece por aquí, pero si a primeira anjova", explica Pablo Oliver.

"Un peixe raro"
Juan Insua relata que estaba paseando co seu amigo Pablo cando viron "un peixe raro" que non coñecían e iso que o primeiro foi mariñeiro e o segundo é un pescador con moita afección. "Chamounos a atención e decidimos capturalo cun arpón. O apresamento foi fácil e non durou moito. Despois ensinámosllo ao socio de Pablo e el, que fixo pesca submarina en Cabo Verde, díxonos que era un peixe limón". O amigo equivocouse, pero non andaba do todo desencaminado. Tratábase dunha anjova, que se pode atopar en augas do Mediterráneo, o mar negro, a costa africana e o atlántico occidental desde Estados Unidos a Brasil.

As anjovas adoitan moverse en grupo de sete ou oito e Juan e Pablo estes días buscan ás compañeiras do seu grupo, pero non tiveron sorte. A Juan preocúpalle a chegada masiva deste peixe porque lle contaron que "aínda que estea saciado adoita acabar con bancos enteiros de sardiña ou de xurelo, do que atope, polo simple feito de matar".

Nova do Faro de Vigo

quarta-feira, outubro 17, 2007

O lince en perigo por unha carretera



Sete anos despois de que se asfaltara, o camiño rural de “Villamanrique de la Condesa” a “El Rocío” (Huelva), segue en tela de xuízo. A infraestrutura atravesa Doñana e pór ela circulan vehículos a máis de 140 km pór hora. Recentemente, a Comisión Europea tomou a decisión de remitilo o Tribunal de Xustiza xa que vulnera a Directiva de Hábitats. Esta é unha proba máis de que a infraestrutura transformouse de forma ilegal en Doñana e que representa unha grave ameaza para o lince ibérico e outras especies protexidas.
As cifras explican pór si mesmas o impacto deste camiño sobre un dos lugares máis ricos en biodiversidade de Europa. Segundo o estudo feito pola propia “Junta de Andalucía”, neste camiño morreron entre marzo e decembro do 2006 case 500 vertebrados, incluíndo aves, réptiles, anfibios e mamíferos. De feito, o lince pode chegar a extinguirse pór mor dos atropelos, a causa maior coñecida de mortalidade para o felino na actualidade.

domingo, outubro 14, 2007

SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza


Amigas e amigos do Courel:

Se o tedes a ben, difundide esta mensaxe entre os vosos contactos, aos que lles poida interesar a defensa deste Espacio Natural e Cultural.

A asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, agora só nos queda acudir a Xustiza.

E fixémolo xa este venres, 5 de outubro de 2007, recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, "La Campa-Santa Eufemia", no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, aínda un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa.

Inmediatamente, a primeiros de novembro, teremos que recorrer tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.

Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos e recursos á estancias superiores aos que facerlle fronte.

Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a "magnitude da desfeita", non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos.

Por iso, para todas e todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición un nº de conta en "La caixa", que podedes mirar no medio do texto de calquera dos seguintes enlaces:

Verdegaia
http://www.verdegaia.org/content/view/376/191/

Arredemo
http://www.arredemo.info/arredrupal/node/89

Adega
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=650&Itemid=2

Ecotono
http://ecotono.net/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=1270&mode=thread&order=0&thold=0

Amigos da Terra
http://www.amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=367

Ou tamén podes miara o nº ao final deste artigo de prensa de EL PAÍS
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/SOS/Courel/recurre/TSXG/licencia/mina/elpepuespgal/20071009elpgal_15/Tes

Mellor en páxinas fixas, porque ao difundir o nº de conta no texto do correo electrónico, pode xerar erros ou saltos de cifras.

Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e desfrute de todas e todos.

A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, con NIF G27362474 , con enderezo postal en "Santa Eufemia, nº32, Folgoso do Courel. 27327 Lugo" non ten ánimo de lucro, e tal e como consta nos seus estatutos debe promover todas aquelas medidas que leven a acadar a "Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel".

Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, o noso enderezo postal indicado arriba ou o telefono 607 22 58 87.

Por suposto que renderemos contas de ingresos e gastos e manterémosvos informados.

Gracias por axudar


SOS Courel, 11 de outubro de 2007



Enlaces con fotos do desastre:

http://fotossoscourel.blogspot.com/

http://soscourelsos.blogspot.com/

Vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o

Outras aclaracións:

Mentres o Courel se dispara cara un despoboamento seguro e o Parlamento cala, a Xunta lanza cortinas de fume a base de unha maraña de prazos e datos confusos sobre o futuro Parque Natural, de numero de concesións mineiras posibles e imposibles e de unha garabullada de promesas e medidas que nunca chegan; todo elo para tranquilizar a opinión pública sobre o inmenso escándalo.

Ao noso entender, o Consello da Xunta de Galicia, en xuño de 2007, errou ao entender mal a Lei, e autorizar unha canteira no medio da Cunca do Lor, na médula dun xa masacrado Courel.

A lei di: " O Consello da Xunta valorará a compatibilidade ou non da explotación cos valores naturais, ambientais e paisaxísticos existentes". Pois ben, a explotación funcionaba xa, a pesar de unha orde de peche, dictada precisamente por non ser compatible con eses valores.

Ao mesmo tempo esta autorización, é o precedente e o umbral ambiental necesario para a autorización de alomenos outras 54 explotacións mineiras neste territorio; e tamén é o requisito previo para a declaración do concello de Folgoso do Courel como "Concello Mineiro" tal e como se prevé na futura "Lei de promoción da minaría de Galicia".

No Courel xa hai demasiadas canteiras cunhas condicións ambientais insostibles, recoñecidas polas propias empresas, cando pediron axuda económica ás Administracións para solucionar o problema ambiental no 2001.

Os postos de traballo:

No Courel hai posibilidade dabondo de crear moito máis dos cen postos de traballo, da canteira que se cuestiona, e son necesarios e urxentes para a restauración e conservación cultural e ambiental de todo o Courel.

A Xunta pode se quere, crear estes postos de traballo xa, sen traumas nin chantaxes para os traballadores; e os fondos poden saír por exemplo, do mesmo "cofre" de onde que saíron os do "Gaiás" ou os dos de momento, 4.000 sobresoldos de 15.000 euros anuais, para pasados e futuros altos cargos; e non imos valorar agora estes dous últimos "esforzos económicos públicos".

Aos traballadores da pedra de Galicia, as Administracións débenlle, según algúns sindicatos e nós estamos tamén de acordo, un plan cun "esforzo económico Estatal", para equiparar a idade de xubilación aos outros ramos da Minaría. De levarse a cabo permitiría a xubilación de moitas e moitos traballadores cunhas retribucións máis xustas que as actuais e recolocar todas as traballadoras e traballadores especialistas desta canteira nas outras da contorna.

Non hai desenvolvemento económico se non se respectan os valores culturais e ambientais.

domingo, setembro 02, 2007

Avaaz achegase o millón de membros.


En tan só 6 meses, máis dun millón de nós en todolos paises do mundo, participamos en accións da comunidade Avaaz. Isto é verdadeiramente incrible, e amosa cá opinión pública da maioría dos habitantes do planeta sea tomada en conta nas políticas que nos gobernan a todos nós. Se queres ver os resultados das campañas de Avaaz preme aquí.

terça-feira, agosto 28, 2007

Guerrilleiros das Fragas, envianos esta nota de prensa




Ante a eminente posta en marcha da central de ciclo combinado de ENDESA en As Pontes, o grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas quere poñer de manifesto o perigo que pode supoñer esta central, debido á súa cercanía ó núcleo urbán será un foco de contaminación grave para a saúde pública. Cremos necesario pois esixir ós organismos competentes e á empresa o máximo rigor, polo que pedimos que se someta a totalidade da central a unha certificación ambiental tipo EMAS.
Queremos resaltar que o noso concello tivo a posibilidade de xulgar se o proxecto da central era axeitado para os ponteses e o noso entorno. O Decreto 2414/1961 establece a competencia do alcalde na concesión de licencias a actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas como e o caso desta central. O mesmo decreto establece para estas actividades a condición de establecerse a un mínimo de 2.000 m de calquera núcleo urbano, esta central ubica as instalacións a escasos 300 m do núcleo urbano de As Pontes, polo que non nos explicamos que motivos ocultos permitiron conceder a licenza.
Unha das circunstancias que condicionan en gran medida os efectos contaminantes da central é que está autorizada a operar con gasóleo, tendo en conta que se estima que o consumo de este combustible será de 62.860Kg/h, temos un consumo aproximado de 75m3/h. Supoñendo que o aporte de gasóleo á central efectuarase con camións cisterna de 40 m3 de capacidade e cun ritmo de traballo a gasóleo de 45 dias/ano teriamos un tráfico de camións de 46 ó día aportando este combustible. No proxecto de execución non se analiza o impacto que este trasiego de camións tería sobre o medio ni sobre a poboación. Se di o proxecto que operando con gas natural todo o ano, menos 45 días/ano con gasóleo cúmprese o Real Decreto 1073/2002, con emisións de NO2 de 176,41µg/m3 sendo o límite 200 µg/m3.Temos que supoñer pois que superando os 45 dias/ano operando con gasóleo non se cumpriría o Real Decreto. Cremos estrictamente necesario que se concreten e se limiten as horas de operación da central con gasóleo antes de conceder la licencia de operación.
Respecto ás emisións gaseosas aínda sendo este apartado moi completo no proxeto de execución, non permite valorar as emisións, nin a procedencia ou non de incorporar tecnoloxías de control e eliminación das mesmas. A presentación dos valores en termos relativos (concentracións, taxas de emisión) ou comparativos (gas vs. carbón) deixan de lado que taxas de emisión baixas poden supoñer valores de emisión absolutos elevados.
Para xustificar a posta en marcha desta central deféndese que o uso de gas natural como combustible supón unha redución das taxas de emisión de CO2 por unidade de producción fronte a outros combustibles fósiles. Isto é así se non se ten en conta a taxa de fugas do gas natural durante o proceso de extracción e o transporte ata a central, pois unha molécula de metano ( CH4 compoñente casi exclusivo do gas natural) ten o mesmo impacto sobre o efecto invernadoiro que 24 moléculas de CO2. A taxa de fugas foi estimada nun 1% do gas transportado o cal merma significativamente as ventaxas do gas natural.
En calquera caso, sen contar coa aportación do metano, as emisións de CO2 anuais desta central chegarán a 3 millóns de toneladas, presentar esto como unha contribución á loita conta o efecto invernadoiro é algo que raia co esperpento. O protocolo de Quioto non está a conquerir a redución de emisións de CO2 en España en gran medida debido a instalacións de centrais térmicas como a proxetada, xa que a produción de electricidade é un dos máximos responsables do aumento de emisións. España é o pais de Europa que maior grado de incumprimento acumula con respecto ó fixado no protocolo de Quioto xa que entre 1990 e 2000 incrementou as emisións de CO2 máis dun 34% cando se lle concedera un aumento máximo do 15% ata o 2010.
A escala local e rexional, os óxidos de nitróxeno (NOx) serán o principal contaminante atmosférico que emita a Central. Os NOx e o SO2 son os principais causantes das choivas ácidas reaccionando co vapor de auga na superficie das partículas de po e formando gotas microscópicas de ácido que ó reagruparse forman a choiva. Asimesmo os NOx teñen gran poder contaminante debido á súa forte absorción de radiación ultravioleta. O re v sultado da conxunción NOx, Hidrocarburos e luz solar, constitúe o chamado “smog” fotoquímico causante de problemas respiratorios e danos nos ollos, amén de corrosión nos materiais.
Entre as instalacións da central inclúense tanques de almacenamento de productos químicos tóxicos e perigosos como hipoclorito sódico, fosfato sódico, hidracina, alcalinizantes(aminas), Hidróxeno, gasóleo…é necesario pola seguridade da poboación e do medio, que se precisen as capacidades e condicións de almacenamento de todos estes productos e especialmente, das balsas onde se almacenarán as augas de lavado químico das caldeiras e turbinas de gas, para a recollida por un xestor autorizado.
Esta central térmica non é necesaria dende o punto de vista enerxético, nin dende o ámbito autonómico nin nacional. Hai que ter en conta que a comunidade autónoma de Galicia é excedentaria de enerxía exportando o 40 % da produción.
Non se considerou a proximidade da central de ciclo combinado á térmica de 1.400Mw tamén de ENDESA, sen especificar se existen incompatibilidades legais ou técnicas que prohiban a instalación da nova central. A proximidade de dúas instalacións destas características significará un aumento do risco socio ambiental en caso dun accidente nalgunha das dúas centrais.

sábado, agosto 11, 2007

Incendios Forestais


Durante o pasado ano, según datos de www.incendiosforestales.org, rexistráronse en España 16.355 incendios forestales, un 35,8 % menos que no 2005, e un 21,7 % menos que a media deo decenio 1996-2005. En total arderon 148.826 hectáreas, un 21,12 % menos que no 2005, pero superouse a media da superficie que ardeu no decenio de referencia nun 20,45 %. Todas as Comunidades Autónomas rexistraron un descenso da superficie forestal afectada polo lume, a excepción de Galicia e Asturias, aínda que os datos deste ano todavía non foron publicados.


Incendiómetro de WWF/ADENA