Mostrar mensagens com a etiqueta cooperación. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta cooperación. Mostrar todas as mensagens

domingo, março 30, 2008

A información sobre o audiovisual galego repítese en máis de dez portais de Internet


Na rede existen máis de tres catálogos de producións audiovisuais feitas no noso país ademais de múltiples portais nos que coñecer a actualidade informativa. Isto, sen ter en conta que cada produtora conta co seu propio sitio web no que dá conta dos seus traballos. No fondo acaba por evidenciar unha abondosa redundancia informativa tanto en sitios mantidos por entidades públicas como privadas.

Audiovisualdegalicia.es, Axenciaaudiovisualgalega.org, AVG, cinegalego.es, Consorcioaudiovisualdegalicia.es…. son só algúns dos nomes dos dominios que existen na rede con información relativa ao sector audiovisual. Desde que en 1996 Margarita Ledo crease, no seo da Universidade de Santiago, o “Observatorio do Audiovisual Galego” foron agromando múltiples iniciativas, iso si, todas abandeiradas baixo a intención de “fomentar e potenciar” o audiovisual da terra.

Similitudes e diferenzas
En primeiro lugar, o denominador común a todas as iniciativas que se manteñen na rede arredor diso que chamamos “audiovisual galego” teñen como principal fío común promover o audiovisual. Así, no web da “Axencia Audiovisual Galega” o obxectivo que figura “é consolidar un audiovisual con identidade de seu e fortaleza suficiente para situarse nun mundo globalizado”. Para a ferramenta “Cinegalego.es” o sitio web é “unha nova vía para a promoción e difusión das obras feitas en Galicia” e, entre os seus obxectivos, figura “promocionar o noso audiovisual e servir de apoio ás accións de márketing desenvolvidas polas produtoras e distribuidoras”. AVG, o primeiro portal informativo nesta materia leva a etiqueta de “O soportal do audiovisual galego”.

Todos os sitios web que aparecen detallados a continuación teñen unha sección informativa para atender aos feitos de actualidade, e ademais desta multiplicidade informativa hai tamén varios catálogos onde coñecer os detalles das producións. Pero non todos manexan as mesmas cifras. AVG ten 3.389 entradas (entre producións, entidades e profesionais), a Axencia Audiovisual Galega ten 3.625 (entre producións e profesionais), Cinegalego.es ten 246 traballos. Isto, máis o “agregador” de “Audiovisualdegalicia.es” que, tal e como se dixo na súa presentación pretende agrupar os contidos dos diferentes portais. Estes tres catálogos parten dunha mínima información común (sinopse, ficha técnica e ficha artística) pero hai diferencias notorias entre eles. Para comprobar as peculiaridades e as diferenzas recomendamos un paseo atento pola rede e, para os que o prefiran, aquí teñen unha análise de cada sitio web (ordenadas por data de creación do sitio web).

+ info en Cultura Galega

quarta-feira, janeiro 23, 2008

O movemento ecoloxista propón "un programa para a Terra" aos partidos políticos

Son 'doce mandamentos' para «facer as paces co planeta» e, de paso, converter a España nun país máis sostible. Hai eleccións ao lonxe e os principais grupos ecoloxistas do país - Greenpeace, WWF/Adena, Ecoloxistas en Acción, SEO/BirdLife e Amigos da Terra- presentaron este martes 'Un programa pola Terra' como oferta electoral e ecolóxica para os partidos políticos, por se non teñen unha propia. Fixérono antes das eleccións municipais e autonómicas de 2007 e repiten agora de face ás xenerais do 9 de marzo. Entre as súas propostas, ecotasas para os combustibles 'sucios', incentivos ás renovables, peche das nucleares e educación 'verde' para os escolares.

Pretenden «alimentar o debate ambiental» na campaña electoral e proporcionar aos futuros responsables políticos do país unha boa 'folla de ruta', afirmou Juan López de Uralde, director de Greenpeace.

'Un programa pola Terra' propón compromisos concretos sobre cambio climático, enerxía, transportes, calidade do aire, urbanismo e ordenación do territorio, industria, residuos, consumo, auga, agricultura e desenvolvemento rural, bosques, conservación, costas, e política exterior, entre outras áreas. E resúmense en 12 capítulos prioritarios:

-Reducir as emisións de CO2, un 30% para 2020 e un 80% para 2050, respecto dos niveis de 1990, por medio dunha Lei contra o Cambio Climático.

-Unha Lei de Aforro e Eficiencia Enerxética Reducir de forma drástica o consumo enerxético.

-Aposta pola enerxía limpa cunha Lei de Enerxías Renovables.

-Restrinxir o uso do automóbil, máis transporte público e plans obrigatorios de Mobilidade Sostible.

-Medidas efectivas para reducir a xeración de residuos.

-Educar en colexios e institutos para unha 'cidadanía verde', menos consumista.

-Compras públicas suxeitas a estritos criterios ecolóxicos e sociais.

-Redución dun 20% no uso de produtos químicos na agricultura.

-Incentivar o aluguer e a rehabilitación de vivendas fronte á compra e a nova construción.

-Recuperación de acuíferos sobreexplotados, peche de extraccións ilegais, máis de medio millón, e asegurar caudais ecolóxicos nos ríos.

-Completar a rede Natura 2000, tanto terrestre como mariña, e garantir o seu financiamento e xestión.

-Crear unha rede de espazos mariños protexidos, que inclúa áreas litorais e oceánicas.

Detrás destes doce enunciados escóndense propostas de difícil encaixe para algúns partidos políticos, como o peche en 2015 de todas as centrais nucleares, deixar de construír autovías e autoestradas e restrinxir a construción e a ocupación urbanística. «Fai falta maior control na concesión de licenzas de construción e para aprobar plans urbanísticos», a xuízo de Theo Oberhuber, coordinador de Ecoloxistas en Acción.

«Nos últimos anos conseguimos que o discurso ambiental forme xa parte habitual do debate político; agora o momento da acción», recalcan os ecoloxistas. As organizacións asinantes pretenden reunirse en próximos días con representantes dos partidos políticos para facerlles chegar o seu 'programa'.

domingo, janeiro 13, 2008

Novo portal de comunicación da Rede de Acción Sociocultural Arredemo


O vindeiro sábado 19 de xaneiro a Rede de Acción Sociocultural Arredemo presenta o seu novo portal de comunicación no Instituto Galego de Información (IGI) a días escasos do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do Grupo Sargadelos e da máis que posible liquidación do proxecto cultural a el asociado. No contexto desta agresión e aloxado no portal, reábrese o Foro Negro (ver anterior edición) como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural. 

Arredemo invita a participación na construción da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo contribuíndo a tecer a rede de todas e todas. 

Para confirmar a asistencia individual ou de colectivos escribir un correo a: foronegro@arredemo.info

sábado, janeiro 12, 2008

Galicia apiques de contar cun Cluster das empresas de Tecnoloxías de Comunicación e Información (TICs)


O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, confirmou este mércores perante os medios informativos que o 31 de xaneiro se formalizará o Clúster TIC de Galiza, previsto no Plano Galego da Sociedade da Información.

Blanco fixo fincapé na necesidade de dotar a Galiza de mellores infraestruturas para universaliza-la Sociedade da Información, que deben ir acompañadas dun traballo didáctico para que os cidadáns coñezan as novas tecnoloxías. O conselleiro amosouse convencido de que a nosa terra rematará por converxer co Estado nesta materia, aínda que o maior reto é converxer con Europa, sinalou.

O devandito Clúster, precisamente, será unha das grandes apostas da Xunta nestes obxectivos. Este proxecto,presentado e formalizado o pasado mes de maio en Santiago, abranguerá esforzos e proxectos de asociacións empresariais e profesionais galegas da electrónica, a informática e as TICs. 

26 DE XANEIRO DE 2008 • Día de Mobilización e Acción Global


Organizacións cívicas e sociais galegas participantes no proceso de Foro Social Mundial dende xaneiro de 2001 convocan a un acto cívico de mobilización para expresar dende Galicia a solidariedade coas principais reinvindicacións do movemento antiglobalización.

ESTE É O COMUNICADO:

DIVERSAS ORGANIZACIÓNS SOCIAIS GALEGAS IMPULSAN A CREACIÓN DUN FORO SOCIAL GALEGO

26 de xaneiro celebrarase unha Asemblea de movementos sociais en Santiago

Os abaixo asinantes, organizacións cívicas e sociais galegas e participantes no proceso do Foro Social Mundial dende Xaneiro de 2001, convocamos a un acto cívico de mobilización para expresar dende o noso país, a solidariedade coas principais reivindicacións do movemento antiglobalización.

Por esta razón, convocamos a unha Asemblea de Movementos Sociais Galegos, así como a unha Feira de Asociacións (por mor do espazo limitado organizacións interesadas, contactar antes do 15 de xaneiro con info@altermundo.org), para o Día de Mobilización e Acción Global que este ano substitúe ó Foro Social Mundial centralizado.

A Asemblea e a Feira realizaranse na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela , o día 26 de xaneiro do 2008 ás 11:30 da mañá. O obxectivo desta Asemblea, escollida para manter o confronto co Foro Económico Mundial de Davos, encontro da elite neoliberal que acontece sempre no mes de xaneiro desa vila alpina, será o de iniciar a andaina necesaria cara un Foro Social Galego (FSG).

O noso compromiso coa realidade local é o noso compromiso coa transformación global:

  • Contra a globalización neoliberal

  • Para erradicar a pobreza

  • Pola paz e contra o armamentismo

  • Pola profunda reforma do sistema de institucións internacionais

  • Abolición da débeda externa

  • Igualdade real das mulleres

  • Sustentabilidade ecolóxica

  • Defensa dos recursos naturais

  • Pola Sobreranía dos pobos

  • Agricultura e alimentación fóra da OMC

  • Recoñecemento do dereito dos pobos á Soberanía Alimentaria


domingo, dezembro 30, 2007

A Comunidade Xitana, camiño da Normalización


A Comunidade Xitana, camiño da Normalización:

Os grandes logros dos últimos anos e a importante transformación lograda pola comunidade xitana desde os tempos da Transición non pode ser ocultado pola existencia de certos problemas sociais que aqueixan á comunidade xitana, como a outras persoas e colectivos na nosa sociedade.

O vaso medio cheo ou medio vacío. Eis a cuestión de fondo. Existe unha imaxe secularmente vexatoria da Comunidade Xitana. Ademais, cincocentos anos de lexislación en contra dos xitanos. Un ordenamento xurídico pensado para promover a uniformidade que impediu o normal desenvolvemento deste pobo milenario entre nós e o situou entre a asimilación e a marxinalidade. Nesas condicións, a normalización social desde a diferencia pasou a ser unha rareza.

        Despois deses cincocentos anos, levamos pouco máis de vintecinco de recoñecemento da cidadanía e de procura da participación social desde a propia idiosincrasia. Un reto digno dunha sociedade democrática e madura, que a propia comunidade xitana acolleu con entusiasmo.


Os froitos están á vista: Desde1983 a 2000, a escolarizaciónno nivel de ensino primario pasou do 65% ao 94%: en 18 anos ganáronse dezanove puntos porcentuais. A escolarización no tramo da secundaria pasou de ser prácticamente inexistente a un 40%. Esta mellora, aínda máis chamativa que a anterior, obedece ao comezo máis temperá da Educación Secundaria a á obrigatoriedade da mesma na actualidade. Pero supón un cambio cualitativo que aínda non foi suficientemente valorado polo conxunto da sociedade. Outro tanto podemos afirmar respecto da Educación Infantil: desde unha presencia totalmente testemuñal a un 63% de escolarización pre-obrigatoria. Tendo en conta que as habilidades máis importantes para a adquisición de destrezas, actitudes e contidos educativos se desenvolve durante estes periodo da vida, esta mellora apunta a un cambio radical que se consolidará durante os próximos anos. De feito, en localidades como Vigo a desescolarización en Secundaria Obrigatoria é mínima (menos do 5%) e a das mulleres mellora a dos homes. Este cambio histórico tenderá a consolidarse e a extenderse a outras localidades.


Pero existen outros datos positivos que deben ser salientados. A cobertura sanitaria universalizouse. Así, a atención sanitaria deixou de ser de beneficencia a ser universal. A consulta médica deixou de ser basicamente hospitalaria (o 66,5% en 1983) a ser fundamentalmente ambulatoria. As visitas ao médico pasaron de ser ocasionais (o 62% non asistían nunca ao médico en 1983) a ser habituais.




       

Outra área de normalización é avivenda: non en toda a comunidade autónoma de Galicia, pero con logros moi importantes en certas localidades:  en Vigo só o 2,5% vive en chabolas. Porcentaxe moi similar atopamos na cidade de Pontevedra.




En canto ao emprego, a chatarra pasou de ser a actividade principal para o 46% da poboación en 1983 a un 28% en 2001 (datos para as cidades de Vigo e Pontevedra). A cambio, as actividades comerciais reguladas pasaron do 25% ao 34% no mesmo período. Entre 1995 e 2001 deuse un incremento do 500% nos contratos por conta allea, en empresas de tanto prestixio como Citroën e tan variados como a hostelería, a loxística, os servicios sociais, a construcción ou a limpeza industrial. Este cambio racha a imaxe social de dependencia das prestacións sociais e apunta a unha amplia participación na vida económica, onde os traballos marxinais tenden a desaparecer e a ocupación normalizada a incrementarse de forma continua.


No nivel cultural tamén se produciron cambios importantes. Incrementouse a afiliación á Igrexa Evanxélica Pentecostal de Filadelfia, cunha marcada preocupación pola formación e a educación; unha nova imaxe da muller xitana que inclúe a diminución de número de fillos, a obtención de permisos de circulación, o estudio (o primeiro diplomado universitario de Galicia é unha muller) e mesmo o traballo por conta allea; novas perspectivas para a xente nova desde o ocio á participación social...

          Por suposto que siguen existindo realidades de exclusión social moi evidentes, comportamentos moi conservadores en determinadas familias... Pero necesitamos insistir nos elementos positivos da realidade xitana: por ben da comunidade e por ben da sociedade.

Santiago González Avión. Director Territorial da FSG en Galicia.

EXTRAÍDO DE WWW.GITANOS.ORG

+ INFO: Web da FUNDACIÓN SECRETARIADO GITANO

segunda-feira, dezembro 17, 2007

Lugo: Bonito sí, pero non así!

chimenes

Este martes 18 ás 20:00 h. no salón de actos do IES Lucus Augusti (antigo
Instituto Masculino), a asociación Lugo Patrimonio e a asociación pola
defensa do Parque Rosalía presentarémosvos a campaña:

LUGO: BONITO SI, PERO NON ASÍ

Esta campaña nace coa vontade de que a ela se sumen tódalas persoas e
asociacións que o desexen, e coa finalidade de debatir e participar do
urbanismo, a arquitectura e a conservación do patrimonio en Lugo. Na
charla farase un percorrido en imaxes por acertos e desacertos
urbanísticos, os danos que sufre a muralla, sensibilización á hora de
rehabilitar, e a situación actual do proxecto de construcción nas Costas
do Parque.

Para participar e intervir neste acto foron convocadas os seguintes
colectivos:

- Federación de Asociacións Veciñais
- UNAVE, Unión de Asociacións Veciñais
- Asociación O Carballo (Parque Marcos Cela)
- Adega
- PRODELUGO, Asociación para la promoción y el desarrollo de Lugo
- Colexio de Arquitectos

Agradecendo a difusión desta mensaxe e agardando contar coa túa
participación, recibe un saudo

Asociación pola Defensa do Parque Rosalía
http://www.parquerosalia.es

Asociación Lugo Patrimonio
http://www.lugopatrimonio.org

segunda-feira, dezembro 10, 2007

A plataforma Merexo non se vende convoca á comunidade internauta en axuda desta paraxe

Para cada medida das administracións que vén envolta en controversia e que non convence a unha parte dos cidadáns, hai unha resposta. E a Rede é cada vez máis o sitio onde se emite cara ó mundo esa resposta. Así o puidemos constatar en iniciativas como Salvemos Monteferro, SOS Courel, A Ría non se vende, ou a de Amigus nas Pontes a prol da conservación do Círculo Lítico da Mourela. Este tipo de mobilizacións, que son como un aviso de que Internet e todas as cousas que a rodean serven como plataforma de diálogo pero tamén como observatorio e medida de presión, comparte feitura e fondo con Merexo non se vende, que é froito da oposición dun colectivo de veciños de Muxía á chegada dunha nova planta acuícola á dita paraxe de Merexo.

A cuestión é esta: o proxecto de construción dun complexo empresarial que ocuparía 270.000 metros cadrados de costa para o cultivo e crianza do rodaballo non convence ós veciños. Estes, co fin de mobilizar á restante comunidade internauta, veñen de habilitar na web seccións encamiñadas a recadar sinaturas de apoio e a achegar material de todo tipo sobre a orixe deste problema e as súas consecuencias (inclúense imaxes do presente de Merexo e do futuro, cando estea ocupado polas piscinas da planta acuícola).

A páxina tamén ofrece unha galería fotográfica sobre as mobilizacións organizadas até o de agora, o decálogo dos veciños en contra do Plan Galego de Acuicultura da Xunta e mesmo unha pequena pero fermosa escolma de fotos históricas desta vila da Costa da Morte.

Información de Código Cero

quarta-feira, novembro 14, 2007

Presentación da " Rede Galiza Non Se Vende"

Imaxe: manifestación de Galiza non se vende o 6 de maio en Santiago

Reproducimos o comunicado enviado por Rede Galiza Non Se Vende, e aproveitamos para sumarnos a este movemento social co que esperamos poder colaborar activamente pola conservación e valoración dos recursos medioambientais de Galicia.


A Rede Litoral Vivo, impulsora da manifestación celebrada en Santiago o6 de maio, decidíu abrirse a novos colectivos que até entón non estaban representados na que foi a primeira agrupàción unitaria de organizaciónsecoloxistas e colectivos cidadás.
Motivo desta ampliación xurde a "Rede Galiza Non Se Vende" cos mesmos obxectivos que o 6 de maio conseguironaglutinar á Galiza defensora do seu territorio.Este venres terá lugar a presentación ante os medios de comunicacióndeste movemento.
Contamos cunha nova páxina web www.galizanonsevende.org que servirá de ventá para todos os grupos que formen parte dda redeGNSV, un medio que amais de difundir a problemática das distintaslocalidades galegas servirá como nexo de unión entre todos nós.
Taménqueremos informarvos que traballaremos arreo para organizar unha gran manifestación en Compostela o 17 de febreiro, tal e como se acordou naúltima reunión da Rede Litortal Vivo. Dende aquí queremos invitarvos a participar neste novo movemento quetenta manter en alto a dignidade dun pobo que soubo demostrar cando oPrestige que o conformismo non é precisamente o seu sinal de identidade,cousa que algúns desexarían.Escribídenos a este enderezo se podemos contar convosco.
Un cordial saúdo a tod@s

Galiza Non Se Vende (info@galizanonsevende.org)

A presentación será o venres día 16 ás 12 horas no local do Club Internacional de Prensa (Avenida da Coruña, 6 baixo. 15706 Santiagode Compostela)

terça-feira, novembro 13, 2007

Conferencia en Ferrol sobre o conflicto bélico no Chad

Hoxe ás 8 do serán, no salón de actos da sede da Xunta en Ferrol (Ex-Praza de España), haberá unha conferencia titulada:

"No lume cruzado: a poboación civil no conflicto de Chad" ca participación de:

- M. Ali Mahamat Mahmoudi.
- José Luis Quintela, director de Intemón Oxfam para Galicia e Asturias.

M. Ali Mahamat Mahmoudi é investigador e presidente do Comité Nacional a cargo da asistencia a personas desprazadas no pais de Chad e formador en técnicas de desenvolvemento de diálogos e mediación para a resolución de conflictos.

quinta-feira, outubro 18, 2007

Rede Litoral Vivo convoca unha reunión este sábado en Compostela

Lembrámosvos dende Rede Litoral Vivo que se celebrará unha reunión opróximo sábado en Compostela.
O movemento que o 6 de maio se aglutinou arredor do lema "Galiza non sevende" segue vivo e non renuncia a conseguir un cambio de rumbo andaina depredadora de certas empresas. O desenvolvemento industrial e económico non é tal se non vai acompañado dunha protección eficaz das nosas rías, da terra e do aire que respiramos. Por estas razóns, a Rede Litoral Vivo, na que se integran máis de vinte asociacións ecoloxistas, chama a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro sábado día 20 ás 12 h. na Galería Sargadelos de Compostela.
Pregamos a asistencia de todos oscolectivos cidadáns, organizacións ecoloxistas, representantes da cultura e calesquera cidadáns que sintan a necesidade ineludíbel de opoñerse á perda do privilexiado hábitat galego, o que mellor define a nosa identidade.

sexta-feira, setembro 07, 2007

Intergeneraciones


Todos temos algún familiar, pai, nai, avos, que pola sua idade están afastados de toda-las novas tecnoloxías, e alguén dixo que o analfabetismo deste século sería non manexar computador. Co fin de asesorar e por o alcance dos nosos maiores as novas tecnoloxías nace "Intergeneraciones". Os cales teñen unha páxina moi currada é na nosa opinión intersante. Se queres visitala preme aquí

terça-feira, agosto 28, 2007

Exposición fotográfica: Dereitos palestinos á sombra do Muro‎




Organizada por:
Asociación Cultural Fuco Buxán e a ONG ACSUR - Las Segovias
coa colaboración da Fundación Araguaney
Exposición Fotográfica

"Dereitos palestinos á sombra do Muro"

Exposición que amosa os efectos que ten para a poboación palestina
o Muro que Israel constrúe nos territorios ocupados.

Inauguración
(rolda de prensa)

30 de agosto de 2007, 18.30 horas,
Lugar: Fundación Araguaney (Sala Castelao)
Rúa Montero Ríos, 25-27 Santiago
Con:
Isaac Díaz Pardo ,
Ghaleb Jaber Ibrahim
(Presidente da Fundación Araguaney)
Manuel A. Rodríguez Carballeira
(Presidente da Asociación Fuco Buxán)

Acto do 6 de setembro, ás 20 horas,
na Sala Castelao da Fundación Araguaney
Presenta:
Manuel A. Rodríguez Carballeira
(Presidente da Asociación Fuco Buxán)
Interveñen:
Mohamed Safa
(OLP)
Xosé Sánchez Bugallo
(Alcalde de Santiago de Compostela)
Jordi Pedret i Grenzner
(Vicepresidente de ACSUR, Deputado do PSC e Voceiro do Intergrupo para Palestina do Congreso)

A exposición estará desde o xoves 30 de agosto ao sábado 8 de setembro,
ambos incluídos.
Por semana de 18.30 a 21 horas, e os sábados de 12 a 14horas

segunda-feira, julho 16, 2007

Vacacións diferentes: acompaña a un maior


ONG e colectivos de apoio á terceira idade recordan que a soidade de moitos maiores agrávase nestas datas e fan un chamamento en busca de voluntarios que queiran compartir o seu tempo este verán.
Dende facer compañía a unha persona maior ou ir con ela ó médico, hasta facer seguimientos telefónicos, ou reparacions e pequenos arranxos nos fogares, son algunhas das tarefas que se poden facer para axudar a que as persoas maiores que se atopan solas pasen un verán mellor. Un millón de persoas maiores viven solas en España, e un 80% delas son maiores de 80 anos, según cifras de Solidarios para el Desarrollo.

terça-feira, julho 10, 2007

Unha alternativa ás tradicionais vacacións de verán

Solidaridade Internacional permite coñecer de primeira man como se levan a cabo proxectos de desenvolvemento en países como Ecuador ou Nicaragua.
A través do programa Vacacións Solidarias esta organización non gobernamental de desenvolvemento permite aos voluntarios compartir as súas vacacións coas poboacións indíxenas daqueles países onde ten proxectos de cooperación en marcha. Desde a oenegué encárganse de facilitar todos os detalles da viaxe e de coordinar a estancia do voluntario.

quinta-feira, julho 05, 2007

Coñeces os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio?

Sabías que a nutrición e a saúde básicas para todas as persoas do planeta custarían 13.000 millóns de dólares ao ano... e Europa e Estados Unidos gastan 17.000 millóns en comida para mascotas? Ou que para lograr a educación primaria universal en 2015 necesítanse polo menos 18 millóns de profesores e profesoras máis? Ou que no ano 2000 cada vaca europea recibiu 760 euros de subsidio da UE mentres cada persoa en África subsahariana recibiu pouco máis de 6 da mesma institución? Sabías, finalmente, que o consumo de auga en mal estado provoca máis mortes que a guerra ou o terrorismo? Se non sabías todo iso, quizá debas coñecer aínda máis os Obxectivos do Milenio.

O 8 de setembro do ano 2000, 189 Xefes de Estado e de Goberno reuníanse na sede das Nacións Unidas de Nova York no chamado Cume do Milenio cun claro obxectivo: transmitir a políticos e cidadáns, a sociedades e gobernos, que a erradicación da pobreza mundial debía ser unha prioridade para todos e todas. Con esta motivación como pano de fondo, subscribiron a Declaración do Milenio, pola que se comprometían a acabar coa pobreza e o fame a través de oito retos concretos, os denominados Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM).

Os primeiros sete obxectivos fan referencia á erradicación do fame e a pobreza, á educación primaria universal, á igualdade de xénero, á redución da mortalidade infantil e maternal, á detención do avance do VIH/SIDA, paludismo e tuberculose e á sustentabilidade do medio ambiente. O Obxectivo 8 céntrase en fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento a través da materialización dun compromiso firme que axunte recursos e vontades en forma de alianzas entre países ricos e pobres.

quarta-feira, junho 27, 2007

Unha web permite o seguimento contínuo ás doazóns para proxectos de cooperación para o desenvolvemento e de acción humanitaria

Grazas á iniciativa “Apadriña un proxecto”, que vén de presentar Mundo Unido na Casa do Voluntariado de Madrid, os cidadáns que o desexen, poderán, a partir de agora, escoller a qué ONG, país e proxecto concreto desexan destinar as súas aportacións económicas.Mediante esta innovadora “fórmula”, na que se empregan as novas tecnoloxías para financiar programas de cooperación con distintas ONG, os doantes poden escoller o proxecto en función da súa ubicación xeográfica, da actividade que le leve a cabo (subministro de auga, alimentos, educación, hixiene...) ou da institución que o desenvolva, vía Internet, a través da súa páxina web, www.apadrinaunproyecto.com.

Neste sitio, os cidadáns poden escoller entre distintos programas de axuda ós necesitados e facer as súas aportacións económicas para contribuír, entre outras cousas á reinserción social dos mozos da rúa en Luanda (Angola), á creación de emprego para a muller no sector pesqueiro en Senegal ou á mellora dos servizos de saúde nos campos de refuxiados palestinos. Ata o de agora, na páxina web existen nove organizacións distintas que veñen de presentar 21 tipos de proxectos, aínda que o presidente da entidade organizadora, José Hernández, asegurou que “o obxectivo é superar o cento nun ano e en máis de 30 países”.

Os cidadáns que decidan facer a súa aportación económica, teñen a seguridade de contar cunha supervisión externa que garante que a doazón chegue ó seu destino por medio da figura do “Defensor do doante” e asimesmo, estes recibirán completa información de xeito periódico sobre o progreso dos proxectos nos que se investiron os seus cartos. Ademais, as organizacións que forman parte desta iniciativa a través da Rede, ou ben obtiveron (como requisito imprescindible) a acreditación “ONGD Calificada” da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI), ou ben son unha congregación misioneira, ou están sometidas ó control da Fundación Lealtad.