O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, confirmou este mércores perante os medios informativos que o 31 de xaneiro se formalizará o Clúster TIC de Galiza, previsto no Plano Galego da Sociedade da Información.
Blanco fixo fincapé na necesidade de dotar a Galiza de mellores infraestruturas para universaliza-la Sociedade da Información, que deben ir acompañadas dun traballo didáctico para que os cidadáns coñezan as novas tecnoloxías. O conselleiro amosouse convencido de que a nosa terra rematará por converxer co Estado nesta materia, aínda que o maior reto é converxer con Europa, sinalou.
O devandito Clúster, precisamente, será unha das grandes apostas da Xunta nestes obxectivos. Este proxecto,presentado e formalizado o pasado mes de maio en Santiago, abranguerá esforzos e proxectos de asociacións empresariais e profesionais galegas da electrónica, a informática e as TICs.
Sem comentários:
Enviar um comentário