quarta-feira, janeiro 23, 2008

Feira do Grelo nas Pontes o domingo 3 de febreiro


As Pontes celebrará un ano máis a feira gastronómica por excelencia do concello aproveitando as animadas e laicas datas do Antroido.

A data será o próximo 3 de febreiro e xa van XXVIII feiras en honor do Grelo (non da Nabiza, que non é o mesmo nin parecido).

O cartace é do deseñador Noé López Valiña

+ info sobre o GRELO da Galipedia

2 comentários:

Anónimo disse...

Sei que non ten nada que ver co tema desta anotación, pero penso que esta ligazón pode ser de interese prós administradores do sitio:

http://eco.microsiervos.com/

Un saúdo.

Anónimo disse...

Ola Manuel,

graciñas polo aviso e polos teus comentarios. Xa lle enviamos un correo a microsiervos por se están interesados en compartir información.

Unha aperta.