Mostrar mensagens com a etiqueta consumo. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta consumo. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, fevereiro 27, 2008

¿Que peixes e mariscos debemos consumir para non ameazar a riqueza dos nosos mares?



O programa de mares de WWF-España lanza unha guía de peto, onde poderás atopar indicacións para o consumo sostible do peixe e marisco.
Isto debese a que o excesivo esforzo pesqueiro, as prácticas destrutivas ilegais han eliminado o 90% dos atúns do mundo e levaron ó esgotamento a mais do 80 % das peixerías europeas. Ler máis

quarta-feira, janeiro 23, 2008

Feira do Grelo nas Pontes o domingo 3 de febreiro


As Pontes celebrará un ano máis a feira gastronómica por excelencia do concello aproveitando as animadas e laicas datas do Antroido.

A data será o próximo 3 de febreiro e xa van XXVIII feiras en honor do Grelo (non da Nabiza, que non é o mesmo nin parecido).

O cartace é do deseñador Noé López Valiña

+ info sobre o GRELO da Galipedia

domingo, dezembro 09, 2007

ArtesaniadeGalicia.org pon os obradoiros galegos na Rede

Nestas datas nas que adoitamos a estrugar os miolos pensando no mellor agasallo para os nosos amigos, irmás, curmáns e demais familia e achegados, non podía vir máis a conto a páxina web Artesanía de Galicia.

Esta web, á que se pode acceder dende finais do pasado mes de novembro, funciona agora a modo de escaparate dos produtos manufacturados tradicionais do país, para que podamos botarlle unha ollada rápida e facernos co mellor obsequio para os nosos seres queridos (sobre todo se lles gusta a artesanía galega) logo de localizar o artesán que nos colla máis preto. O portal ofrece múltiples ferramentas entre as que cómpre salientar un buscador, unha axenda de eventos, un localizador de artesáns e un arquivo de documentos.

ArtesaniadeGalicia.org ofrece unha perfecta visión do conxunto do sector e preséntase como unha completa guía con toda a información de tódolos obradoiros artesanais galegos.
A web, que está traducida ó galego, ó castelán e ó inglés, permite contactar directamente cos obradoiros e visualizar as pezas de artesanía así como realizar procuras por comarcas ou por tipos de produtos.

información de Código Cero

quinta-feira, outubro 11, 2007

O outono sen choivas atrasa un mes o brote e recollida de cogomelos silvestres


Empresas e micólogos din que a economía mergullada domina o sector e Galicia exporta toneladas de fungos

Especies como a «Amanita ponderosa», propias de climas máis calorosos, xa se poden encontrar en Ourense

O outono seco está a atrasar en Galicia a tempada forte de recolección de cogomelos, que outros anos xa frutificaran masivamente. Para as sociedades micolóxicas -polo menos unha vintena na comunidade-, que compaxinan o interese científico e o culinario, as primeiras excursións renderán cestos algo minguados. Para quen se dedican á recolección de delicatesen con destino a Italia, Cataluña ou o País Vasco, isto supón un compás de espera ata que a humidade faga estourar os fungos en montes e prados.

«Seguramente comamos níscalos en Nadal, haberá que esperar a que as choivas e néboas nocturnas favorezan a fructificación, aínda que logo os fríos poden cortala», di Marisa Castro, presidenta do Grupo Micolóxico Galego e autora de varias obras sobre este mundo. Di que o «normal» para estas datas é que xa houbese os primeiros champiñones. «Só vinos en Lugo, tampouco apareceron senderuelas e uns poucos boletos non son significativos», precisa esta profesora da Universidade de Vigo. Tras 20 de anos de percorrido, a micoloxía aínda está nos seus inicios en Galicia, respecto doutros países europeos. Ademais, os cambios climáticos e a trasfega de plantas e persoas poden estar a xerar cambios. Castro cita a Amanita ponderosa ou gurumelo, máis propia de Andalucía e que, tras ser detectada hai uns anos en Salamanca, xa está no sur de Ourense.

Economía mergullada

Xorden envasadores e cultivadores -a Xunta valoraba hai anos en 12 millóns de euros a produción galega-, pero toneladas de cogomelos silvestres parten de noite en camións, sobre todo cara a Italia tras a recolección diúrna. Compradores e furgoneteiros das castañas moven un mundo que en gran parte é economía mergullada. Veo Catarina Fernández de Ana, desde Hifas dá Terra, unha das empresas comercializadoras, moi activa na micorrización (asociación de fungos e raíces) de castiñeiros e outras árbores. «As empresas somos as primeiras interesadas en que ese mundo escuro saia á luz», di.

quinta-feira, setembro 13, 2007

A empresa xogueteira Mattel retira máis xoguetes do mercado e a OCU pide explicacións á administración

Ante a cuarta retirada de xoguetes en cinco semanas, a OCU pide a intervención inmediata da Administración na retirada de xoguetes perigosos de MATTEL.

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) solicitou ao Instituto Nacional de Consumo (INC) a intervención inmediata na retirada dos xoguetes perigosos da empresa Mattel ante o anuncio dunha cuarta retirada de produtos, debido nesta ocasión á presenza de niveis excesivos de chumbo na pinturas de polo menos 8 xoguetes.

Un comunicado da empresa xogueteira emitido en El Segundo (California), sinala que a medida afecta a 11 tipos de xoguetes, como os conxuntos de animaliños e de mobles baixo a marca Barbie e outros tres tipos de xoguetes comercializados pola filial Fisher Price debido aos seus niveis non permisibles de chumbo. A medida non inclúe as famosas bonecas Barbie.

A OCU recorda que esta nova retirada de xoguetes por parte de Mattel prodúcese do mesmo xeito que as anteriores, de forma voluntaria por parte da empresa. Neste sentido é de destacar a falta de transparencia en canto á información sobre esta actuación, de forma que non se coñece con certeza o número de consumidores afectados, o número de produtos retirados ou o tempo transcorrido durante este proceso, o que sen dúbida xera gran inquietude entre os consumidores.

A xuízo da OCU, ata agora a Administración limitouse a contemplar como Mattel foi retirando semana tras semana xoguetes perigosos das tendas sen que tome realmente cartas no asunto, para garantir que se respecten os dereitos dos consumidores mediante a retirada inmediata dos xoguetes perigosos e a esixencia á empresa da devolución do diñeiro. Algo do que ata agora non hai garantías de que suceda.

A OCU tamén solicitou a apertura dun expediente administrativo á empresa Mattel para depurar as responsabilidades en que puidese incorrer polas sucesivas retiradas de produtos inseguros no mercado español e a forma en que estas se levaron a cabo. Para rematar a OCU advirte do grave risco que supón a presenza de chumbo nas pinturas de xoguetes, xa que aínda que non de forma inmediata, se pode provocar unha intoxicación que causa un grave dano para a saúde. Unha vez máis a OCU pide que se extremen os controis por parte de empresas e sobre todo de administracións para garantir aos consumidores a adquisición de xoguetes seguros.

Para máis información, Eva Jiménez: Tfno. 917 226 061 - ejimenez@ocu.org