terça-feira, janeiro 29, 2008
As mazás do Eume, patrimonio botánico e gastronómico
Productores da comarca unense para promover hortas en familias e colexios
A comarca do Eume está que se sae en materia gastronómica. Se xa fachandeaba de ter os mellores grelos e o mejoll requeixo, agora faino cas súas froitas. A Consellería de Medio Rural recoñece que o 25% das modalidades de mazás a conservar en Galicia atópanse no antigo feudo dos Andrade.
E agora acaba de costituirse a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume ca meta de fomentar o seu cultivo tanto nas hortas familiares como nas propias escolas. Juan Bautista Marcote, secretario da entidade, explica que "primeiro faremos un campo de ensaio nas parroquias do Ombre e Doroña, con mazás catalogadas dende os anos 70".
Marcote queixase de que "se perdera o cultivo da árbore, as fincas só se dedican a dar froitos pero de xeito abandonado". Para poñer fin a este estancamento, potenciarase o cultivo en hortas familiares "pero sen explotación industrial". Ahí recórrese á memoria histórica: "Ata mediados do século XIX o Eume daba moitas froitas, e entón naceu a famosa Festa das Peras".
Despois promoverase a plantación de maciñeiras en escolas: "Que esperte a mentalidade sobre o coidado da froita, que se poña en valor". Ofertaranse cursos en parroquias e divulgarase o producto en festas. Por último, rescataranse outras pezas autóctonas: a cereixa e a pera Urraca.
NOVA DO CORREO GALEGO
Etiquetas:
as pontes,
comarca do eume,
gastronomía,
memoria histórica,
sostenibilidade
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário