Comparte o teu coche ou a túa praza de aparcamento |
O Concello da Coruña pon en marcha dous novos servizos web, DesprazaDOS e AparcaDOS, para fomentar o uso compartido do vehículo privado. O proxecto DesprazaDOS desenvólvsese dentro do servizo COMPARTIR COCHE, que funciona en máis de 76 concellos de España. Trátase dunha web coa que se facilita o encontro de persoas interesadas en compartir o seu vehículo privado para realizar desprazamentos de todo tipo, promovendo así un uso máis racional do transporte privado. Os obxectivos fundamentais deste proxecto son:
Como complemento tamén se pon en marcha o servizo AparcaDOS co que se crea unha bolsa de persoas para compartir aparcamento. O devandito proxecto nace dentro do servizo COMPARTE APARCAMENTO tamén en marcha en diversas cidades de España. Por medio deste servizo preténdese facer posible que as persoas que dispoñen dunha praza de aparcamento e que durante o día (a noite, ou parte do día ou da noite) a deixan libre para ir traballar ou estudar fóra da cidade, a poidan intercambiar con alguén que veña a traballar ou a estudar á cidade. Os dous servizos serán accesibles a través dos seguintes enlaces: |
sábado, janeiro 26, 2008
O concello da Coruña aposta pola mobilidade sostible
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário