Grazas á iniciativa “Apadriña un proxecto”, que vén de presentar Mundo Unido na Casa do Voluntariado de Madrid, os cidadáns que o desexen, poderán, a partir de agora, escoller a qué ONG, país e proxecto concreto desexan destinar as súas aportacións económicas.Mediante esta innovadora “fórmula”, na que se empregan as novas tecnoloxías para financiar programas de cooperación con distintas ONG, os doantes poden escoller o proxecto en función da súa ubicación xeográfica, da actividade que le leve a cabo (subministro de auga, alimentos, educación, hixiene...) ou da institución que o desenvolva, vía Internet, a través da súa páxina web, www.apadrinaunproyecto.com.
Neste sitio, os cidadáns poden escoller entre distintos programas de axuda ós necesitados e facer as súas aportacións económicas para contribuír, entre outras cousas á reinserción social dos mozos da rúa en Luanda (Angola), á creación de emprego para a muller no sector pesqueiro en Senegal ou á mellora dos servizos de saúde nos campos de refuxiados palestinos. Ata o de agora, na páxina web existen nove organizacións distintas que veñen de presentar 21 tipos de proxectos, aínda que o presidente da entidade organizadora, José Hernández, asegurou que “o obxectivo é superar o cento nun ano e en máis de 30 países”.
Os cidadáns que decidan facer a súa aportación económica, teñen a seguridade de contar cunha supervisión externa que garante que a doazón chegue ó seu destino por medio da figura do “Defensor do doante” e asimesmo, estes recibirán completa información de xeito periódico sobre o progreso dos proxectos nos que se investiron os seus cartos. Ademais, as organizacións que forman parte desta iniciativa a través da Rede, ou ben obtiveron (como requisito imprescindible) a acreditación “ONGD Calificada” da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI), ou ben son unha congregación misioneira, ou están sometidas ó control da Fundación Lealtad.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário