Nun pobo tan falto de espazos culturais onde entreterse e culturizarse, debemos lembrar o único centro museístico co que conta a nosa vila. Un museo. Ese a grande ironía que presentan as cifras reais dun concello de máis de 12.000 almas, e que durante os anos 1990 se congratulaba de ter un dos maiores índices de poboación con estudos superiores de Galicia. Pero este é outro tema que debería facer reflexionar a máis de un xestor público.
Nembargantes, a nova que nos trae aquí, é que hai arestora 20 anos inaugurábase o Museo Etnográfico do Monte Caxado, o 11 de maio de 1.987, coa presencia do Sr. Alcalde, por aquel entón D. Xaime Vilaboy, e o cronista oficial de As Pontes D. Enrique Rivera Rouco, encargado da cerimonia. Naqueles intres contaba con 250 pezas -todo un logro-, e máis se nos decatamos de como xurdiu e como é xestionado o noso museo -o único-.
Todo escomezou no curso 85/86: á proposta do mestre José Mª López Ferro, acórdase no Claustro deste Colexio crear un Museo Etnográfico como un proxecto pedagóxico máis. O motivo estaba claro pois, ó chegar a industrialización á vila, descenden os traballos artesanais, agrícolas e gandeiros. Quedan máis ben nos arredores, sendo os maiores os que seguen coas súas tradicións e, ó seren poucos, moitos destes traballos desaparecerán.
Seguindo a súa andadura, o Museo é visitado por outros Centros e xentes doutras localidades e mesmo da nosa, estranxeiros coma os franceses de Lesneven que están irmanados coa nosa vila.
É así como algo que comezou como un proxecto educativo, hoxe está a demostra-lo seu ben definido carácter como testemuña do pasado desta terra e de todos nós.
O C.P.I Monte Caxado atópase ubicado na zona norte do casco urbano, na saída con dirección a Ortigueira debemos tomar á esquerda a Av. Monte Caxado, onde se atopa o centro.
Galería do Museo Etnográfico
segunda-feira, junho 04, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário