quinta-feira, junho 21, 2007

Cultura urbanística
















... Tamén de fotografía, tamén de exposición e tamén de urbanismo vai o concurso que convocou a Asociación cultural Choiva Ázeda.

O “I Concurso Fotográfico Feísmo Urbanístico no Concello das Pontes” pretendía que a xente saíse ás rúas e fotografase aquelo que lle chamaba a atención por aberrante e por irrespectuoso coa paisaxe. “Porque hai cousas que ás veces saltan á vista. Paseando polo pobo vimos tremendas barbaridades, non se segue ningún criterio e acaba habendo casas vellas ao lado de edificios enormes” denuncia Marcos Varela membro da asociación cultural que convocou o concurso.

O propio Marcos asegura que cando se “fan concursos de fotografía, a xente nunca saca as cousas feas e nos quixemos facer a denuncia”. O resultado foi un alto número de participantes e, coas fotografías recibidas, montouse unha exposición. “Temos previsto facer outra edición pero ao mellor cambiamos a temática. En lugar de facer feismo facemos o contrario, que a xente fotografíe aquelo que considera o máis bonito, por exemplo”, asegura o responsable desta asociación que leva varios anos desenvolvendo múltiples actividades como festivais ou charlas...

A imaxe é de Armando Maseda ("Benvidos a As Pontes". Lei urbanística en Galicia. Fai o que che pete)

Extraido de http://www.culturagalega.org/
Ver o artigo completo

3 comentários:

Anónimo disse...

por certo eu non son responsable de nada, se hai que ir ó talego imos todos xuntos, jeje

Anónimo disse...

iremos visitarte, non te preocupare meu.

Anónimo disse...

a foto é boísima. Noraboa para Armando e para a xente ázeda.