Da Voz de Galicia: <<
De pouco lle valeu onte á conselleira de Política Territorial, María José Caride, que o alcalde de Rianxo, o socialista Pedro Piñeiro, teña os mesmos colorees que o departamento que ela dirixe. O rexedor, que ao redor das oito e media da mañá desembarcou en Monte de Dorna para comprobar que sucedía coas inundacións, non dubidou en cualificar a situación de «imperdoable».
Sen panxoliñas, Pedro Piñeiro indicou que cando chegou ao lugar viu que «aquelo estaba terrorífico». Non en balde, dos tres accesos existentes para saír ou entrar á parte de Monte de Dorna máis próxima ao mar, dous estaban completamente alagados e, xa que logo, inutilizados, e un terceiro mantíñase tamén inservible a causa do lodo. «É que non podíase pasar por ningún lado», salientaba o alcalde Piñeiro.
Así, o rexedor non tardou nin media hora en marcar no seu teléfono os números dos correspondentes responsables da consellería. «Claro que chamei e pedín que se tomen medidas drásticas e contundentes de forma inmediata. Isto non pode seguir así», dixo.O rexedor referiuse a que as pontes causantes das inundacións en Monte de Dorna non reúnen as condicións adecuadas. «Á vista está que vos fixeron mal, teñen problemas de altura e anchura», sinalou.
Os seus avisos non caeron en saco roto xa que, poucas horas despois, e tras recibir xa a visita do alcalde, numerosos veciños apiñábanse á entrada dos alagados túneles. Alí, Manuel, Pepe e ata unha señora enlutada dos pés á cabeza explicaban a súa situación. «Vese claramente que as pontes son moi baixiñas, que non dan a altura e que as quixeron enterrar tanto que agora non fan máis que alagarse», oíaselles dicir. Ata, no seu afán por demostrar a enxunlla do problema, armada cun mergullador, unha das veciñas abriuse pasou polas augas gritando «mirade, mirade, que case me chega ao pescozo».
No medio dunha improvisada asemblea veciñal, esta muller e os seus conveciños decidiron que non ían permitir que se achicase a auga do charco formado alí. «Así quedemos separados toda a vida non imos deixar meter a bomba, que se demostre que a auga pode saír por se soa», sinalaron.
Foi entón cando unha técnica da empresa que constrúe a nova autovía intentou acougalos. A muller empezou con bo pé, pero acabou alterándose: «Si, estas pontes son unha puta merda», afirmou entre berros. Armouna. Tivo que marcharse, pero antes, e mentres os veciños seguían á garda e custodia da poza, a operaria oíu: «Sonse unha merda tirádeas xa».
>>
A señora Caride e a Consellería que ela que dirixe son os mesmos que estiverón a presionar a Patrimonio estes dous anos pasados para arrasar o lugar onde estivo o círculo da Mourela en vez de facer un tunel como Deus manda: bueno, bonito e barato. En Riaxo agora terán que gastar os cartos dos contribuintes e refacer os pasos alevados a nos non nos queda máis co recordo.
Sem comentários:
Enviar um comentário