A maioría das lámpadas que se utilizan nos fogares da Unión Europea perden máis do 90% da electricidade en forma de calor. A Unión Europea debería establecer estándares que garantan que as lámpadas que existen no mercado sexan eficientes, modernas e respectuosas co clima.
Algúns membros do Parlamento Europeo están de acordo con esta petición, e redactaron unha “Declaración por Escrito” pedindo á UE que prohiban as lámpadas que malgastan enerxía. Para que esta declaración apróbese oficialmente necesítase a firma de 400 membros do parlamento.
Só con substituír na UE a antiga tecnoloxía de iluminación por tecnoloxía moderna, poderíanse pechar 25 centrais de enerxía de tamaño medio e deixaríanse de emitir 20 millóns de toneladas de CO2.
Sem comentários:
Enviar um comentário