Mostrar mensagens com a etiqueta ferrolterra. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta ferrolterra. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, junho 11, 2008

Próximos eventos na A.C.DZ.


Venres 21 de Xuño FESTA REGGAE con Majahni Reggae Band + Jr.Pepe + Sound Systeme


E durante todo o verán.... OS MÉRCORES NA DZ!!!! Todos os mercores de verán disfruta da millor música ao vivo no local da A.C. DZ (Black Rose, Eskakeo, The Arradios, Neboa e moitos mais...)

quinta-feira, abril 10, 2008

Ferrol impulsa a integración laboral do colectivo xitano

O Concello de Ferrol e a Fundación Secretariado Xitano colaborarán na implantación dun programa dirixido «á integración e incorporación sociolaboral da comunidade xitana residente na cidade». Así o anunciaron onte, no palacio municipal, o delegado en Galicia da citada fundación, Gorka de Miguel, a concelleira de Benestar Social, Beatriz Sestayo, e o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri.

Os tres participaron no acto celebrado no salón de sesións do Concello para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano. En palabras do propio Irisarri, «o Concello de Ferrol non quería quedar mudo ante determinadas actitudes racistas, considerando a sensibilización e a información como o mellor instrumento para conseguir unha auténtica convivencia e igualdade». O rexedor remarcou a necesidade de erradicar estereotipos para alcanzar «unha sociedade con plenos dereitos e deberes á marxe das razas».

O alcalde, neste sentido, resaltou a intención do municipio de «traballar con intensidade para facer realidade o que en ocasións semella unha utopía, como é a convivencia en igualdade».

«Implicación directa»

Na mesma liña, Beatriz Sestayo apuntou que a colaboración coa Fundación Secretariado Xitano irá «máis aló da firma dun convenio, xa que derivará na implicación directa da Administración local na xestión do programa e na participación de persoal propio non mesmo». O propio delegado en Galicia da fundación, Gorka de Miguel, á vez que agradecía o compromiso do Concello, sinalaba que a apertura das liñas de colaboración previstas podería atrasarse aínda varios meses, precisamente porque do que se trata é de pór en marcha fórmulas nas que se traballe ao unísono desde ambas as institucións. 

Beatriz Sestayo recordou que nestes momentos o seu departamento xa «está a realizar tamén un estudo sobre a potenciar poboación de etnia xitana á que se dirixirán» os proxectos de integración social e laboral previstos, e engadiu que «ata a data, o Concello está a asumir traballos para evitar ou absentismo escolar e favorecer a asistencia de nenos e nenas de etnia xitana a servizos como o comedor escolar». Previamente ao anuncio do acordo, no Concello proxectáronse tres documentais sobre a loita pola igualdade do colectivo xitano.

domingo, março 30, 2008

AQUACIENCIA, O XARDÍN DIDÁCTICO DA AUGA

Aconsellamos unha visita cos rapaces polo recinto de Aquaciencia en Ferrol. AQUACIENCIA é un xardín aberto a todos, con percorridos axeitados a diferentes niveis -dende a primaria ata o bacharelato-. Un espacio para aprender e para xogar co que é o principal elemento deste planeta, a fonte da súa vida. Nunha extensión duns 5000 m2, o Xardín Didáctico Aquaciencia é un recinto que aproveita as súas características medioambientais para amosar todas as funcións da auga. En estado natural, formando ríos e lagoas, ou canalizada artificialmente, a auga é a protagonista do espacio. De xeito ameno e atractivo, os visitantes poden ir paseando polo xardín e, mediante distintos enxeños, trebellos, maquetas, paneis e xogos, descubrir a auga, a súa enerxía e os seus principios dinámicos... Ademais, podes concertar visitas guiadas para grupos.


Lugar: Parque Raíña Sofía, no centro da cidade de Ferrol.


Data de inscrición: Non se necesita. Entrada gratuita


+ INFO EN AQUACIENCIA

quinta-feira, fevereiro 28, 2008

Actividades da A.C. DZ.


Continuan os ciclos de cine da A.C.DZ

Venres 29 as 22:00h
Ciclo Q.Tarantino - JACKIE BROWN
Info sobre o film - http://www.labutaca.net/films/3/jackiebrown.htm

Sábado 1 as 17:00h
Ciclo Animaciçon Infantil - O BOSQUE ANIMADO
Info sobre o film - http://www.elbosqueanimado.com/


NOITE POP na A.C.DZ

THE HOMENS
+
BOY ELLIOTT
and The Plastic Bags
+
LA COOPERATIVA PINCHADISCOS


Sábado 1 de Marzo
Apertura de portas: 22:30h
Comenzo concerto: 23:40h (puntual)
Prezo: 5€

Noite de Pop na A.C.DZ de San Sadurniño coa actuación do trio santiagues de power-pop THE HOMENS (http://www.thehomens.com/) que acaban de sacar ó mercado o seu primeiro disco de longa duración, BOY ELLIOTT and The Plastic Bags (http://www.boyelliott.com/) e despois festa e mais festa con MAXIPELO e RATINHO KNOCKOUT, pinchadiscos de LA COOPERATIVA (www.fotolog.com/lacooperativa).

Durante o concerto faranse conexións en directo co programa "MAIS BERBERECHOS" da Radio Galega.
ASOCIACIÓN CULTURAL DZ
Avd. Marques de Figueroa s/n
15560 San Sadurniño
A Coruña

As empresas de inmigrantes supoñen o 2% do tecido empresarial de Ferrolterra, Eume e Ortegal

Os inmigrantes contan con 200 negocios en Ferrolterra, o 2% do tecido empresarial

O 2003 foi o ano no que abriron un maior número de sociedades na zona, con 74 negocios novos

O sector comercial concentra máis da metade das firmas creadas por estranxeiros

Ao redor do 2% dos empresarios con negocios en Ferrolterra, Eume e Ortegal proceden de países estranxeiros. Os inmigrantes empezan a deixar atrás o rol de asalariados para asumir o de emprendedores e xa dirixen máis de 200 compañías das 11.585 rexistradas nas tres comarcas.
De acordo coa información oficial da que dispón a Cámara de Comercio, máis da metade dos empresarios estranxeiros asentados na zona optaron polo sector comercial detallista para pór en marcha os seus negocios, aínda que nestes momentos teñen presenza nun amplo abanico de actividades económicas. A construción e oficios asociados, como a albanelería; a reparación de vehículos; as academias de idiomas; o sector turístico e a estética son algúns dos segmentos de negocio nos que crearon sociedades os estranxeiros.

Algúns comezan a abrir establecementos especialmente orientados cara aos seus compatriotas, ofrecendo produtos que ata o momento non tiñan presenza na cidade, principalmente do sector da moda e a alimentación.

Na listaxe que manexa o organismo cameral non se atopa desglosado o número de empregos que xeran os emprendedores estranxeiros. Con todo, se se toma como referencia que a media de empregados do sector comercial na cidade é de polo menos dous traballadores por cada establecemento, pode deducirse que os empresarios inmigrantes sosteñen xa nas tres comarcas polo menos 300 postos, 200 deles no sector comercial.

O comercio é, xunto coa hostalería, dúas dos sectores refuxio para o autoemprego entre os ferroláns e tamén entre as persoas que chegan á comarca para buscarse un mellor porvir que nos seus países de orixe. Non é estraño, por iso, que detrás do comercio, os restaurantes e bares constitúan o segundo grupo de actividade en contar cun número maior de emprendedores estranxeiros.

A comarca, azoutada por periódicas crises vinculadas ao sector naval, e cunha das taxas de desemprego máis altas de Galicia, comezou a recibir inmigrantes máis tarde que outros lugares da comunidade. Con todo, nos últimos anos acentuouse esta tendencia, o que propiciou que o persoal estranxeiro non só se integre plenamente na vida da comarca, senón que se decida a pór en marcha a súa propia empresa.

Segundo a información facilitada pola Cámara, no ano 2002 había rexistrados nas tres comarcas 19 negocios creados por estranxeiros. Catro exercicios despois, esa cifra disparouse ata os 202, é dicir, multiplicouse case por once. O ano 2003 foi o que rexistrou a posta en marcha dun maior número de negocios impulsados por inmigrantes, con 74 establecementos, unha cifra similar, aínda que lixeiramente maior, á rexistrada no 2006, último exercicio do que se teñen datos oficiais.

Liderado
No desglose por municipios, a cidade naval é a que conta cun maior número de negocios, ao redor do 63% do total, a moita distancia de Narón, que ten o 8,4%.

terça-feira, fevereiro 05, 2008

quinta-feira, janeiro 31, 2008

Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

Este sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol) acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría, producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe aos veciños de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.

O espectáculo que está programado para o sábado 2 ás 20:30 horas, contará coa participación, entre outros de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá".

+ info: ARREDEMO

terça-feira, janeiro 29, 2008

segunda-feira, janeiro 14, 2008

Mosteiros de futuro?

Imaxe: Mosteiro de Monfero
Un bo feixe de mosteiros galegos sufrirán en breve obras de recuperación. Nalgún caso só se trata de amañar as cubertas ou de restaurar as obras de arte que gardan no seu interior. Noutras ocasións falamos de reconstrucións completas que transformarán o que hoxe non son máis que ruínas en complexos turísticos ou culturais. No noso mapa interactivo facemos un percorrido polos claustros que estarán en obras ou que terán posibilidade de as comezar durante 2008.
Un espazo que leva tempo pendente de se incorporar á lista de mosteiros reconvertidos en balneario é o Mosteiro de Monfero (San Fiz de Cela). Cedido finalmente pola Igrexa a finais de 2007, a Xunta dispón agora de cincuenta anos para restauralo e polo en marcha. É de agardar que a cousa non quede para última hora.
Outro Mosteiro preto de As Pontes é o de Santa Catalina Monte Faro. Xa en febreiro de 2008 tería que estar publicado o plan director que establecerá os usos deste mosteiro e decidirá as futuras actuacións sobre o edificio. Aínda que parcialmente recuperado, este espazo leva anos a se deteriorar e sen unha función clara. Entre os usos que se barallan están desde ser un centro sociocultural para o concello de Mugardos ata acoller unha residencia para militares retirados.
Pinchade aquí para ver o mapa dos mosteiros (CULTURA GALEGA.ORG)

terça-feira, janeiro 08, 2008

Asociacionismo cultural: Colectivo OPAII

Para os que non coñezan o COLECTIVO OPAÍÍ e a súa Rádio FilispiM, aconsellámosvos que sintonizedes o 93,9 FM: directa, fresca e divertida!

O Colectivo OPAII [Ondas Para Activaçom Informaçom Independente], é umha Associaçom Cultural da comarca de Trasancos que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas Sociais e Culturais da Comarca, servindo-se para isto de diferentes instrumentos, como é a realizaçom de actividades, exposiçons, publicaçons, projecçons, o intercámbio e compartilhamento de informaçom, etc. pero com umha actividade principal que actue de elemento de ligaçom e/ou aglutinante, que é umha rádio livre e comunitária, Rádio FilispiM. 

Rádio FilispiM, pretende ser a rádio daquelas pessoas, colectivos e redes sociais, culturais, etc. da comarca, sem espaço nos meios de comunicaçom convencionais ou que estám sendo silenciados polos mesmos. Polo que assumimos o compromisso de pôr os nossos medios à sua disposiçom.



O xornal comarcal PEGADAS procura un COMERCIAL

O xornal PEGADAS atópase en proceso de selección dun comercial de publicidade, así que se coñecedes a alguén que poda estar interesado poñedeo en contacto ca redacción do periódico eumés.

Este é o anuncio que están  a difundir:

Medio de Comunicación comarcal precisa COMERCIAL para publicidade. Ofrécese contrato de Prestación de Servizos (Fixo + Comisións). Requírese vehículo propio.

Interesados enviar CV con foto recente a : xornalpegadas@gmail.com ou Aptdo correos 26. 15320  (As Pontes) 

domingo, dezembro 16, 2007

Festival este venres en Naraío: A Veiga Rock


Este venres 21 de decembro, A VEIGA ROCK de Naraío.

O festival contará coas actuacións de ZËNZAR, LOS TIGRES DEL CAÑOTAS e un dos grupos que ensaian no local da A.C.DZ, os increibles, inconmensurables e todas as palabras que empezen por "in" que se vos ocurran... THE CAÑAS.

O festival está organizado pola A.V.V. O Castelo de Naraío