Aconsellamos unha visita cos rapaces polo recinto de Aquaciencia en Ferrol. AQUACIENCIA é un xardín aberto a todos, con percorridos axeitados a diferentes niveis -dende a primaria ata o bacharelato-. Un espacio para aprender e para xogar co que é o principal elemento deste planeta, a fonte da súa vida. Nunha extensión duns 5000 m2, o Xardín Didáctico Aquaciencia é un recinto que aproveita as súas características medioambientais para amosar todas as funcións da auga. En estado natural, formando ríos e lagoas, ou canalizada artificialmente, a auga é a protagonista do espacio. De xeito ameno e atractivo, os visitantes poden ir paseando polo xardín e, mediante distintos enxeños, trebellos, maquetas, paneis e xogos, descubrir a auga, a súa enerxía e os seus principios dinámicos... Ademais, podes concertar visitas guiadas para grupos.
Lugar: Parque Raíña Sofía, no centro da cidade de Ferrol.
Data de inscrición: Non se necesita. Entrada gratuita
Sem comentários:
Enviar um comentário