Con motivo da celebración do Día do Libro o 23 de abril, a biblioteca do IES Moncho Valcarce vai celebrar un certame literario de relato breve que ten as seguintes bases:
1-A convocatoria vai dirixida a todo o alumnado do IES Moncho Valcarce. Cada alumn@ poderá participar cun só conto.
2-As obras que se presenten poderán estar escritas tanto en lingua galega como lingua castelá.
3-O tema deste ano será o terror e o misterio.
4-As narracións terán unha extensión máxima de oito folios DNA 4, escritos a ordenador ou a máquina a dobre espazo e por unha soa cara, con fonte de corpo 12.
5-Establécense dous premios para cada ciclo:
-Primeiro ciclo (1º e 2º de ESO):
- 1º premio: cheque regalo por valor de 50€ e lote de libros
- 2º premio: cheque regalo por valor de 30€ e lote de libros
-Segundo ciclo (3º e 4º de ESO e Garantía social):
- 1º premio: cheque regalo por valor de 50 € e lote de libros
- 2º premio: cheque regalo por valor de 30 € e lote de libros
-Bacharelato (1º e 2º):
- 1º premio: cheque regalo por valor de 50€ e lote de libros
- 2º premio: cheque regalo por valor de 30€ e lote de libros
6-As obras deberán presentarse nun sobre aberto asinadas cun lema ou pseudónimo, que figurará tamén noutro sobre pechado, xunto co título da obra. No interior do sobre pechado farase constar a identidade do autor e curso.
7-Os orixinais entregaranse na biblioteca do IES. O prazo de admisión finaliza o día 31 de marzo do 2008.
xurado estará composto por membros do Club de Lectura “Felices Pesadelos”.
9-O acto de entrega dos premios terá lugar o día 23 de abril na biblioteca durante o segundo recreo.
10-As obras presentadas poderán ser expostas e publicadas no blog da biblioteca. Tamén se contempla a posibilidade de ser publicadas nun libro.
11-A participación no Certame implica a total aceptación destas bases.
Sem comentários:
Enviar um comentário