domingo, março 30, 2008

Búscase monstruo para o lago das Pontes


Un blog anda a procurar un monstruo para o futuro lago de As Pontes, e a cousa non é sinxela, xa que está dabondo reñida. Ve-lo blog sebuscamonstruo.

5 comentários:

Anónimo disse...

O monstro é evidente que xa o tedes ahí desde hai 30anos, a central térmica. Detecto neste blog unha tendencia clara a argumentos claramente favorábeis para os intereses de ENDESA e unha desinformación sobre as repercusións negativas que a actividade desta empresa está a constituir para toda a comarca. A prensa recolle estes días as declaracións do director do Instituto Universitario de Xeoloxía, Xoán Ramón Varela, e de Adega alertando do risco sísmico que o enchido pode supoñer tanto no lago de As Pontes como no de Meirama. Afirma o investigador que: "encher cunha profundidade de 200 m. supón unha presión hidrostática terribél que podería provocar filtracións e movementos das placas". Hai que lembrar que ambas explotacións se asentan sobre fallas activas. Pola súa banda Adega sostén que o caso das áreas mineiras alemanas recentemente rehabilitadas é distinto, caso que desde estas páxinas foi posto como modelo a seguir, o cal permíteme supoñer que algún oscuro interés guía certo tipo de información tendenciosa que evidentemente busca defender o interés desta empresa.
Ademáis deste risco outros son tamén mencionados, como o incremento de pragas polo aumento da humidade, a diminución da luminosidade e a incidencia destas perigosas augas sobre a rede hidrográfica comarcal.

Anónimo disse...

A ti che parece que neste blog son favorables a Endesa, e a min pareceme que ti debes ser polo menos funcionario. Son pareceres, pero eu penso que este blog é moi imparcial, iso sí, plural, e aparecen noticias dende moitos puntos de vista, non só dos que pensan que canto peor, moito mellor.

Anónimo disse...

Esa pirola é real ou é a chimenea da central?

Anónimo disse...

eu debo ser funcionario? e tí policía, porque xa me dirás, non sei se é o tono oficialista, a forma de escribir, non sei...
Volva vostede mañán

Anónimo disse...

carallo, seica acertei. Pois nada, que saibas que che digo o de funcionario porque eres o típico sabelo todo, xúzgalo todo, e pseudoecoloxista. Porque hoxe en día para ser pseudoecoloxista: dígase alguén que non lle preocupa o máis mínimo, o desenvolvmento económico (pq iso xa o ten máis que solventado cunha plaza na administración) adícase a poñer peros a todo proxecto que conleve alteracións do territorio, dándolle igual se é un túnel, unha ponte, un porto, un lago, unha autopista, un parque empresarial... todo mal. É preciso a conservación do medioambiente, claro, pero sen olvidar que proxectos como os do lago, son viables non son medioambientalmente (ler o impacto), senón economicamente (ti eres dos que quera a escombreira no furado....?).

Sentidiño.