Mostrar mensagens com a etiqueta xuventude. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta xuventude. Mostrar todas as mensagens

domingo, março 16, 2008

'Menos é máis, cinema para seren a voz de quenes calan'



Máis de 15.000 estudantes de entre 14 e 16 anos do Estado español participaron nesta campaña cuxo fin é sensibilizar e preve-la violencia de xénero a través da séptima arte

O principal obxectivo da campaña ‘Menos é máiis, cinema para seren a voz de quenes calan’ é sensibilizar aos adolescentes obre a violencia machista, expondo as causas da xestación da cultura da agresión e o falso amor como fonte de celos, frustracións e dependencia.
O proxecto, que foi presentada en setembro de 2007 no Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián, mostra ferramentas para detectar os contextos nos que se fomenta a desigualdade, promovendo a prevención dos malos tratos e un novo modelo de relación baseado no respecto mutuo, a comprensión e a igualdade.

Segundo a delegada especial do goberno contra a violencia sobre a muller, Encarnación Orozco, este proxecto, que está promovido polo Ministerio de Asuntos Sociais e a delegación especial do goberno contra a violencia sobre a muller, fomenta a consecución de “un cambio no modelo social avanzando no dereito de cidadanía”.
A forza da séptima arte contra a violencia machista
Alumnos de Bacharelato, Formación Profesional, Artes Plásticas e Deseño de Grao Medio educaron contra a violencia de xénero e a favor da igualdade, desde o pasado mes de novembro, a través de catro longametraxes: Douche os meus ollos de Iciar Bollaín, Héctor de Graza Querejeta, e A Escurridiza de Andel Kechiche, e tres curtametraxes, Eramos Poucos de Borja Cobeaga, Sintonía de Xabier Berzosa e Subir e baixar de David Planell.


"A violencia é o medo aos ideais dos demais" Mahatma Gandhi

quarta-feira, fevereiro 06, 2008

Unha mina de talento cinematográfico en As Pontes

Imaxe: Os xoves creadores ponteses encheron o cine das Pontes de veciños e amigos a véspera de Reis.

O auditorio Alovi das Pontes acolleu o venres 4 de xaneiro a presentación en sociedade dos traballos dos novos creadores do audiovisual.

Os organizadores da xornada -a Asociación Sociocultural Choiva Azeda-, promoveron o acto para dar a coñecer o labor dos realizadores entre os seus propios veciños, declarándose “amigos e siareiros incondicionais” do traballo dos directores.

 Só 4 días despois de que a xacemento de lignito pontés deixará de extraer o prezado mineral negro, unha nova mina mostrábase nas Pontes, aínda que nesta ocasión a materia prima trátase do talento e os esforzos creativos de seis xoves da vila.

Creadores e creacións

Os seus nomes son Sabela Pernas, Nuria Castro, Marta Ramos, Mario Añón, Roberto Rego e Manoel Campelho, teñen entre 24 a 30 anos de idade e, entre outras cousas, comparten que se atopan iniciando a súa carreira profesional no eido do mundo audiovisual e que ningún reside actualmente nas Pontes, só unicamente Roberto desenvolve o seu traballo como cámara en Galicia, o resto, atopase facendo as súas particulares “Américas”.

Nembargantes, todos fan referencia a súas raíces pontesas para explicar a forte motivación de cara a 7ª arte, que segundo Sabela Pernas pode ser explicada xa que “dende nenos estamos acostumados a unha televisión local que non tódolos pobos teñen, e que nos ofreceu un contacto co audiovisual dende moi nenos”. A realizadora valora o pobo como fonte de inspiración, debida a que “a xente nova das Pontes sente sempre un compromiso especial co seu pobo, por seren unha zona mineira en decadencia, o que fai querer mostrar a outra cara de onde procedemos”. Nuria Castro comparte esta visión, é pensa que “As Pontes é un pobo de creadores natos”, e xustifícao dende unha perspectiva psico-sociolóxica: “Somos un laboratorio científico dende a formación como pobo, e os individuos vense constantemente sometidos a estímulos para producir dende tódolos eidos”.

Documentais

Sabela, na actualidade, está a estudar un Máster de cine en Londres, e presentou dous documentais. O primeiro Ciclo Combinado, co-dirixido con Nuria, que cursa un Postgrao de Fotografía en Barcelona, foi galardoado co primeiro premio Galiza Crea, no apartado audiovisual de novos creadores que concede anualmente a Xunta de Galicia. Este documento foi feito a partires de entrevistas a veciños de distintas idades a partires das cales se vai desgranando a historia local dos últimos 30 anos, así como as esperanzas e inquedanzas futuras sobre as riquezas económicas e humanas no concello.

O segundo documental de Sabela é Mundo Bazar, co-dirixido xunto con Marta Ramos -que acaba de rematar os seus estudos de Comunicación Audiovisual en Madrid-, indaga na emigración china en Galicia, a través de dúas xeracións dunha mesma familia propietaria do archicoñecido Bazar Antonio, que se atopa ubicado no Polígono Empresarial do Ceao de Lugo. No mesmo formato de entrevistas e planos dinámicos empregados en Ciclo Combinado, o documental afonda na realidade cotiá deste colectivo de inmigrantes en Galicia a través dos seus protagonistas, e fuxindo dos típicos tópicos.

Curtametraxes de ficción

No tocante, as obras de ficción, foron reproducidas tres curtametraxes. A sesión comezou con Cambio de planes, co-dirixida por Manoel Campelho, afincando ao igual que Nuria e Mario en Barcelona, e onde traballa como director fotográfico. A curta traspórtanos a unha hipotética situación vital dun funcionario franquista a piques de se xubilar, e que recibe unha transcendental orde que pode cambiar a historia política de España e, sen lugar a dúbidas, a súa propia escala de valores e normas.

Minerva de Mario Añón –que nestes momentos, atópase colaborando nunha emisora de radio de Barcelona-, invita ao espectador a unha introspección na mente dunha muller de media idade afectada por unha enfermidade dexenerativa, e acrecentada pola soidade e o abandono na que se atopa. A partires desta historia, o director lévanos a un mundo onírico e de recordos e imaxes da nenez e da razón perdidas.

Tamén dos recordos trata O reflexo da lembranza de Roberto Rego, un traballo que xa fora presentado no mesmo escenario hai agora un ano, e que narra a versión persoal do creador sobre a lenda do río Eume, que segundo os máis vellos, cada ano o río lévase unha vida humana como cobro da riqueza acuífera que aporta ás terras da comarca.

Retorno a Galicia

Aínda que a maioría atópase fora de Galicia por necesidades laborais e formativas, a idea de voltar a Galicia non lles quita o sono. A súa intención é a de retornar dentro duns anos, pero sempre que o horizonte laboral sexa máis claro do que é neste momento. A idea é común a todos: “a actividade do audiovisual galego é un sector en auxe, pero conta –ao igual que moitos outros sectores económicos- cunha alta taxa de precariedade e temporalidade laboral, que fai que o futuro se presente algo incerto”.

Outro conto é o de voltar a vila nai. Non cren que o seu futuro pase por As Pontes, xa que tal como o explican: “traballar nas Pontes audiovisualmente é limitar moito o teu campo de traballo”, rematando cun “gustaríame voltar, pero creo que hai quer ser realistas”.

Exhibición nas Pontes

O acto contou tamén cun sorpresa final dos organizadores, que rescataron un traballo escolar das realizadoras dos seus tempos de colexialas na Escola Primaria Santa María, e que fora galardoado pola Consellería de Educación no ano 1995.

Pero cecáis, o máis especial, foi o espazo físico escollido para a xornada: o cine de sempre para esta xeración de ponteses. Nuria tíñao claro: “ten o seu sentido derradeiro, porque que mellor lugar que onde nacen as cousas”. Segundo Mario: “é como unha proxección en familia e ten de especial que é o cine onde de pequeno ías a ver pelis”. Roberto foi o máis emotivo: “que a xente acuda a ver os nosos traballos ao centro cultural de importancia que temos na vila, é o mellor agradecemento que me poden facer os meus veciños”.

NOVA EXTRAÍDA DO XORNAL PEGADAS (FEBREIRO 2008)

quinta-feira, janeiro 31, 2008

Axudas publicadas para asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude


ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DAS SUBVENCIÓNS CONVOCADAS POLA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIEDAD

Os días 16, e 17 saíron publicadas no DOG as ordes que convocan as axudas destinadas a asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude, as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e realización de actividades de voluntariado e as subvencións para actividades

ASOCIACIÓNS XUVENÍS:

Convocatoria de axudas para adquisición de equipamento e actividades programadas por asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude. Informa Diario Oficial de Galicia de 17 de Xaneiro de 2008. O prazo para presentalas solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte a publicación no DOG

As axudas contarán das seguintes modalidades:

-Modalidade A: realización do programa anual de actividades e gastos de funcionamento, entendido como o conxunto de actividades planificadas con coherencia co fin de acadar os obxectivos estatutarios dunha asociación.

-Modalidade B: adquisición de equipamento e material inventariable.

-Modalidade C: realización de proxectos de promoción xuvenil, entendidos como aqueles proxectos con carácter puntual e extraordinario que unha entidade realiza co obxectivo xeral da promoción da mocidade.

VOLUNTAR
IADO:

Serán subvencionables os programas e actuacións presentados polas entidades sen ánimo de lucro sempre que desenvolvan proxectos de acción voluntaria e que se realicen no ámbito territorial galego, nalgunha das seguintes áreas: a) Área de sensibilización: o obxectivo destes programas será o de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. b) Área de formación e participación: perséguese aquí unha modernización e adaptación permanente das entidades á realidade social. c) Área de coordinación: as accións fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre as diferentes entidades incorporando de xeito transversal as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado, así como as iniciativas de carácter experimental que acheguen solucións innovadoras.

Anuncio enviado polo Departamento de cultura do Concello das Pontes