Segundo unha nova publicada hoxe na Voz de Galicia esta semana remata a excavación arqueolóxica na Mourela e a seguinte semana o director do equipo deberá entrega-lo informe final valorativo da situación da Necrópole que será o documento a través do cal a Dirección Xeral de Patrimonio decidirá se conserva ou permite destruir a área na que se atopa o círculo lítico megalítico.
sábado, março 24, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Noraboa polo voso traballo en defensa do círculo lítico.
Como arqueólogo, espero que non fagan mella en vós as opinións
que tentan restarlle valor ó xacemento.
Arrasarían con Stonehenge se se lles puxera por diante.
O triste é que haxa arqueólogos que respalden esa opinión
e que non perciban o tremendo valor, real e simbólico, deste caso.
Din que non queda nada, que o xacemento non é importante,
porque non entenden o valor inmaterial da cultura.
Non desesperedes.
O voso exemplo é un éxito en si mesmo. Poderán continuar coa destrucción física,
pero a vosa testemuña será fundamental no xuízo da historia.
O tempo porá a cada quen no seu lugar.
De tódolos modos, o túnel segue a ser unha opción perfecta,
que hai que seguir defendendo.
O xacemento non está agotado,
e a súa reconstrucción ten unhas posibilidades turísticas indubidables, sobre todo tralo follón que se ten montado, gracias a xente coma vós.
A excavación foi unha chapuza, por diversas razóns.
Non se trata de criticar ós arqueólogos, pero as institucións si teñen boa parte de culpa.
Sigamos defendendo o círculo.
Creo que a excavación remata hoxe.
Álvaro Arizaga Castro
Firmado heehe
Enviar um comentário