sexta-feira, março 30, 2007

Dossier informativo - A Mourela

TEMOS NOVAS NOVAS DENDE A PLATAFORMA EN DEFENSA DO PATRIMONIO PONTÉS, ESTA VEZ TRÁTASE DUN EXCELENTE DOCUMENTO PERO ENTEDELA SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA NA ACTUALIDADE O PROCESO BUROCRÁTICO DA NECRÓPOLE DA MOURELA, ASÍ COMO OS SEUS ANTECEDENTES.

Estimado amig@:

Poñémonos en contacto contigo co fin de achegarche información documental ao respecto da inminente destrucción do conxunto prehistórico da Mourela nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
O desleixo e a burocracia poden acabar durante o vindeiro mes de abril, con este conxunto prehistórico formado por catro mámoas e un círculo lítico, desestructurando unha das necrópoles megalíticas máis relevantes do noso país, fendéndoa pola metade cunha gabia de máis de 50 metros de profundidade.
Por isto pedímosche que consultes o
enlace deste dossier informativo e na medida das túas posibilidades o distribúas a tódolos teus contactos, co fin de impedir que este conxunto senlleiro da cultura galega sexa destruido.

PREME NESTE ENLACE PARA DESCARGAR O DOSSIER EN PDF

ADEGA – Asociación para a defensa ecolóxica da Galiza
Plataforma na defensa do Patrimonio das Pontes

1 comentário:

Anónimo disse...

Ya ví en la página de amigus.org que se llevan más de 1400 firmas, eso es una pasada. Ojalá que sirva para algo tanto esfuerzo.