Damos a benvida a este novo servicio, pois hai moita xente que non pode conducir e se este sistema se implántese o 100% permitiríalles facer desprazamentos sen ter que depender de outras persoas. Tamén pode permitir deixar o vehículo privado na casa e desprazarse de unha maneira mais sostible.
Os veciños das Pontes poden usar desde onte os autobuses de transporte escolar para realizar os seus desprazamentos. Este proxecto chamase Tes+Bus.
Este servizo funcionará soamente os días, no horario de transporte escolar desde onte e ata final de curso e só en dúas rutas do colexio A Magdalena e instituto Moncho Valcárcel. Os usuarios poderán subir e baixar do bus en calquera das paradas previstas.
Durante o acto, o alcalde pontés, Víctor Guerreiro, propuxo aos delegados da Xunta que este servizo funcione nun futuro tamén polas tardes. De momento, é só un plan experimental cuxa continuidade dependerá dos resultados que se obteñan na campaña actual.
As Pontes é un dos doce concellos rurais seleccionados polas consellerías de Educación e Política Territorial para implantar un proxecto piloto denominado Tes+Bus. Consiste en pór a disposición dos cidadáns que o necesiten o servizo de transporte escolar, a condición de que queden prazas libres. O prezo do billete será sempre o mesmo, un euro. O obxectivo desta iniciativa é, segundo a Xunta, promocionar o transporte público colectivo nas zonas rurais, utilizando para iso os autobuses escolares.
As consellerías explicaron que este programa de transporte compartido non repercutirá no calidade do servizo escolar.
+info clica aqui. post by aar
Sem comentários:
Enviar um comentário