Este ano preténdese profundizar na escasez da auga a nivel mundial e a necesidade de aumenta-la cooperación e a integración para garantizar unha xestión sostible, eficiente e equitativa dos recursos hídricos, tanto a escala internacional como local.
Dende Agenda 21 Local están a promover o bo uso dos recursos, especialmente arestora que estase a padecer a súa falla en moitos lugares e para previr un futuro máis que incerto no abastecemento incluso en lugares tan húmidos como Galicia. O mal uso da auga é un problema de todos, e o senso común é a mellor ferramenta que temos pra non verter nin unha pinga.
Aquí tedes uns consellos para poder aforrar auga nas nosas casas, ademais doutros enlaces de interese.
Máis de 1.100 millones de persoas non contan con acceso a auga potable. Iso é cecais un dos datos que máis preocupan a activistas, asociacións e organismos internacionais. Pero, no Día Mundial da Auga, hai moitos máis datos que reflicten os temores de grupos ecoloxistas e as actuacións que se están levando para loitar pola protección deste ben escaso.
Sem comentários:
Enviar um comentário