sábado, novembro 17, 2007
A mis 95 faise co Premio BOB ó mellor blog en español
Noraboa para María Amelia e para o seu neto Dani, que ao igual que a súa avoa é un apasionado da tecnoloxía. Recomendamos unha visita a páxina da súa empresa Galinus.
Unha forte aperta dende As Pontes.
A nova foi enlazada dende Código Cero.
Con menos dun ano de vida, o blog dunha muxiá de 95 anos elaborado coa axuda do eu neto vén de recibir o recoñecemento de Mellor Blog en Español dos Premios BOBs tanto polo xurado coma polo público, de xeito que Galicia volve a facerse con tal galardón, pois o pasado ano recaeu no coruñés Nacho de la Fuente por La Huella Digital.
O xurado soubo ver no blog de María Amelia, A mis 95, unha brisa de aire fresco no mundo dos blogs, e consideraron que merecía o galardón pola súa orixinalidade, aínda que tamén pola mensaxe de esperanza que supón para a terceira idade, que normalmente ve a tecnoloxía con certas reticencias e que teñen neste éxito un exemplo inspirador.
O blog non só recibiu a atención da blogosfera, senón que tamén os medios de comunicación tradicionais se fixaron no mesmo, e non houbo xornal nin canle de televisión xeralista que non falase de María Amelia nos seus espazos informativos.
Pero A mis 95 non foi o único blog premiado pola Detsche Welle, senón que tamén houbo recoñecementos coma o de Foto-Griffoneurei coma o mellor blog, Die Gefühlskonserve coma mellor podcast, Alive in Baghdad coma o mellor videoblog, Jotman levou o Premio Periodistas Sen Fronteiras, Little Galerie o Premio Blogwurst e a estes premios lles seguiron os galardóns ós mellores blogs en inglés, alemán, portugués, ruso, holandés, persa, francés e chinés.
Etiquetas:
anuncios,
maiores,
novas tecnoloxías
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário