Aquí temos un resumo das actas da primeira reunión da Plataforma pola Defensa do Círculo Megalítico da Mourela. Dende aquí o noso apoio máis absoluto á Plataforma e a tódalas súas accións.
RESUMO DA REUNIÓN DA PLATAFORMA CIDADÁ EN DEFENSA DO CÍRCULO LÍTICO
Hoxe, luns 8 de Maio tivo lugar a primeira xuntaza da Plataforma en defensa do círculo lítico da Mourela co fin de aclarar algunhas cousas ao respecto e de cara a coordinar os actos que se realizarán nos vindeiros días, ante o inminente comezo das obras da autovía neste lugar.
Para tal reunión solicitouse a asistencia dalgún representante tanto do Concello das Pontes como do Laboratorio de Investigacións Arqueológicas (LIA), xa que a súa postura é de vital importancia para o desenlace dos acontecementos.
Por parte do concello asistíu o alcalde das Pontes, Victor Guerreiroo, mentres que por LIA o fixo Jacobo Vaquero.
O concello das Pontes considera que o problema ven de atráis en tanto que o proxecto da autovía non recoñecía nin sequera a existencia do hachácego e que naquel entón xa se opuxeran á Xunta afirmando da súa existencia.
Por outra banda, dicía Victor Guerreiro, que a Ecotop (Organismo dependente da Xunta), está presionando para que den comezo as obras, afirmando incluso que os fondos destinados para dita obra poderían ser desviados a outros fines. De igual xeito, o polígono dos Airíos está a sufrir retrasos xa que se necesitan os recheos extraidos das obras da autovía.
Por outra banda, Jacobo Vaquero quixo recalcar a importancia do hachécego arqueolóxico, e expresaba a súa indignación en primeiro lugar pola neglixencia tanto do arqueólogo que non seu día elaborou o informe de impacto ambiental (que nin sequera recollía a existencia do círculo lítico) no ano 2003, como da actual dirección xeral de patrimonio, que a pesar de recoñecer a importancia do monumento, non está a ter a capacidade nin a decisión suficiente como para aumentar o prazo de excavación e elaborar un plan de obra, co fin de extraer a máxima documentación posible sobre o círculo. O arqueólogo sinala á Ecotop e á Dirección xeral de Patrimonio como os principias responsables do que está a acontecer agora mesmo, xa que o concello das Pontes foi quen apoiou que se levase a cabo a excavación, motivo polo que o Laboratorio de Investigacións Arqueolóxicas está a traballar no concello, entre outras labouras.
Por outra banda, varios dos presentes preguntaron cales poderían ser as solucións co fin de preservar o círculo lítico ou cando menos de ampliar o prazo para seguir excavando.
Alí entendeuse que as posilidades de que a autovía non pase polo hachácego son mínimas, xa que cambiar o trazado sería moi costoso, e que a ampliación do prazo para continuar cas excavacións podería ser unha solución parcial, que permitirá alo menos recoller canta máis documentación posible; NON OBSTANTE É FISICAMENTE POSIBLE.
Cabe apuntar, que a legislación actual considera un crime en toda regra levar a cabo esta desfeita e que en todo caso o concello das Pontes podería ser indemnizado por tales efectos.
Se ben na reunión foron tratados moitos aspectos que sería complicado tratalos neste documento. Cabe concluir que a solución nunha primeira instancia é a de conseguir que se paralicen temporalmente as obras, e posteriormente entrar a negociar coa consellería tanto de patrimonio como de Política territorial. Ao longo do día foron remitidos varios faxes ás respectivas consellerías para dar a entender a postura da Plataforma, recalcando que se levarían a cabo movilizacións e actos de protesta en caso de que non houbese un comunicaco oficial conforme de paralizaban as obras.
A situación agora mesmo é que mañá (martes 9 de maio) terá lugar a concentración na praza do hospital ás 19:30 horas, agás que teña lugar tal comunicado oficial. Dende a plataforma estamos dispostos a presentarnos o mesmo día das obras para evitar que estas cometen, en caso de non ter unha resposta que de pe ás negociacións.
Se unha cousa quedou clara desta reunión, foi a falta de información existente, e que o pobo das Pontes non está sendo informado de todo. Que no seu día houbo unha neglixencia gravísima, e que a día de hoxe as institución pertinentes están a demostrar unha falta de responsabilidade.
PLATAFORMA
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
a noticia aparece reflexada na Voz de Galicia en http://www.lavozdegalicia.es/ed_ferrol/noticia.jsp?CAT=122&TEXTO=4756133
...polo menos a protesta pode servir para que no futuro non pensen os dirixentes políticos e os técnicos das diferentes administracións que eiqui tragamos con calqueira cousa.
Hai moitas maneiras de proxectar e construir as grandes obras e espero que xa nunca mais se dibuxen trazados sen a tender as necesidades da poboación local o respeto ao entorno que cruzan e a seguridade dos usuarios.
As Pontes importanos.
Breitling Bentley dating aback to 1884 was founded by Leon Chronomat Evolution in the apple of St. Imier, Switzerland. Basking below the celebrity of a anon of time befitting tradition, The Chronomat B01 ancestors business underpinned on quality, adroitness and attention has acquired to be a apple baton in high- end Superocean .
That is the additional appeal of Coach Wallets . You can always re-sell these, as long as Coach Ergo are still in mint condition. Coach Legacy started out as the family business in Manhattan. Six artisans were responsible for the handcrafted collection. This became them ark of the Coach Luggage .
Buying Hogan scarpe that are appropriate for the activity that will take place Hogan scarpe uomo is necessary for proper foot protection. Hogan scarpe donna are perfect for going to the beach though, since only the bottoms of feet need to be protected from the hot sand. Outdoor activities are much more enjoyable when the proper hogan donna actually fits correctly too.
http://blogtext.org/baglouis/
http://blogtext.org/vuittonbag/
http://blogwatch.co.za/lvhandbags/category/uncategorized/
http://cleido.com/myarticle.php
http://clicabo.com/lvhandbags/
http://freeblognetwork.com/lvhandbags/
http://garico.com/lvhandbags/
http://globalwebmarketing.org/lvhandbags/
http://globalwebmarketing.org/lvhandbags123/
http://gubigum.com/lvhandbags/
^_~
Enviar um comentário