quarta-feira, maio 31, 2006

+ SOSes: costa da morte

Este email está a circular por internet, non sabemos se é certo na sua totalidade pero o fondo é certo. A Costa da Morte está en perigo. Estamos fartos de ter que falar no blog sempre do patrimonio, da paisaxe, do prezo da vivenda, pero non podemos facer outra cousa.

" Nestes días estiven de taberneiro ocasional en Carnota e puidenme enterar do futuro próximo que se aveciña neste anaco de costa virxe que nos ficaba na nosa terra. Promotoras e Inmobiliarias de Madrid estan a mercar todo canto metro cadrado se poida construir no noso Concello, son coma cen cabalos de Atila, pagan moitisimo máis do que un paisano podería pensar nunca que iba valer un ferrado. Exemplos:
- Lariño: máis de 300 vivendas proxectadas, acaban de mercar todo o terreo que hai dende a estrada xeral ó faro (alí onde estivo a carpa de Nunca Máis).
- Lira: perto de mil apartamentos.
- Caldebarcos: están a mercar todas as leiras.
- O Pindo: xa se está a construir, e mercando o pouco que fica.
Nin os paisanos están moito dacordo con vender, pero ameazanlle con que se non venden acabaránlle por expropiar (axente urbanizador). Contábame un empregado do Rexistro da Propiedade de Muros que os que mercan as vivendas fanno dende fora e por catálogo, nin siquera coñecen o lugar, chéganlle as escrituras dende Notarías de Madrid. En algúns casos as promotoras regalan un apartamento na nosa costa ó mercar un de luxo en Madrid...
Se cadra é o tempo de facer revivir NUNCA MÁIS, a fin é a mesma: a defensa da nosa costa, do noso mar, da nosa paisaxe, mais desta vez o ataque non ven polo mar en forma de chapapote, ven por terra en forma de formigon armado e ladrillo. Os responsables de atallar esto son os mesmos, os poderes públicos da Xunta de Galicia. Dos Alcaldiños e os Concellos mellor esquecerse. Aí vos vai un lema que propoño: MORATORIA DE CONSTRUCCIÓN NA COSTA DA MORTE XA!!!
"

post por aar



1 comentário:

Anónimo disse...

Very best site. Keep working. Will return in the near future.
»