quarta-feira, maio 10, 2006

ÉXITOS DA PLATAFORMA CIDADÁ

Como nós últimos días, temos máis novas da Plataforma Cidadá que surxiu recetemente nas Pontes, co gallo da futura destrucción do círculo lítico que se atopa (de momento) na Mourela.
Como moita/os xa sabedes, hoxe 10 de maio, expiraba o prazo das excavacións, polo que mañá sería destruido o monumento de 5000 anos que se atopa soterrado na zona, sen embargo, a Plataforma Cidadá en Defensa do Círculo Lítico da Mourela comunícanos que terá unha xuntanza co Director Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura, o próximo luns pola mañá en Compostela, e que de momento as excavacións poderán continuar (ata cando?, non se sabe aínda).

Dispoñedes de máis datos en: http://www.amigus.org/

2 comentários:

Anónimo disse...

Que bien. Los que estamos lejos os tenemos que dar las gracias por tomar la iniciativa por nosotros y salir a la calle.
Es una satisfación ver cuanta gente compartimos intereses y preocupaciones y saber que hay un colectivo visible que se preocupa por nuestro patrimonio.
Gracias por cuidarnos la casa.
y un bico.

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.