Os escándalos urbanísticos que sacudiron nos últimos meses boa parte da costa galega, con intervencións da Xunta que derivaron na paralización de achaiaduras municipais, depararon máis penalizacións do electorado que as restricións impostas polo Goberno autónomo para ordear o desenvolvemento do litoral. Aínda que os cambios de governo son máis numerosos no sur que na costa cantábrica, os máis significativos son os de Ribadeo e Burela.
O BNG, que denunciou varias actuacións urbanísticas irregulares en Ribadeo, está en disposición de relevar ao PSOE na alcaldía. A Xunta ten incoados expedientes sancionadores por 21 actuacións nese municipio e por 4 en Burela, onde o PSOE arrebata o bastón de mando ao PP. En cambio, as urnas deron continuidade ás alcaldías doutros puntos conflitivos, como Foz (PSOE), Viveiro (PSOE) ou Barreiros (PP). Tampouco nos gobernos locais da Costa da Morte rexístranse mudanzas rechamantes, coa excepción de Muxía. No sur de Vigo, o PP recibe paus elocuentes en Gondomar (que pasa ao BNG) e Nigrán (PSOE). Con todo, retén o poder en Tui, a pesar de que Fernández Rocha perde a maioría absoluta.
imaxe: Costa de Sanxenxo
quarta-feira, maio 30, 2007
As urnas penalizan os desmáns urbanísticos fronte ao control legal
Etiquetas:
galiza sos,
participación,
sostenibilidade,
vivenda
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Desgraciadamente, cuns e cos outros seguimos vendo situacións nas que a estética do país é sacrificada por estraños intereses.
En Nigrán, o goberno "de progreso" quere a aprobar unha modificación das normas subsidiarias de planeamento que afectan as rasantes e os baixo cubertas, permitindo o incremento da edificabilidade e a legalización de obras paradas.
http://sau4nigran.blogspot.com/
Enviar um comentário